|
| |
 |
| Visita a Santa Catarina. Pilar Gallego co presidente da Cámara. |
 |
| Nenos do xardín de infancia. |
 |
| Visita a San Miguel. Depósito de auga. |
 |
| Nenos do obradoiro de artesanía. |
 |
| Xornada de intercambio de experiencias. Pilar Gallego (á esquerda) e Claudia Rodrígues. |
 |
| María Méndez (á dereita). |
Seguimiento de proxectos
e intercambio de experiencias
Misión de traballo en Cabo Verde
Baiona, 20 de decembro de 2007.
O pasado mes de novembro, a técnica do do Fondo Galego
Mª del Mar Gómez e tres concelleiras municipais galegas, Pilar
Gallego, do Concello de Allariz, Ángeles Silva, do
Concello de Baiona, e María Méndez, do Concello de Vigo, viaxaron a Cabo Verde nunha misión de traballo
de oito días (19 ao 26 de novembro).
O obxectivo da misión foi dobre:
1. Seguimento e avaliación de
proxectos
Visitáronse varias Cámaras Municipais coas que
se colabora en proxectos de desenvolvemento local.
Cámara Municipal de San Miguel. Entrevista coa equipa da Cámara. Visita ao terreo e recoñecemento
de dous proxectos, un no ámbito de abastecemento de auga con conexións domiciliarias, e outro de
formación profesional.
Cámara Municipal San Felipe. Entrevista coa equipa da Cámara. Visita ao terreo. Visita a
un proxecto de abastecemento de auga.
Comisión Instaladora de Santa Catarina. Entrevista coa equipa da Cámara. Visita ao terreo e participación
na inauguración dun xardín de infancia construído coa colaboración do Fondo Galego.
2. Intercambio de experiencias
As tres representantes do poder local galego participaron no
proxecto que leva a cabo o Instituto Caboverdiano para a Igualdade e a Equidade de Xénero, para aumentar
a participación das mulleres nas eleccións municipais de 2008. Con este fin, celebrouse unha xornada
de intercambio de experiencias entre mulleres políticas de Cabo Verde e Galicia.
Ademais, mantivéronse encontros cos e coas representantes
das seguintes entidades:
Citi-Habitat.
ONGD con máis de vinte anos de experiencia coa que se colabora nun proxecto de abastecemento e canalización
de auga no Barrio Ponte de Auga, en Praia.
ANMCV.
Asociación nacional de municipios caboverdianos que ten dous proxectos financiados polo Fondo Galego e a
Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia sobre diagnose e elaboración dos
plans municipais en materia de medioambiente.
| |
 |
| Mesa de inauguración. (De esquerda a dereita, Carlota del Carmen Román,
Alfredo Novoa e Mar Martín). |
 |
| Mesa I. (De esquerda a dereita, Charo Romero, Xosé Mª Torres, Neves Cando
e Alfredo Novoa). |
 |
| Mesa II. (De esquerda a dereita, Isabel Álvarez, Paulo Pacheco e Mar Barreiro.). |
 |
| Mesa III. (De esquerda a dereita, Virginia Romero e Giovanni Camilleri). |
 |
| Mesa IV. (De esquerda a dereita, Valter de Sá, Joao Gómes, Katia Cardoso
e Álvaro Trillo). |
IV Xornadas Anuais de Cooperación:
O compromiso global do mundo local
Baiona, 20 de decembro de 2007.
As IV Xornadas Anuais de Cooperación celebráronse
o día 29 de novembro en Santiago de Compostela baixo o título “O compromiso global do mundo local”.
Foron organizadas como unhas xornadas de debate e reflexión sobre as políticas e prácticas
de cooperación ao desenvolvemento levadas a cabo dende os entes locais.
Ao longo de todo un día, discurriron estruturadas ao
redor de tres ámbitos:
• A cooperación municipalista en Galicia: balance a cargo
dos diferentes actores da cooperación galega, especialmente aqueles máis vinculados ao municipalismo.
• Experiencias veciñas do municipalismo cooperante: participación
de representantes de Fondos de Cooperación do resto do estado, así como, de Portugal.
• O papel da cooperación municipalista no contexto internacional:
a cargo dun especialista.
• Unha experiencia de desenvolvemento local no Sur: a descentralización
en Cabo Verde.
O obxectivo das Xornadas Anuais foi o de crear un espazo de
encontro entre os diferentes axentes da cooperación galega para reflexionar entorno ao tema de relevancia
e contribuír a unha mellor calidade da cooperación.
O 29 de novembro de 2007, as IV Xornadas Anuais de Cooperación
desenvolvéronse segundo o seguinte programa:
09:45h. Inauguración das Xornadas.
Palabras de benvida a cargo de Carlota del Carmen Román,
subdirectora xeral de Cooperación; Mar
Martín, concelleira de Benestar Social do Concello
de Santiago; e Alfredo Novoa Gil, presidente do Fondo Galego.
10:00h. Mesa 1: O compromiso solidario do mundo local galego: situación e desafíos.
Presentación e moderación: Rosario Romero,
traballadora social do Concello de Vigo e participante no programa de Vacacións con Traballo
– Nicaragua.
Participantes: Xosé
Mª Torres García, presidente da Coordinadora
Galega de ONGDs; Neves Cando, tenente de alcalde do Concello de Burela; e Alfredo Novoa, presidente
do Fondo Galego.
11:00h. Mesa 2: Experiencias veciñas do municipalismo cooperante.
Presentación e moderación: Mar Barreiro,
traballadora social do Concello de Oleiros e participante no programa de Vacacións con Traballo
– Perú.
Participantes: Paulo
Pacheco, xefe do Gabinete de Presidencia da Cámara
Municipal de Palmela (Portugal); e Isabel Álvarez, técnica de Cooperación do Concello de Córdoba
e representante do FAMSI.
12:30h. Descanso/café.
13:00h. Mesa 3: O papel do mundo local na esfera internacional.
Presentación e moderación: Virginia Romero,
vicedirectora do Igadi.
Participante: Giovanni
Camilleri, coordinador da Iniciativa de Apoio a Redes Territoriais
(ART) do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD).
14:30h. Comida.
16:00h. Mesa 4: Cabo Verde: a descentralización como vía de desenvolvemento?
Presentación e moderación: Álvaro Trillo,
técnico de Infraestruturas e Conservación da Deputación de A Coruña.
Participantes: Katia
Cardoso, membro do Núcleo de Estudos para a Paz,
Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coimbra; Joao
Gómes Duarte, presidente da Cámara Municipal
de Sao Miguel, Cabo Verde; e Valter de Sá, secretario xeral da Associaçao Nacional de Municipios Caboverdianos.
17:00h. Clausura coa proxección do documental
“Cabo Verde: a rede cooperante”.
 Descarga
as conclusións das Xornadas en pdf.
Materiais
 Ponencia
de Giovanni Camilleri (Iniciativa de Apoio a Redes Territoriais, ART).
 Ponencia
de Isabel Álvarez (Concello de Córdoba, FAMSI).
 Ponencia
de Joao Gomes Duarte (Cámara Municipal de Sao Miguel, Cabo Verde).
 Ponencia
de Katia Cardoso (Núcleo de Estudos para a Paz, Coimbra).
 Ponencia
de Paulo Pacheco (Cámara Municipal de Palmela, Portugal).
 Ponencia
de Xosé María Torres García (Coordinadora Galega de ONGDs).
| |
 |
| Encontro coa directora xeral de Cooperación.
(Na foto, de esquerda a dereita: Valter
de Sá, Joao Gomes e Fabiola Sotelo). |
 |
| Visita ao Concello de Burela. (Na foto, de esqueda a dereita, Valter de Sá,
Alfredo Llano, alcalde de Burela, e Joao Gomes Duarte). |
 |
| Visita ao Concello de Burela. (Foto: Joao Gomes e Valter de Sá con representantes
da Asociación Batuko Tabanca de Burela). |
 |
| Visita ao Concello de Vigo. (Na foto, de esquerda a dereita, Santi Domínguez,
María Méndez, Joao Gomes e Valter de Sá). |
 |
| Visita ao Concello Allariz. (Na foto, de esquerda a dereita, Mª del Mar Gómez,
Joao Gomes, Valter de Sá, Francisco García, Virginia Romero e Pilar Cid. ©fondogalego.org). |
As visitas dos parceiros
do Sur a Concellos socios do Fondo Galego, instrumento de intercambio e sensibilización
Baiona, 20 de decembro de 2007.
A través de recepcións institucionais, charlas
para a poboación local, encontros con representantes da Rede Municipalista Solidaria e membros da Comisión
Executiva, créanse espazos para un maior coñecemento tanto das realidades coas que traballamos, como
dos froitos de dito traballo.
No mes de novembro visitaron Galicia dous representantes do
municipalismo en Cabo Verde, cos que o Fondo Galego ven traballando en proxectos de cooperación: Valter de Sá,
secretario da Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos, e Joao
Gómes Duarte, presidente da Cámara Municipal
de Sao Miguel, Illa de Santiago.
Dende o 26 ao 30 de novembro, visitaron varios Concellos socios
do Fondo Galego, así como tamén mantiveron encontros institucionais con outras entidades:
26 de novembro
Primeira xuntanza coa Secretaría Técnica do Fondo
Galego.
27 de novembro
Encontro coa directora xeral de Cooperación Exterior.
Visita ao Concello de Burela.
- Recepción Institucional no Concello.
- Comida de traballo con representantes da corporación
municipal anfitriona.
- Encontro con representantes da comunidade caboverdiana e actuación
do grupo Batuko Tabanka.
28 de novembro
Recepción institucional no Concello de Vigo:
- Encontro coa concelleira de Benestar, o tenente-alcalde e alcalde.
- Presentación ante os medios de comunicación.
Recepción institucional no Concello de Allariz.
- Encontro co alcalde e a concelleira de Benestar Social.
- Comida de traballo con representantes da Corporación
municipal anfitriona.
Recepción no Concello de Santiago.
- Encontro coa concelleira de Benestar Social.
29 de novembro
Participación nas IV Xornadas Anuais de Cooperación
en Santiago de Compostela.
|