|
Benvida aos Concellos de Moraña,
O Valadouro, Ponteareas e Salceda de Caselas
Baiona, 25 de febreiro de 2008.
Catro novos membros veñen de ratificar a súa adhesión
ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O Concello de Moraña, no pleno do 30 de novembro
de 2007; o Concello de O Valadouro, no pleno do 30 de novembro de 2007; o Concello de Salceda de Caselas, no pleno
do 28 de decembro de 2007; e o Concello de Ponteareas, no pleno do 29 de xaneiro de 2008, acordaron a súa
incorporación ao Fondo Galego de Cooperación de Solidariedade.
Con estes catro novos membros, o Fondo Galego acolle a 99 Concellos
cun compromiso solidario común, e representa ao 70% da poboación total de Galicia.
Benvida á Deputación
de Lugo
Baiona, 20 de febreiro de 2008.
A Deputación de Lugo ven de ratificar a súa adhesión
ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade o pasado 26 de decembro de 2007, o que fai que xa a totalidade
das Deputacións galegas estén presentes no Fondo.
Con este novo membro, o Fondo Galego acolle a 95 Concellos e
as 4 Deputacións provinciais, o que suma un total de 102 socios cun compromiso solidario común, que
representa ao 70% da poboación total de Galicia.
|