|
| |
 |
| Panxea 2008 é un festival que pretende
ser unha ollada as distintas culturas que conviven hoxe en día na vila de Carballo. |
| |
O festival multicultural Panxea
2008 colaborará co Fondo Galego coa recadación de cartos
Baiona, 18 de marzo de 2008.
O festival multicultural Panxea 2008 celebrarase en Carballo
os días 20, 21 e 22 de marzo nunha carpa acondicionada no aparcadoiro do Centro Comercial Bergantiños.
As actividades programadas para a xornada do xoves, día
20, terán como obxectivo a recadación de fondos para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
O presidente da organización, Alfredo Novoa Gil, acudirá a Carballo para participar no acto inaugural
da feira e presentará a exposición Fondo Galego, Dez Anos con Proxectos,
unha mostra que os visitantes poderán coñecer estos días en Carballo.
Panxea 2008 é un festival que pretende ser unha ollada
as distintas culturas que conviven hoxe en día na vila de Carballo. Esta edición se adicará
a América Latina e a programación contará con diversas actividades onde se mesturará
música, gastronomía e festa.
 Descarga o programa do festival
Panxea 2008 en pdf.
| |
 |
| Encontro Fondo Galego e Coordinadora Galega
de ONGDs. (Na foto, de esquerda a dereita,
Rosa Villaronga, Virxinia Romero, Alfredo Novoa, Ana Álvarez, Xosé María Torres e María
Díaz. ©fondogalego.org 04/03/2008). |
| |
O Fondo Galego e a Coordinadora
Galega de ONGDs traballarán conxuntamente na organización de actividades
Baiona, 12 de marzo de 2008.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a Coordinadora
Galega de ONGDs asinarán un memorando de entendemento que servirá como base para comezar unha nova
etapa de estreita colaboración e a posta en marcha de diversas actividades.
Membros de ámbalas entidades reuníronse o pasado
catro de marzo en Santiago de Compostela. O presidente do Fondo, Alfredo Novoa, e o presidente da Coordinadora,
Xosé María Torres, estiveron presentes no encontro, no que tamén participaron técnicas
das dúas organizacións. O contido da reunión centrouse nas posibles vías de colaboración
entre ambas entidades co propósito de emprender accións conxuntas.
A reunión entre membros do Fondo e a Coordinadora culminou
co firme compromiso de asinar un memorando de entendemento que facilite alcanzar os obxetivos marcados.
|