|
A convocatoria está
dirixida ao persoal dos Concellos e as catro Diputacións socias do Fondo
Abrése o prazo de inscrición do programa Vacacións con Traballo
Baiona, 22 de maio de 2008.
Viaxar este verán a un país do Sur e implicarse
nun proxecto de cooperación ao desenvolvemento nunha comunidade determinada pode ser, sen dúbida,
unha alternativa diferente as vacacións convencionais. O programa Vacacións con Traballo
trata precisamente disto. O Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade brinda, no marco de esta actividade,
a posibilidade de intercambiar experiencias entre profesionais de Galicia e dos países que acollen os proxectos
de cooperación co obxectivo de fortalecer o noso compromiso co Sur.
O programa está dirixido ao persoal laboral e funcionario
da administración local galega e será condición imprescindible que o seu Concello ou Diputación
pertenza ao Fondo Galego. Os países aos que poderán viaxar este ano os futuros participantes serán
Cabo Verde, Cuba, Nicaragua e Perú.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o vindeiro
lúns 26 de maio e rematará o día 16 de xuño. A persoa de contacto para obter máis
información e Begoña Castro, e o enderezo de correo ao que os/as candidatos/as deberán enviar
as fichas de inscrición é: bcastro@igadi.org.
 Descarga o programa
Vacacións con Traballo 2008.
|