Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Sensibilización / Exposicións Volver
A Paz Cuestión de Fondo
 
 

  A Paz Cuestión de Fondo, clic para aumentar
A Paz Cuestión de Fondo. Exposición con viñetas nas que se afonda en temas como a pobreza, o racismo e a violencia. (Ver viñetas).
 
A Paz Cuestión de Fondo

Exposición con viñetas nas que se afonda en temas como a pobreza, o racismo e a violencia.


1. Ficha técnica

A exposición consta de 16 láminas de 120x80 cm., a toda cor e en lona de 3 mm. de espesor. Para instalarse, as láminas desenrólanse e pendúranse de calquera parede.


2. Contido

As láminas, que presentan dous debuxos en cada un dos paneis, son obra de 28 autores procedentes de 16 países diferentes. En clave visual e, nalgúns casos verbal, as caricaturas móstrannos os prexuízos que operan acerca da idea de paz, do racismo, das diferenzas sociais ou da guerra. Verdades en miniatura que retratan a sociedade contemporánea é a proposta desta exposición colectiva internacional, que non só serve de repaso á realidade actual, senón tamén como punto de debate cargado de sátira e ironía para amosar a cruenta realidade.

A pobreza é unha forma de inxustiza social, un xeito de violencia estrutural que nega as condicións mínimas de desenvolvemento humano e xera situacións de exclusión, racismo e violencia. A pobreza debuxa un mapa de continuos conflitos entre os seres humanos, o cal provoca un maior afastamento da posibilidade de convivir en paz. Así mesmo, a falta de oportunidades impide á sociedade medrar en condicións de dignidade, o que aumenta as diferenzas sociais e agudiza o abismo entre pobre e ricos. De aí se desprende que máis da cuarta parte da poboación mundial viva en situación de pobreza e que os países industrializados a sufran dun xeito insistente e en continuo crecemento.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entende que o desenvolvemento sostible non é posible nun contexto de pobreza, violencia e racismo. Por iso, con esta exposición quere contribuír a crear un clima de opinión favorable á promoción dunha nova orde económica internacional, sen excluídos nin perdedores.


3. Suxestións de actividades complementarias

Coa intención de que a exposición sexa o máis proveitosa posible, é importante que se acompañe de distintos actos culturais que poidan concienciar e sensibilizar ao público que a visite. As charlas e conferencias sobre o tema, así como outros eventos, tal como música, cine ou teatro poden servir de estímulo, non só para achegarse a estes paneis, senón tamén para coñecer esas realidades representadas nos paneis.

Pode ser interesante preparar un acto de inauguración ou de clausura, presentando a iniciativa a todos os colectivos que habitualmente acoden a este tipo de eventos, e animando á participación en xeral. Do mesmo xeito, difundir os actos asociados á exposición, así como esta mesma, entre os medios de comunicación En función das posibilidades, pode contemplarse a presenza dalgún debuxante da zona ou dalgún dos debuxantes que participan na exposición, como Pepe Carreiro, Hortas, Carlos Silvar ou Xaquín Marín. Neste sentido, a Secretaría Técnica do Fondo pode facilitar os contactos que se precisen. Outras actividades:

-Taller de contos e de músicas do mundo

Os contos e a música, que serven como ponte entre culturas, pódense utilizar para desenvolver todo tipo de actividades divulgativas e de entretemento que propicien valores de tolerancia e respecto á diferenza. Neste sentido, pódense organizar xogos e talleres, así como actividades orientadas a sensibilizar e dar a coñecer culturas e realidades diferentes a través da musica, dos contos e dos xogos propios de distintos lugares do planeta.

-Carreira popular contra o racismo

Pódense organizar actos nos que participe toda a cidadanía, como unha carreira popular contra o racismo, encabezada por algún deportista coñecido do lugar. O deporte contribúe á socialización de todas as persoas, a través de valores como o respecto e as relacións persoais. Para completar este acto, poderíase terminar coa lectura dun manifesto a favor da convivencia das diferenzas.

-Vídeo-fórum

As películas son unha fonte de información importante, e por isto é interesante valerse delas para presentar outras realidades que, ás veces, poden estar moi alleas e distantes. A sesión pode estruturarse en tres partes:
1. Introdución do tema e presentación da película. Presentación do vídeo-fórum coa participación do membro dalgunha ONGD local ou algunha persoa experta no tema.
2. Visionado.
3. Debate.

Como exemplo de proxección proponse a curtametraxe Binta e a grande idea, de Javier Fesser. Esta curta, que conta cunha proposta didáctica de educación para o desenvolvemento, defende o avance da humanidade dotando de saúde, educación, igualdade e protección a toda a infancia. A película conta a vida de Binta, unha rapaza de sete anos que “vive nunha preciosa aldea xunto ao río Casamance no sur do Senegal e vai á escola. Súa prima Soda non ten a mesma sorte. A ela non se lle permite aprender as cousas que ignora deste mundo. Binta admira a seu pai, un humilde pescador que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar a cabo ‘unha idea’ que se lle ocorreu.”

-Charla de ONGDs sobre proxectos financiados polo Fondo

As ONGDs que traballan directamente e cooperan co Fondo Galego están dispostas a explicar o seu traballo no campo da cooperación internacional. É importante amosar á cidadanía os proxectos que se executan, cal é a súa utilidade e que pensan as persoas beneficiadas deles, para así avanzar no reforzamento dunha conciencia máis solidaria atenta ás inxustizas e ás desigualdades.


4. Unidade didáctica

Esta unidade didáctica, en formato de disco compacto, está orientada a proporcionar ferramentas de traballo que faciliten a achega ao concepto de paz, por medio duns coñecementos básicos que sirvan para entender que é a paz e a non violencia. A unidade didáctica está dirixida ao alumnado de educación secundaria e preséntase por medio de actividades con explicacións teóricas e prácticas que inducen ao debate. Na unidade didáctica inclúense as láminas da exposición así como preguntas que invitan á reflexión e a unha posta en común participativa.

A última actividade é un test de avaliación, no que se debe responder Verdadeiro ou Falso, e que conta coas solucións, ao final, para a comprobación das respostas:

1.- A paz é aquel estado en que imperan o respecto, a liberdade, a igualdade e os dereitos humanos.
2.- A paz negativa consiste na ausencia de violencia física.
3.- A violencia só pode ser física.
4.- As actitudes que xestionan o conflito, para superalo, sen o uso de ningún tipo de violencia, fan parte dunha cultura de paz.
5.- Existe un pobo que non loita contra ninguén e cuxas xentes tampouco loitan entre si. É un pobo no que unha parte da poboación pasa fame e outra ten moitos recursos. Neste pobo pode dicirse que hai paz.
6.- A pobreza é unha inxustiza derivada da violencia.
7.- Que non haxa guerra entre Galicia e o País Vasco significa que as súas xentes viven en paz necesariamente.
8.- Unha guerra é un exemplo de violencia estrutural.
9.- Unha lei que discrimina os brancos é un exemplo de violencia cultural.
10.- A fame é unha inxustiza consecuencia da violencia.


5. Almanaque solidario

30 de xaneiro

Día escolar da non violencia e a paz

21 de marzo

Día internacional para a eliminación da discriminación racial

21 de maio

Día mundial da diversidade cultural para o diálogo e o desenvolvemento

29 de maio

Día internacional do persoal de paz das Nacións Unidas

04 de xuño

Día internacional dos nenos vítimas inocentes da agresión

20 de xuño

Día mundial do refuxiado

21 de setembro

Día internacional da paz

02 de outubro

Día internacional da non violencia

17 de outubro

Día internacional para a erradicación da pobreza

16 de novembro

Día internacional para a tolerancia

25 de novembro

Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller

02 de decembro

Día internacional da abolición da escravitude

10 de decembro

Día dos dereitos humanos

 


 
 
Subir6. Fotografías da exposición
Fotos: Fondo Galego
     
Arístides Hernández (Ares); clic para aumentar Arturo Kemchs; clic para aumentar Mehemet Kahraman; clic para aumentar
Panel 1a
Arístides Hernández (Ares), La Habana (Cuba).
Panel 1b
Arturo Kemchs, México.
Panel 2a
Mehemet Kahraman, Turquía.
Martyn Turner; clic para aumentar Mónica Máscolo; clic para aumentar Miguel Betanis (Betanzos); clic para aumentar
Panel 2b
Martyn Turner, Irlanda.
Panel 3a
Mónica Máscolo, Montevideo (Uruguai).
Panel 3b
Miguel Betanis (Betanzos), La Habana (Cuba).
Francisco Blanco Ávila; clic para aumentar Francisco Villamil; clic para aumentar Halim Kutlu; clic para aumentar
Panel 4a
Francisco Blanco Ávila, La Habana (Cuba).
Panel 4b
Francisco Villamil, La Habana (Cuba).
Panel 5a
Halim Kutlu, Istambul (Turquía).
Hortas; clic para aumentar Juan Acevedo; clic para aumentar Hüsellyn Çakmak; clic para aumentar
Panel 5b
Hortas, Galiza.
Panel 6a
Juan Acevedo, Lima (Perú).
Panel 6b
Hüsellyn Çakmak, Turquía.
Manuel Hernández; clic para aumentar Luís Poças; clic para aumentar Roa; clic para aumentar
Panel 7a
Manuel Hernández, Matanzas (Cuba).
Panel 7b
Luís Poças, Portugal.
Panel 8a
Roa, Colombia.
Effat; clic para aumentar Bahgory; clic para aumentar Carlos Silvar; clic para aumentar
Panel 8b
Effat, Exipto.
Panel 9a
Bahgory, Evry (Francia).
Panel 9b
Carlos Silvar, Galiza.
Musa Kayra; clic para aumentar Nelson Romero; clic para aumentar Onofre Varela; clic para aumentar
Panel 10a
Musa Kayra, Chipre.
Panel 10b
Nelson Romero, San José (Uruguai).
Panel 11a
Onofre Varela, Portugal.
Óscar Sierra Quintero (Oki); clic para aumentar Oti; clic para aumentar Pepe Carreiro; clic para aumentar
Panel 11b
Óscar Sierra Quintero (Oki), Costa Rica.
Panel 12a
Oti, Galiza.
Panel 12b
Pepe Carreiro, Galiza.
Perich; clic para aumentar Peter Nieuwendijk (Endyk); clic para aumentar Rainer Hachfeld; clic para aumentar
Panel 13a
Perich, Barcelona (Cataluña).
Panel 13b
Peter Nieuwendijk (Endyk), Holanda.
Panel 14a
Rainer Hachfeld, Berlín (Alemaña).
Rui Pimentel; clic para aumentar Sahil Balikçi; clic para aumentar Valeriu Kurtu; clic para aumentar
Panel 14b
Rui Pimentel, Lisboa (Portugal).
Panel 15a
Sahil Balikçi, Bergama (Turquía).
Panel 15b
Valeriu Kurtu, Alemaña.
Xaquín Marín; clic para aumentar Wonsoo; clic para aumentar  
Panel 16a
Xaquín Marín, Galiza.
Panel 16b
Wonsoo, Corea.
 
 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

Subir