Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Sensibilización / Exposicións Volver
Nicaragua: Unha realidade viva
 
 

Exposición fotográfica do proxecto de cooperación realizado en Nicaragua pola ONGD Solidariedade Galega: A Formación sociosanitaria como vía de desenvolvemento, en Ocotal (Nueva Segovia) e Puerto Cabezas, Nicaragua, co-financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que reflexa, tanto o esforozo realizado por medio do proxecto, como a cultura e a sociedade do pobo nicaraguense.

 

 
Nicaragua: Unha realidade viva
 

1. Ficha técnica

A exposición consta de 54 fotografías enmarcadas con marco negro: 48 de 50x60 e 6, de 65x75cm, combinando fotografías en branco e negro, con fotografías a cor. A exposición conta tamén con dous carteis explicativos de 90x120 cm, das actividades realizadas por Solidariedade Galega en Nicaragua. Para a súa instalación as fotografías pódense instalar en calquera parede.


2. Contido

As fotografías son obra de Eduardo J. Castro Rodríguez, fotógrafo que expuso xa en diferentes cidades españolas e estranxeiras, e que acaba de rematar unha exposición na Biblioteca Nacional de Amsterdam, e que  para a realización das fotografías convivíu cos voluntarios en Nicaragua durante o tempo do proxecto

A exposición divídese en tres bloques distintos, intentando achegarse ao espectador de forma sutil e artística. O primeiro bloque céntrase nas actividades realizadas en Nicaragua pola ONGD, o segundo na problemática sanitaria e social dos buzos de Puerto Cabezas, e xa no último, céntrase na cultura e a sociedade do pobo nicaraguense. Por medio deste percorrido onde se entremezcla o traballo realizado coa expresión artística fotográfica, coñecerase a realidade e situación que se está a vivir en Nicaragua.

No primeiro bloque preténdese amosar por medio da fotografía os aspectos sociais do pobo nicaraguense e a súa cultura, ensinándonos as súas xentes, as súas actividades cotiás, o seu traballo, etc…tentando trasladar ao espectador á propia Nicaragua, para que coñeza as súas xentes e se estableza unha proximidade con cada un de nós.

O segundo bloque quere plasmar o traballo de Solidariedade Galega en Nueva Segovia ao norte de Nicaragua. Este traballo consistíu na elaboración dun programa formativo dirixido a médicos, enfermeiras, parteiras e a rede comunitaria (conformada por brigadistas da saúde, bombeiros, policía e exército) formando a grupos de cada comunidade e aportando os medios necesarios para que estes repliquen eses coñecementos a outros profesionais.

Por último, no terceiro bloque explícase a problemática dos buzos que viven en Puerto Cabezas, ao nordeste de Nicaragua, que ó carecer de formación e medios axeitados para o buceo, a súa profesión -a pesca da langosta mediante o buceo autónomo-, condúceos á morte, ou a graves enfermidades con secuelas letais (paraplexias, tetraplexias…).

Nicaragua: Unha realidade viva
     
Clic para aumentar Clic para aumentar Clic para aumentar
Clic para aumentar Clic para aumentar Clic para aumentar
Clic para aumentar Clic para aumentar Clic para aumentar
Clic para aumentar Clic para aumentar Clic para aumentar
Clic para aumentar    

 

 
 
Volver

Fondo Galego
www.fondogalego.org


Subir