Xullo
2010
A exposición fotográfica ‘Nicaragua: unha realidade viva’ inicia o seu percorrido por Galicia
Baiona, 24 de xullo de
2010.
| |
 |
|
Cartaz da exposición.
|
- As imaxes amosan o proxecto sociosanitario da ONGD Solidariedade Galega que foi cofinanciado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
- O vilagarcián Eduardo J. Castro retratou o labor dos voluntarios, a cultura do país centroamericano e mais o risco mortal que corren os mergulladores
A exposición ‘Nicaragua: unha realidade viva’ iniciará o vindeiro luns 26 de xullo na vila lucense de Xove o seu percorrido polas sedes de diferentes Deputacións e Concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A mostra reúne as imaxes tomadas polo recoñecido fotógrafo vilagarcián Eduardo J. Castro no marco do proxecto ‘A formación sociosanitaria como vía de desenvolvemento’ que levou a cabo a ONGD Solidariedade Galega co cofinanciamento do Fondo nos municipios de Ocotal (Nueva Segovia) e Puerto Cabezas (Región Autónoma del Atlántico Norte).
Castro, que ten exposto en diferentes cidades españolas e estranxeiras, conviviu cos voluntarios e voluntarias e mais co pobo nicaraguano durante o tempo do proxecto. O resultado son máis de 50 imaxes, tanto en cor como en branco e negro, que reflicten dun xeito sutil e artístico non só as actividades realizadas pola ONGD, senón tamén a problemática sanitaria e social dos mergulladores e mais a cultura e a sociedade do país centroamericano. Deste xeito, a mostra divídese en tres bloques para dar a coñecer a situación que se está a vivir en Nicaragua.
As xentes e o día a día do seu traballo e das súas vidas centran un dos apartados, tentando xerar unha sensación de empatía e proximidade no espectador. Outra sección plasma o traballo de Solidariedade Galega no departamento de Nueva Segovia, ao norte do país, que consistiu na elaboración dun programa de capacitación no eido da sanidade. Os destinatarios eran médicos, enfermeiras, parteiras e a rede conformada por brigadistas da saúde, bombeiros, policía e exército. Formouse a grupos de cada comunidade e aportáronse os medios necesarios para que eles trasladen á súa vez eses coñecementos a outros profesionais. Os mergulladores de Puerto Cabezas protagonizan a terceira parte da exposición, na que se explica a problemática destes traballadores. Ao careceren da formación e instrumentos axeitados para somerxérense, a pesca da lagosta mediante o mergullo autónomo condúceos a enfermidades con graves secuelas (paraplexías, tetraplexías) ou mesmo directamente á morte.
As administracións locais e provinciais asociadas ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dispoñen en exclusiva da mostra fotográfica ‘Nicaragua: unha realidade viva’ antes de que pase a algúns dos museos e salas de exposicións máis recoñecidas de Galicia. Trátase de achegar en primicia á poboación daquelas vilas que contribúen á cooperación internacional as realidades que os seus esforzos axudan a mellorar.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade impulsa o desenvolvemento de Mozambique en parcería coa ONU
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2010.
| |
 |
|
| Antonio Zurita e Alfredo Novoa, no centro, xunto aos representantes das administracións cofinanciadoras do proxecto de apoio ao desenvolvemento económico local en Maputo. |
- O responsable estatal da iniciativa ART das Nacións Unidas presentou o programa para a dinamización económica e a creación de emprego en Maputo
- A Deputación de Lugo e os Concellos da Coruña, Pontevedra e Vigo achegan 62.342 euros a este proxecto que pretende contribuír á erradicación da pobreza
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade impulsará en colaboración coa ONU o desenvolvemento da provincia mozambicana de Maputo cun investimento de 62.342 euros. O presidente da asociación municipalista galega, Alfredo Novoa, e mais o responsable no Estado español da iniciativa ART do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), Antonio Zurita, presentaron o pasado 14 de xullo, en Santiago de Compostela, o programa ART-PAPDEL de apoio ao proceso de desenvolvemento económico local en Mozambique. No acto participaron tamén a concelleira Ermitas Valencia, do Concello da Coruña; a edil Margarita Castejón, do Concello de Pontevedra; a concelleira María Méndez, do Concello de Vigo, e mais o técnico Xesús Mazaira, da Deputación de Lugo. As catro administracións, que forman parte da Comisión de Cidades e Deputacións creada no seo do Fondo Galego, cofinancian o proxecto que se levará a cabo en parcería co PNUD a través da iniciativa ART de artellamento de redes territoriais. Os Concellos da Coruña, Pontevedra e Vigo contribúen cunha aportación de 15.000 euros cada un, mentres que a Deputación lucense achega os 17.343 euros restantes.
O presidente do Fondo Galego de Cooperación explicou que a entidade incorpórase na segunda fase dun programa trianual. “O PNUD ten experiencia, estrutura, capacidade e solvencia e permítenos levar a cabo un proxecto con garantías”, apuntou Alfredo Novoa. Pola súa banda, o responsable estatal da iniciativa ART, que promove a relación coa cooperación descentralizada, lembrou que Mozambique “é un dos países con menor índice de desenvolvemento humano no mundo”, coñecido polas guerras e os desastres naturais, que agora vive nunha certa estabilidade que está a favorecer o seu crecemento. Zurita apuntou a necesidade de consolidar non só os servizos sociais e as políticas de inclusión, senón que tamén “é importantísimo que exista emprego, porque se non a poboación abandona o territorio”. No marco do concepto de desenvolvemento humano integral, “o programa ART-PAPDEL incide na creación de postos de traballo a través do fortalecemento da Axencia de Desenvolvemento Económico Local da provincia de Maputo, mediante accións de formación ocupacional, viveiros de empresas, microcréditos, etc. para promover o emprego, nomeadamente da muller, que en Mozambique é o alicerce fundamental da familia”.
Neste senso, “vanse impulsar actuacións concretas de apoio á economía social vinculada á muller, coa formación de recursos humanos mediante escolas-obradoiro, e vaise promover un plano estratéxico no territorio para que as sucesivas propostas de cooperación actúen como complemento”. Antonio Zurita apostou pola asistencia técnica do Fondo Galego en áreas como residuos sólidos, auga potable, promoción da inclusión social ou vivenda. “Á vez propiciarase que a poboación beneficiaria devolva a visita para contar en Galicia en qué medida todo isto está sendo útil, ademais de coñecer novas experiencias que dende aquí se poidan achegar ao territorio”. O representante da ONU lembrou que o traballo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade “é coñecido en diferentes partes do mundo” e avogou por “consolidar unha alianza estable” coa asociación municipalista galega a partir desta primeira experiencia.
Asesoramento e formación
A misión do programa no que participa o Fondo Galego é contribuír á redución da pobreza e á consecución dos Obxectivos do Milenio en Mozambique, promovendo a estratexia de Desenvolvemento Económico Local (DEL) a través do apoio aos axentes da provincia de Maputo para dinamizar a economía e crear emprego na zona, sobre todo feminino. Para acadar estas metas, o Fondo Galego de Cooperación impulsará actividades como a capacitación para identificar as oportunidades de negocio, o apoio a iniciativas empresariais ou a formación e a asistencia técnica aos emprendedores locais en materia de xestión e produción. Estableceranse asemade incubadoras de empresas, tecnocentros, maquicentros e centros de promoción empresarial. Tamén se financiarán proxectos concretos que beneficien ás capas vulnerables da sociedade, como os anciáns ou as persoas con discapacidade física, e que garantan o empoderamento das mulleres. Ao mesmo tempo, transferirase e difundirase o coñecemento sobre DEL con misións internacionais e eventos nacionais.
A estratexia do Fondo Galego de Cooperación implica así mesmo procurar en Galicia potencialidades semellantes ás dos territorios da provincia de Maputo que poidan servir de referencia a efectos de asistencia técnica e capacitación. Identificaranse potenciais investidores e promoverase o contacto coas institucións galegas, ademais do intercambio de experiencias con actores do DEL en Galicia. Haberá tamén unha visita ao noso país dun técnico ou técnica de ART xunto cun alcalde ou alcaldesa dalgunha localidade beneficiaria, a fin de visibilizar o traballo desenvolvido co apoio do Fondo.
As beneficiarias e os beneficiarios directos deste proxecto serán, a nivel local, 200 emprendedoras e 150 emprendedores favorecidos polos postos de traballo creados nos vindeiros anos. Á vez, máis de 300 persoas serviranse das capacitacións e da asistencia técnica. As beneficiarias e beneficiarios indirectos han ser as familias da poboación emprendedora, xa que tirarán proveito das capacidades adquiridas e da renda xerada.
Xuño
2010
A Casa da Cultura de Lousame acolle a exposición ‘A Paz Cuestión de Fondo’
Lousame, 30 de xuño de
2010.
| |
 |
|
| A exposición ‘A Paz Cuestión de Fondo’ volve á vila coruñesa de Lousame. |
- O Concello organiza esta mostra de viñetas sobre racismo, pobreza e violencia en calidade de membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
- Os paneis elaborados por 28 autores de 16 países diferentes permanecerán na vila coruñesa ata o 15 de xullo e poderán visitarse en horario de mañá
A Casa da Cultura de Lousame (A Coruña), situada en Portobravo, acolle a partir deste venres 2 de xullo a exposición ‘A Paz Cuestión de Fondo’, organizada polo Concello en calidade de membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A mostra permanecerá na vila ata o vindeiro día 15, e estará aberta ao público de luns a venres en horario de 9 a 14 horas, con entrada de balde.
A exposición, integrada por viñetas elaboradas por 28 autores de 16 países diferentes, convida a reflexionar sobre a pobreza como unha forma de inxustiza social que xera exclusión, racismo e violencia. Do mesmo xeito, a falta de oportunidades impídelle á sociedade medrar en condicións de dignidade, o que aumenta as diferenzas sociais e agudiza o abismo entre ricos e pobres. O Fondo Galego de Cooperación entende que o desenvolvemento sostible non é posible neste contexto, por iso quere contribuír a crear un clima de opinión favorable á promoción dunha nova orde económica internacional, sen excluídos nin perdedores.
É a segunda vez que ‘A Paz Cuestión de Fondo’ recala en Lousame, xa que a finais do ano pasado estivo exposta na Casa Consistorial. Nesta ocasión preténdese que a mostra poida ser visitada por máis público ao situala na Sala de exposicións, e anímase a que as familias acudan a vela. Trátase de que nenos e adultos entendan que a paz non é só a ausencia de guerra, pois existen outros tipos de violencia que atentan contra ela. Ao mesmo tempo, inténtase desenvolver nos máis novos un espírito crítico coa realidade.
Conclusións "VI Xornadas Anuais de Cooperación"
Baiona, a 28 de xuño de 2010.
Dos debates que tiveron lugar durante a celebración das VI Xornadas Anuais de Cooperación, celebradas baixo o lema “A Cooperación Galega perante a crise económica e os desastres naturais”, na Deputación de Lugo, a 25 de xuño de 2010, despréndense as conclusións que se refiren a seguir:
- Os programas de voluntariado, máis alá das innegables virtudes en terreo no caso de voluntariados con participación en proxectos, teñen unha potencialidade sensibilizadora de primeiro nivel que convén aproveitar. Para alén dos efectos directos nas mesmas persoas voluntarias, o traslado das súas experiencias, contadas en primeira persoa, ao resto da cidadanía resulta de grande eficacia no derrubamento de estereotipos e promoción de valores solidarios.
- A crise está a ser empregada como escusa para xustificar a redución do esforzo económico realizado polas Administracións públicas galegas. Neste contexto, o traballo de sensibilización e educación para o desenvolvemento adquiren unha importancia, se cabe, maior, xa non só para concienciar as decisoras e decisores polític@s, senón tamén a mesma cidadanía, a fin de crearse un clima favorable á continuidade do compromiso público coa cooperación para o desenvolvemento.
- A cooperación internacional como ferramenta de empoderamento das comunidades do Sur e erradicación das desigualdades con respecto aos países do Norte, non debe limitarse aos proxectos de desenvolvemento se quere ser eficaz. Ha de incluír cambios no norte: de pautas de consumo na cidadanía e de pautas de relacionamento cos países do Sur por parte das institucións públicas e privadas do norte.
- Un ano máis volveuse a incidir na necesidade de que a cooperación internacional e as entidades que traballan neste eido teñan máis presenza nos medios de comunicación. Para acadar isto é preciso un traballo en dúas liñas: o aumento da sensibilidade nos medios de comunicación e un esforzo máis sistematizado no tratamento e difusión da información por parte do sector cooperante.
- Nese labor de comunicación continúa sendo fundamental insistir en que se evite amosar imaxes e discursos que vulneren os dereitos e a dignidade das persoas do Sur, perpetuando a visión, falaz, de superioridade do Norte sobre o Sur.
- Nesta época de crise a educación para o desenvolvemento e a sensibilización son ferramentas indispensables para potenciar a incidencia política, visibilizar as causas da desigualdade, xerar cultura solidaria na cidadanía e informar á sociedade civil para que poida exercer os seus dereitos. Deben configurarse como mecanismos de empoderamento da sociedade civil e non limitarse a dar a coñecer o traballo que se fai en cada organización.
- En relación á execución do Plan Director da Cooperación Galega 2006-2009, as principais críticas céntranse: no incumprimento do aumento do compromiso orzamentario previsto, considerado pouco realista; no excesivo número de países prioritarios; na falta de avances no fortalecemento institucional da Xunta de Galicia en materia de cooperación (formación do persoal, número de persoas, non creación da Axencia Galega de Cooperación, coordinación interna e con outros axentes); no divorcio entre a cooperación descentralizada galega e a cidadanía, que non entende que se faga cooperación desde Administracións non centrais; na desvirtuación da finalidade de instrumentos como a convocatoria de microproxectos, inicialmente concibida non tanto para financiar proxectos pequenos como para apoiar proxectos de organizacións principiantes, a fin de que puidesen adquirir experiencia.
- Como elementos positivos da execución do Plan anterior refírese: a identificación do espazo lusófono africano como área de especialización a potenciar; o fortalecemento do sector cooperante galego; concentración da axuda nos países prioritarios; unha boa especialización das convocatorias.
- Estímase que o Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013, en xeral, aproveita os acertos e adopta boas medidas para a corrección de debilidades do Plan anterior.
- Insístese no carácter prioritario da creación da Axencia Galega de Cooperación, como reforzo institucional notable e como garante da entidade atribuída á cooperación polo goberno autonómico.
- Non existe acordo en relación á oportunidade da activación da diáspora galega como axente cooperante nin arredor das súas eventuais virtudes.
- As Administracións públicas galegas non teñen capacidade para intervir en situacións de emerxencia internacionais. Deste modo, os seus esforzos neste sentido só poden ser: ou canalizados a través doutros axentes públicos (AECID) ou privados (ONGDs de grande capacidade operativa ou con presenza no terreo antes da catástrofe); ou dirixidos á fase de post-emerxencia e reconstrución.
As VI Xornadas do Fondo Galego conclúen que a crise non xustifica reducir os recursos de cooperación
Lugo, 25 de xuño de
2010.
| |
 |
|
| O presidente do Fondo Galego, Alfredo Novoa, e a vicepresidenta terceira da Deputación de Lugo, María Xosé Vega, inauguraron as VI Xornadas Anuais de Cooperación. |
- Representantes do sector cooperante galego debaten sobre as iniciativas de sensibilización no contexto de crise económica, o II Plan Director e mais as dificultades galegas na reacción a situacións de emerxencia internacionais
As relatoras e relatores das VI Xornadas Anuais de Cooperación coincidiron esta mañá en salientar que a crise non pode ser unha escusa para que as institucións reduzan os recursos destinados á cooperación internacional. Baixo o epígrafe ‘A cooperación galega perante a crise económica e os desastres naturais’ celebrouse esta mañá na Deputación de Lugo o encontro que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén organizando dende 2004. O evento concíbese como un espazo de debate entre os diferentes axentes da cooperación, públicos e privados. O novo Plan Director da Cooperación Galega, o papel das iniciativas de sensibilización e educación para o desenvolvemento no marco da crise, e mais a axuda de emerxencia dende Galicia centraron as mesas redondas da presente edición.
A vicepresidenta terceira da Deputación de Lugo, María Xosé Vega, e mais o presidente do Fondo Galego, Alfredo Novoa, encargáronse de inaugurar as VI Xornadas Anuais de Cooperación. Vega insistiu en que nestes momentos de crise as institucións non poden minguar as súas achegas “porque hai moito que axudar e moito por facer noutros países”. No mesmo senso se pronunciou Novoa, pois “a crise están a padecela moito máis os países do Sur”. O presidente do Fondo Galego avogou por “manter vivo o espírito da cooperación” continuando os esforzos nesta liña e mesmo incorporando novos programas.
Os relatorios iniciáronse coa mesa sobre ‘Os programas de voluntariado no Sur… ferramentas de sensibilización?’, moderada polo xornalista David Reinero. O responsable técnico de Amarante Setem, Adrián Serantes, explicou as bases do programa ‘Xanela aberta ao Sur’ que desenvolve a ONGD co fin de achegar a realidade destes países a Galicia a través de actividades formativas e estadías en Marrocos, Ecuador ou Brasil. Obxectivos semellantes ten a iniciativa ‘Vacacións con Traballo’ que detallou Pilar Gallego, da Comisión Executiva do Fondo Galego. Este programa permítelle aos técnicos das administracións socias participar en proxectos en Cuba, Nicaragua, Perú e Cabo Verde, conseguindo así reforzar as capacidades das entidades parceiras e sensibilizar, trala experiencia, ás institucións galegas a prol destes proxectos.
Co título ‘A sensibilización e a educación para o desenvolvemento en Galicia: diferentes perspectivas nun contexto de crise’ desenvolveuse o seguinte debate, moderado polo fotógrafo Óscar Vázquez, responsable en Lugo da Asociación Galega de Reporteiros Solidarias (Agareso). O técnico de sensibilización do Fondo Galego, Daniel González, enumerou as actividades que a entidade leva a cabo neste ámbito, reforzadas grazas ás Redes Municipalistas Solidarias onde se integran técnicos de cada unha das administracións socias. Entre estas accións cítanse espectáculos teatrais, promoción do comercio xusto ou Visitas ao Norte coma a que este ano se materializou coa viaxe a Galicia de parceiros do Fondo no Perú.
“Non invisibilizar a pobreza”
Pola súa banda, Helena Capera, técnica de comunicación exterior e sensibilización da Coordinadora Galega de ONGDs, fixo fincapé na incidencia política que deben ter as iniciativas neste eido “para que os orzamentos non se reduzan, porque as necesidades no Sur son agora máis grandes”. “Nun contexto de crise, a educación para o desenvolvemento está máis xustificada ca nunca”, dixo. Capera apostou por traballar aspectos como a formación e a comunicación para xerar unha conciencia crítica e incidir así sobre as causas que subxacen nas desigualdades Norte-Sur e ”para non invisibilizar a pobreza”. O director da Oficina de Relacións Exteriores da USC, Enrique López, pechou a rolda de intervencións explicando os programas que a Universidade de Santiago de Compostela leva a cabo no sector. Tecnoloxía dos alimentos, desenvolvemento rural ou socioloxía son algunhas das materias que centran os proxectos liderados pola institución. Nos últimos cinco anos, os programas de mobilidade de estudantes con países en vías de desenvolvemento saldáronse co desprazamento de 294 alumnos enviados e 1605 recibidos.
A terceira mesa das VI Xornadas Anuais de Cooperación analizou polo miúdo ‘O novo Plan Director da cooperación galega 2010-2013’, nun debate moderado por Isabel Rodríguez, da Comisión Executiva do Fondo Galego. Carlos Teijo, profesor da USC que coordinou a avaliación do antigo Plan Director, repasou os aspectos positivos e negativos daquel texto. Considerou que o novo Plan establece boas medidas correctoras dos principais elementos negativos do anterior. José Antonio Alonso, director do ICEI que interveu na elaboración do actual II Plan Director, apuntou que “se cumpriron de xeito aceptable os obxectivos fixados para o Plan anterior” e considerou un acerto ter aproveitado as vantaxes que ten terse virado cara países lusófonos. Considerou que houbo un progreso no fortalecemento do sector cooperante galego, aínda que sinalou eivas como a aínda excesiva fragmentación da cooperación ou a desvirtuación dalgúns dos instrumentos previstos.
Os participantes na derradeira mesa do encontro reflexionaron sobre ‘A axuda de emerxencia en Galicia’, tendo en conta a recente experiencia do Haití. O consultor de Estratega Consulting Global, Emilio Martínez, moderou as quendas de palabra que iniciou a coordinadora autonómica de Cooperación Internacional en Cruz Vermella de Galicia. Carmen Díaz-Pache repasou as diferentes fases e ferramentas da intervención nunha catástrofe como a de Haití e cómo se canaliza a través da Federación Internacional de Cruz Vermella. A técnica da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia, Teresa López, explicou o funcionamento desta entidade, que está previsto que desapareza como tal este ano. O presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade explicou que “a emerxencia require unha tremenda estrutura” e que ningunha das Administracións públicas de Galicia ten capacidade para intervir de modo directo nese tipo de situacións, debendo centrarse nos labores de reconstrución. Unha fase de reconstrución tan relevante como a de emerxencia, tendo en conta o longo percorrido das nefastas consecuencias das catástrofes nos países do Sur e o ostracismo a que estas son relegadas ás poucas semanas.
O Fondo Galego celebra en Lugo as VI Xornadas Anuais de Cooperación o vindeiro 25 de xuño
Baiona, 21 de xuño de
2010.
| |
 |
|
Cartaz das VI Xornadas Anuais de Cooperación. Para descargar o pdf do folleto preme aquí.
|
- Expertos de distintas institucións e ONGDs debaterán na Deputación lucense sobre ‘A cooperación galega perante a crise económica e os desastres naturais’
- O evento vén sendo dende 2004 un espazo de encontro para os diferentes axentes do sector e a asistencia está aberta a todas as persoas interesadas
Co título ‘A cooperación galega perante a crise económica e os desastres naturais’ celebraranse o vindeiro 25 de xuño na Deputación de Lugo as VI Xornadas Anuais de Cooperación promovidas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Dende 2004, este evento vén sendo un espazo de encontro dos diferentes axentes do sector, tanto públicos como privados, para abordar problemáticas comúns. Tendo en conta o contexto presente, os debates desta edición xirarán arredor de tres temas de actualidade: o novo Plan Director da Cooperación Galega, o papel das iniciativas de sensibilización e educación para o desenvolvemento no marco da crise, e mais a axuda de emerxencia en Galicia, tendo en conta o terremoto no Haití.
A subdirectora xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, Pilar Romero; a vicepresidenta terceira da Deputación de Lugo, María Xosé Vega, e mais o presidente do Fondo Galego, Alfredo Novoa, inaugurarán o venres ás 10 horas as VI Xornadas Anuais de Cooperación. Desenvolveranse a continuación as diferentes mesas redondas, con representantes dos distintos actores que concorren no sector. Responsables da administración autonómica, do ámbito universitario ou de organizacións non gobernamentais como Cruz Vermella, Amarante Setem, a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a Coordinadora Galega de ONGDs participarán nas mesas canda membros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
As administracións locais, provinciais e autonómica, ONGDs, universidades, entidades financeiras e empresas con programas de cooperación ou sindicatos son algúns dos destinatarios destas xornadas, sen prexuízo de que poidan acudir outros axentes implicados e mesmo cidadáns interesados a título individual. A asistencia é libre e gratuíta, sen necesidade de inscrición previa, e o público poderá intervir nos coloquios cos relatores.
As primeiras exposicións analizarán o II Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013, que se aprobará neste exercicio despois de acadar o apoio unánime dos membros da Comisión Interterritorial e do Consello Galego da Cooperación ao Desenvolvemento. Tratarase de axudar a divulgalo, clarificalo e avaliar os seus principais avances e debilidades. Por outra banda, a grave crise económica pode converterse no Norte nunha coartada para diminuír os esforzos no ámbito da solidariedade internacional, por iso cobra especial relevancia o traballo de sensibilización e educación para o desenvolvemento. Este labor debera contribuír a que a sociedade civil e as administracións públicas manteñan ou mesmo incrementen as súas achegas, á vez que a cidadanía comprenda e apoie estes investimentos.
Por último, o devastador terremoto do Haití levantou a finais de ano unha forte vaga de solidariedade entre os cidadáns e as institucións galegas. É daquela un bo momento para reflexionar sobre a reacción do sector cooperante ante este tipo de catástrofes. As VI Xornadas Anuais de Cooperación, organizadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, contan coa colaboración da Xunta de Galicia, entre outras entidades.
Preme aquí para descargar o programa das Xornadas.
‘Ramirás solidario’, un exemplo de educación para a paz no seo do Fondo Galego de Cooperación
Ramirás, 16 de xuño de
2010.
| |
 |
|
Os veciños de Ramirás gozaron das múltiples actividades do programa ‘Ramirás solidario’.
|
- A vila ourensá acolleu a estrea do espectáculo de sensibilización ‘Contos coas mans abertas’ e mais a exposición ‘Os obxectivos do milenio 2000-2015’
- Os escolares do CEIP Rogelio García Yáñez traballaron arredor da coeducación e a igualdade de xénero co visionado de vídeos e a elaboración de murais
A vila ourensá de Ramirás deu nas derradeiras semanas boa mostra do que debe ser a educación para a paz e a sensibilización en materia de cooperación ao desenvolvemento co programa ‘Ramirás solidario. Porque o mundo pode ser un lugar mellor para tod@s’. A iniciativa, desenvolvida polo Concello en calidade de membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, incorporou actividades para públicos de todas as idades, fóra e dentro das aulas.
‘Ramirás solidario’ principiou a comezos de xuño coa exposición ‘Os Obxectivos do Milenio 2000-2015’, que permaneceu ata o día 13 no Centro Social e Cultural do Picouto. A mostra sintetiza as oito metas que as Nacións Unidas priorizaron hai dez anos na Declaración do Milenio: erradicar a pobreza extrema e a fame, acadar a educación primaria universal, promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller, reducir a mortalidade infantil, mellorar a saúde materna, combater a sida e outras enfermidades, garantir a sostibilidade do medio e mais fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento.
De xeito paralelo, uns vinte escolares do CEIP Roxelio García Yáñez traballaron sobre estas ideas a través das unidades didácticas deseñadas polo Fondo Galego. A mestra de Coñecemento do Medio e Educación para a Cidadanía, Encarnación Villanueva, e mais o profesor de Inglés, Alejandro Suárez, dirixiron as actividades dos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, adaptando as propostas a cada nivel. “Insistimos sobre todo nos aspectos da coeducación e a igualdade entre homes e mulleres”, explicou o mestre. Os rapaces visionaron vídeos e pintaron murais para corrixir os estereotipos de xénero, “gustoulles e participaron moito”, comentou Suárez. “É un complemento educativo que resulta moi positivo”, engadiu.
‘Ramirás solidario’ completouse coa estrea do espectáculo ‘Contos coas mans abertas’ ideado pola compañía compostelá A Tropa de Trapo para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Cooperantes, mulleres da aldea, guerrilleiros sandinistas, vacas, inmigrantes do Magreb ou unha tribo de bosquimáns son algúns dos protagonistas destas historias, case todas reais, que pretenden concienciar sobre o enriquecedora que resulta a interculturalidade. As veciñas e os veciños que acudiron á representación saíron encantados.
Como non podía ser doutro xeito, entre eles atopábase a propia alcaldesa de Ramirás, Pilar López, que puxo de relevo “a importancia da temática destas actividades”, que espera “animen aos concellos de arredor a unírense ao Fondo Galego”. A técnica municipal Susana Selas, pola súa banda, explicou que a idea do programa ‘Ramirás solidario’ xurdiu cando coñeceron de preto as posibilidades que ofrecía o Fondo Galego de Cooperación. “Concedéronnos o espectáculo de contos e a partir de aí decidimos englobalo nun proxecto de solidariedade máis amplo”, apuntou. E é que “as administracións locais achegan algo de cartos pero ao final fanse moitas cousas interesantes”, concluíu. No Concello xa están pensando nunha próxima edición de ‘Ramirás solidario. Porque o mundo pode ser un lugar mellor para tod@s’.
O Fondo Galego de Cooperación financia proxectos no Perú, Nicaragua, Cabo Verde e Mozambique
Baiona, 15 de xuño de
2010.
| |
 |
|
O Fondo Galego contribuíu o ano pasado a levar a auga ata as vivendas do municipio caboverdiano de San Filipe
|
- Achegará financiamento ás propostas das ONGDs Axunica e Amigos Escaes Perú para mellorar as condicións de vida en comunidades rurais empobrecidas
- As iniciativas de cooperación directa para 2010 centraranse en tarefas de recalificación urbana, construción de cuartos de baño e creación de emprego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinanciará este ano cinco proxectos de cooperación internacional para o desenvolvemento no Perú, Nicaragua, Cabo Verde e Mozambique. As iniciativas agrúpanse en proxectos de cooperación indirecta, onde a entidade municipalista apoia económicamente as propostas de ONGDs galegas, e proxectos de cooperación directa, nos que o Fondo Galego traballa directamente con parceiros en países do SUR.
Ata 23 solicitudes se presentaron este ano á convocatoria de cooperación indirecta, a maioría para actuacións en materia de formación e saúde en países latinoamericanos. O Fondo Galego acordou finalmente destinar 35.000 euros a un proxecto de Amigos Escaes Perú para o desenvolvemento de capacidades e mellora das condicións de vida en nove comunidades rurais da provincia de Ayabaca, Piura. Trátase de promover a alfabetización, a participación social e a equidade de xénero entre familias que viven na extrema pobreza, á vez que instalar 180 cociñas melloradas e diversificar a alimentación creando hortas e criadeiros de coellos. Axunica é a segunda organización beneficiada, que recibirá 6.750 euros para colocar 30 latrinas na comunidade nicaragüense de Tepalón, Granada. Este proxecto para mellorar as condicións sanitarias forma parte dun máis amplo que levou auga potable ás vivendas, comedores escolares e aulas de educación infantil.
Parcería cos municipios e a ONU
En canto aos proxectos de cooperación directa, o Fondo Galego recibiu 43 propostas, a maior parte procedentes de municipios caboverdianos e centradas no abastecemento de auga e saneamento, no desenvolvemento local ou en actividades educativas. En parcería coa Cámara Municipal de Paúl, no arquipélago africano, vanse destinar 55.000 euros achegados polo Concello de Vigo á recalificación urbana da localidade de Eito. Crearanse as necesarias condicións de habitabilidade coa instalación de baños, cociñas, saneamento, etc.
O Fondo Galego ten previsto materializar aínda alomenos dous proxectos máis en 2010. Un deles consiste na construción de 60 cuartos de baño en vivendas da illa caboverdiana de Maio, en concreto nas localidades de Figueira e Ribeira Don João. As familias beneficiarias recibirán o material e o apoio técnico preciso para a obra. De xeito paralelo, desenvolveranse en colaboración coas asociacións locais campañas de sensibilización e educación para a saúde co fin de promover novos hábitos de hixiene. A Xunta de Galicia apoia esta iniciativa. Entre ambas as dúas entidades galegas serán achegados 49.200 euros.
A asociación municipalista iniciará asemade este ano a cooperación directa en Mozambique cun proxecto de apoio ao proceso de desenvolvemento económico local da provincia de Maputo, no marco da iniciativa para o Artellamento de Redes Territoriais (ART) do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD). A Deputación de Lugo e mais os Concellos de Vigo, A Coruña e Pontevedra achegan a través do Fondo Galego 62.343 euros para contribuír á erradicación da pobreza dinamizando a economía local, creando emprego e xerando ingresos entre a poboación. Preténdese fortalecer a xestión municipal e fomentar o asociacionismo, a través dunha incubadora de negocios e obradoiros de capacitación sobre as novas esixencias do mercado da competencia e o comercio xusto.
Unha psicóloga do Concello de Nigrán cooperará cunha ONGD en Perú a través de ‘Vacacións con Traballo’
Baiona, 08 de xuño de
2010.
- A empregada do CIM traballará con mulleres mediante o Centro de Promoción do Desenvolvemento e a Educación en municipios da provincia de Huaral
- O programa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade tamén envía persoal das administracións socias a Nicaragua, Cuba e Cabo Verde
‘Unha traballadora do Concello de Nigrán viaxará ao Perú como voluntaria do programa ‘Vacacións con Traballo’. A psicóloga do Centro de Información á Muller (CIM), Carolina Iglesias, incorpórase así á iniciativa promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para que traballadores e traballadoras dos Concellos e Deputacións socias da entidade participen en proxectos de cooperación ao desenvolvemento en países do SUR.
A nigranesa desenvolverá o seu labor con mulleres das municipalidades da provincia de Huaral, rexión de Lima, traballando a través do Centro de Promoción do Desenvolvemento e a Educación (CEPRODE). Lugo, Verín e Ourense son os outros tres lugares de procedencia dos escollidos nesta edición, que dedicarán o seu período de descanso a traballar con parceiros do Fondo Galego en Nicaragua, Cuba e Cabo Verde. Trátase de que os profesionais galegos compartan os seus coñecementos teóricos e prácticos coas entidades de acollida. Deste xeito contribúen a acadar unha meirande implicación dos organismos públicos nos proxectos cofinanciados polo Fondo, así como a mellorar a súa visibilidade e transparencia.
Este será o obxectivo non só de Carolina Iglesias, senón tamén do seleccionado da Deputación de Lugo, Brais García, que vai levar a cabo as súas tarefas no Instituto de Promoción Humana (INPRHU) de Nicaragua, centrado na autoorganización de comunidades locais en prol dun desenvolvemento endóxeno. A técnica do Concello de Verín, Patricia Varela, colaborará coa Oficina do Conservador de Santiago de Cuba, institución dedicada á conservación do patrimonio histórico-cultural e monumental da cidade. Pola súa banda, o traballador do Concello de Ourense, Gonzalo Alonso, cooperará coa Associação Nacional de Municípios Cabo-Verdianos, entidade na que se integran os 22 municipios do arquipélago africano. Cómpre sinalar que o Concello ourensán decidiu financiar o envío dun segundo técnico local a Cabo Verde, como reforzo do primeiro.
Máis de vinte solicitudes se rexistraron nesta convocatoria, o que supón a meirande concorrencia nos cinco anos que leva o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organizando a iniciativa. Os seleccionados plasmarán á volta as experiencias das súas ‘Vacacións con Traballo’ nun caderno que testemuñará a súa estadía no SUR. De seguro que a publicación volverá pór de relevo o bo facer de todas as entidades colaboradoras, así como a motivación e a satisfacción de todos os participantes.
‘Contos coas mans abertas’ sensibilizará sobre a solidariedade internacional en vinte vilas galegas
Baiona, 04 de xuño de
2010.
| |
 |
|
Cartel da xira de sensibilización
|
- O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade promove as representacións que se desenvolverán ata finais de ano en Concellos asociados á entidade
- O espectáculo da compañía A Tropa de Trapo, dirixido a público adolescente e adulto, inclúe música en directo con instrumentos de diferentes países
Esta fin de semana iníciase na vila ourensá de Ramirás a xira ‘Contos coas mans abertas’ promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro das súas actividades de sensibilización. O espectáculo músico-teatral creado expresamente para esta campaña pola compañía compostelá A Tropa de Trapo percorrerá ata finais de ano un total de vinte Concellos asociados á entidade municipalista galega. Canda Ramirás, son Arteixo, Porto do Son, Xove, Ferrol, Sada, Cambre, Salceda de Caselas, A Estrada, Culleredo, Ames, Nigrán, Mos, Verín, Cangas, Carballo, Burela, Abegondo, O Valadouro e Poio os lugares seleccionados para acoller as representacións.
A proposta, dirixida a público adolescente e adulto, baséase en contos narrados a dúas voces onde a música en directo cobra especial relevancia. Instrumentos como a guitarra, a kalimba, o goni ou o laúde árabe mergullan aos espectadores en historias reais, recollidas case todas en primeira persoa, contos sinceros e achegados que falan do fondo humano que nos une a todos. Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, ‘Contos coas mans abertas’ é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas e grandes soños. Son contos para mellorar o mundo e entendelo mellor.
Mulleres da aldea, cooperantes, guerrilleiros sandinistas, vacas, inmigrantes do Magreb ou unha tribo de bosquimanos son algúns dos protagonistas das historias contadas por Marta Ortiz e Brais Gutiérrez, dous ensinantes de vocación que en 2006 xuntaron as súa inquedanza pola narración oral no proxecto A Tropa de Trapo. Dende entón levan percorrido toda Galicia, e mesmo outras Comunidades Autónomas, facendo reflexionar a nenos, mozos e maiores cos seus diferentes espectáculos.
Preme aquí para consultar o calendario da xira.
Maio
2010
Exposicións e contacontos na primeira edición do programa ‘Ramirás Solidario’
Ramirás, 31 de maio de
2010.
| |
 |
|
A exposición 'Os Obxectivos do Milenio' pretende concienciar sobre as oito metas prioritarias fixadas pola ONU hai unha década.
|
- A administración local desenvolve a partir do martes 1 de xuño esta iniciativa de sensibilización como socia do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
- Os escolares traballarán con unidades didácticas e a mostra ‘Os obxectivos do Milenio’ permanecerá no Centro Social e Cultural do Picouto ata o día 13
‘Ramirás solidario. Porque o mundo pode ser un lugar mellor para tod@s’ é o epígrafe baixo o que se desenvolverán a partir de mañá martes, 1 de xuño, e ata o vindeiro día 13 diversas iniciativas de sensibilización en materia de cooperación ao desenvolvemento. A administración local organiza no municipio ourensán esta novidosa programación en calidade de socia do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
No Centro Social e Cultural do Picouto permanecerá durante este período a exposición ‘Os Obxectivos do Milenio 2000-2015’, aberta ao público todos os días de 9 a 22 horas. Os paneis sintetizan as oito metas prioritarias que os estados membros da ONU fixaron hai unha década na Declaración do Milenio: erradicar a pobreza extrema e a fame, acadar a educación primaria universal, promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller, reducir a mortalidade infantil, mellorar a saúde materna, combater a sida e outras enfermidades, garantir a sostibilidade do medio e mais fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento.
Os alumnos do colexio Roxelio García Yáñez traballarán sobre estas ideas a través das unidades didácticas específicas elaboradas polo Fondo Galego, que o Concello xa lle fixo chegar á dirección do centro. Está previsto que os escolares visiten nos próximos días a exposición para complementar os coñecementos sobre os Obxectivos do Desenvolvemento asinados no Cumio do Milenio por 189 países que se comprometeron a adoptar medidas para acadalos antes de 2015.
O programa ‘Ramirás solidario. Porque o mundo pode ser un lugar mellor para tod@s’ complétase coa actuación do contador e a contadora de historias da compañía compostelá A Tropa de Trapo. O domingo 6 de xuño, ás 18 horas no salón de actos do mesmo Centro Social e Cultural do Picouto, Marta Ortiz e Brais Gutiérrez engaiolarán aos asistentes á estrea deste espectáculo creado para o Fondo Galego de Cooperación e que xirará logo por toda Galicia. A proposta, dirixida a público adolescente e adulto, recompila historias reais, de lonxe e de preto, complementadas por música en directo con instrumentos de diferentes partes do mundo.
CEPRODE e a alcaldesa de Atavillos Alto, no Perú, aplicarán no país andino as experiencias aprendidas en Galicia
Santiago de Compostela, 28 de maio de
2010.
| |
 |
|
O director financeiro de CEPRODE, Óscar Pedro Almendáriz, xunto ao presidente do Fondo Galego, Alfredo Novoa, e mais a alcaldesa de Atavillos Alto, Rosario Huamán, na Asemblea celebrada o 28 de maio en Compostela.
|
- Coñeceron novos sistemas de rego, as actividades das asociacións de mulleres e o apoio da administración local ás industrias, o turismo ou as bibliotecas
- Visitaron os Concellos de Burela, Riotorto, Manzaneda, Trives, A Coruña, Fene, A Guarda, Santiago e Baiona, e mais a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia
O representante do Centro de Promoción do Desenvolvemento e a Educación (CEPRODE) de Perú e mais a alcaldesa de Atavillos Alto anunciaron esta mañá en Santiago de Compostela que aplicarán no país andino as experiencias que ao longo desta semana tiveron a oportunidade de coñecer en Galicia. Convidados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, o director financeiro de CEPRODE, Óscar Pedro Almendáriz, e mais a alcaldesa do municipio rural andino, Rosario Huamán, conclúen hoxe o percorrido por diferentes Concellos e Deputacións integradas na asociación municipalista galega, que cofinancia distintos proxectos a prol dun desenvolvemento sustentable na provincia de Huaral.
A delegación peruana relatou na apertura da Asemblea xeral de socios do Fondo Galego, celebrada esta mañá en Compostela, o enriquecedora que está a resultar esta visita a Galicia. “
“En Burela capacitaron en actividades de pesca as persoas peruanas e de Riotorto levo unha tecnoloxía de rego que nos permitirá sementar en época de chuvia”, sinalou Rosario Huamán entre as experiencias ás que lle tirará proveito nas comunidades andinas. “En Manzaneda encontramos un alcalde novo comprometido co seu pobo, que apoia industrias como a leiteira, algo que tamén debemos fomentar alá”. “Despois fomos a Trives, onde tiñan bibliotecas para nenas e nenos, persoas adultas e maiores, cada unha coas súas ambientacións e actividades, e tamén unha asociación de mulleres onde se integran donas de todas as idades, con programas para o tempo de lecer”, apuntou a lideresa peruana.
“Na Coruña, comprobamos como o Concello presta atención ás persoas que o precisan e en Fene atopei un municipio moi ordenado, onde dixitalizaron todos os arquivos e dan prioridade ás persoas con discapacidade para acceder a un emprego”, engadiu a alcaldesa de Atavillos Alto. Do mesmo xeito, comentou a recepción de onte na Deputación de Pontevedra, unha provincia “onde as amas de casa están asociadas en diferentes organizacións e están a lograr que se recoñezan os seus dereitos”. A delegación peruana, sempre acompañada polos representantes do Fondo Galego de Cooperación, pasou tamén pola Guarda, onde se amosaron sorprendidos polo xeito en que a administración local incentiva o turismo. Tras a visita desta mañá en Compostela, onde tamén aproveitaron para agradecerlle en persoa a colaboración da Xunta de Galicia á subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, pola tarde pecharán este intenso percorrido por Galicia no Concello de Baiona.
O director financeiro de CEPRODE, pola súa banda, destacou hoxe ante a Asemblea que o labor desta ONG consiste en “promover o desenvolvemento integral e sustentable en harmonía coas necesidades e intereses das comunidades”, á vez que “promover a educación por medio do desenvolvemento de valores e capacidades humanas a fin de combater a extrema pobreza”, uns obxectivos nos que cobra cada vez máis forza o enfoque de xénero. Para acadar estas metas contan co apoio do Fondo Galego, unha colaboración que Almendáriz definiu como “intelixente, técnica e aberta”. “Levo 40 anos traballando en cooperación con distintos países e esta entidade é a única que fai un acompañamento permanente dos proxectos”, salientou.
Desenvolvemento sustentable
O presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Alfredo Novoa, reafirmou o compromiso con Perú, que “necesita axuda internacional, non soamente reforzo económico senón tamén estrutura e descentralización”. Insistiu na idea de que “o pobo galego é solidario, pero as administracións non están dando a talla”, aínda que “dende o Fondo se intenta aglutinar esforzos e que os Concellos e Deputacións acheguen o seu gran de area para conseguir unhas partidas orzamentarias que nos permitan desenvolver proxectos tanto na zona de Latinoamérica coma na da África Subsahariana”.
A estadía dos representantes de CEPRODE en Galicia encádrase no programa ‘Visitas ao Norte’ que o Fondo Galego leva a cabo entre as súas actividades de sensibilización. Trátase dun exercicio de transparencia para que as administracións socias e a súa cidadanía poidan coñecer de primeira man o traballo que se leva a cabo cos seus recursos nos países do SUR. Ao mesmo tempo, favorécese o intercambio de ideas entre profesionais e activistas das dúas beiras do Atlántico.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ten dende o seu nacemento en 1997 unha estreita relación co Perú. A entidade apoiou no país ata 23 proxectos financiados ou cofinanciados, nalgún caso co apoio da Xunta de Galicia, e implementados por ONGDs galegas e peruanas, que supuxeron un investimento total da asociación municipalista galega superior ao medio millón de euros.
Agareso Radio inicia a emisión do programa ‘Voces con Fondo’ sobre a cooperación municipalista galega
Baiona, 26 de maio de
2010.
- A canle da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios e mais o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade promoven este novo espazo radiofónico mensual
- A iniciativa Vacacións con Traballo e as Redes Municipalistas Solidarias centran esta primeira edición, que xa se pode escoitar a través do web www.agareso.org
Dende a fin de semana pasada estase a emitir en Agareso Radio ‘Voces con Fondo’, o novo programa que informa de todas as novas relacionadas coa cooperación municipalista galega. O espazo promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en colaboración coa Asociación Galega de Reporteiros Solidarios pode escoitarse tanto inserido na programación 24 horas desta canle que emite a través de internet como no apartado de radio á carta do web www.agareso.org, e está dispoñible tamén na páxina www.fondogalego.org.
A primeira edición deste espazo radiofónico, que terá periodicidade mensual, comeza presentando a traxectoria do Fondo Galego de Cooperación mediante unha entrevista co seu presidente, Alfredo Novoa. O contido céntrase logo na iniciativa Vacacións con Traballo, a través de conversas con voluntarios do ano pasado e cunha das técnicas que participará este verán. O balance da Secretaría Técnica sobre as Redes Municipalistas Solidarias do primeiro semestre tamén ten cabida no programa, así como as impresións dos asistentes a estas xuntanzas. As últimas noticias sobre a solidariedade das administracións locais e a axenda das actividades de sensibilización atopan asemade o seu oco. Pecha a proposta a sección de Fondos Destacados, onde se recomendan unha película e un libro do amplo arquivo que o Fondo Galego ten a disposición dos seus socios.
‘Voces con Fondo’ enmárcase nas iniciativas que a asociación municipalista está a levar a cabo para acadar unha meirande visibilización e difusión das súas accións. Deste xeito, contribúese a que as actividades solidarias que se realizan acaden unha meirande repercusión. A estas vantaxes engádese o valor de estar presente nunha canle con milleiros de oíntes que vén de ser integrada pola ONU na súa rede de emisoras polo seu carácter social, sensibilidade e dedicación ás diferentes realidades que conviven no panorama mundial.
Preme aquí para escoitar a primeira emisión do programa ‘Voces con Fondo’.
A Casa Consistorial de Viveiro acolle a exposición ‘A Paz Cuestión de Fondo’
Viveiro, 25 de maio de
2010.
| |
 |
|
| Os paneis da exposición amosan viñetas de 28 autores de 16 países diferentes |
- O Concello organiza esta mostra de viñetas sobre racismo, pobreza e violencia en calidade de membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
- Os centros escolares dispoñen das unidades didácticas correspondentes e están convidados a visitar a exposición para reflexionar sobre a idea de paz
A Casa Consistorial de Viveiro (Lugo) acollerá a partir de mañá, mércores 26 de maio, a exposición ‘A Paz Cuestión de Fondo’, organizada polo Concello en calidade de membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A mostra, integrada por viñetas elaboradas por 28 autores de 16 países diferentes, convida a reflexionar sobre a pobreza como unha forma de inxustiza social que xera exclusión, racismo e violencia. Do mesmo xeito, a falta de oportunidades impídelle á sociedade medrar en condicións de dignidade, o que aumenta as diferenzas sociais e agudiza o abismo entre ricos e pobres.
O Concello facilitoulles xa aos centros escolares as unidades didácticas complementarias elaboradas polo Fondo Galego para traballar arredor destas ideas. Con estes materiais preténdese familiarizar ao alumnado cos conceptos básicos necesarios para unha comprensión axeitada da paz nun sentido amplo, os factores que a ameazan e mais os instrumentos e actitudes que contribúen a promovela. A comunidade escolar de Viveiro está agora convidada a completar este traballo visitando a exposición ‘A Paz Cuestión de Fondo’. Trátase de que os estudantes entendan que a paz non é só a ausencia de guerra, pois existen outros tipos de violencia que atentan contra ela. Ao mesmo tempo, inténtase desenvolver nos máis novos un espírito crítico coa realidade.
Os paneis de ‘A Paz Cuestión de Fondo’ permanecerán no Concello de Viveiro ata o vindeiro 7 de xuño. A mostra permanece aberta ao público xeral de luns a venres, en horario de 11 a 13 horas pola mañá e de 16 a 20 horas pola tarde. O Fondo Galego de Cooperación entende que o desenvolvemento sostible non é posible nun contexto de pobreza, violencia e racismo. Por iso, con esta exposición quere contribuír a crear un clima de opinión favorable á promoción dunha nova orde económica internacional, sen excluídos nin perdedores.
Representantes dunha ONGD peruana parceira do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade visitan Galicia
Baiona, 21 de maio de
2010.
| |
 |
|
| Á dereita da imaxe, a alcaldesa de Altavillos Alto, Rosario Huamán, nunha actividade de capacitación, avaliando a situación económica e produtiva das comunidades campesiñas |
- A delegación de CEPRODE presentará ao longo da vindeira semana os proxectos cofinanciados pola entidade galega a prol dun desenvolvemento sustentable
- Irán aos Concellos de Burela, Riotorto, Manzaneda, A Pobra de Trives, A Coruña, Fene, A Guarda, Santiago e Baiona, e mais á Deputación de Pontevedra e á Xunta
Representantes do Centro de Promoción do Desenvolvemento e a Educación (CEPRODE) chegados dende o Perú visitarán ao longo da vindeira semana distintos Concellos e Deputacións da man do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A asociación galega, integrada por 100 administracións locais -96 Concellos e as 4 Deputacións provinciais-, convidou á ONGD peruana a presentar en Galicia as accións a prol dun desenvolvemento sustentable que desenvolve no país andino con apoio do Fondo Galego.
A iniciativa enmárcase dentro da programación de ‘Visitas ao Norte’ que o Fondo Galego leva a cabo entre as súas actividades de sensibilización, xa que con este exercicio de transparencia as administracións socias e a súa cidadanía poden coñecer de primeira man o labor que se realiza cos seus recursos nos países do SUR. Ao mesmo tempo, favorécese o intercambio de ideas entre profesionais e activistas de sectores de traballo homólogos nas dúas beiras do Atlántico, xa que a delegación peruana non só se vai reunir con representantes políticos senón tamén con asociacións de mulleres, inmigrantes ou gandeiros.
O director financeiro de CEPRODE, Pedro Almendáriz, e a alcaldesa de Altavillos Alto, Rosario Huamán, participarán nestes encontros que terán lugar a partir do luns 24 de maio nos Concellos de Burela, Riotorto, Manzaneda, A Pobra de Trives, A Coruña, Fene, A Guarda e Baiona, e mais na Deputación de Pontevedra. Ademais, a delegación peruana abrirá o venres día 28 a Asemblea xeral de socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en Santiago de Compostela, e manterá unha xuntanza coa subdirectora xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, Pilar Romero.
‘Xestión do desenvolvemento sustentable en municipios rurais andinos’ é o título do proxecto no que CEPRODE e o Fondo Galego traballaron durante o ano pasado na rexión de Lima, provincia de Huaral; unha iniciativa para a que se contou cun notable apoio da Xunta de Galicia. Dende 2004, CEPRODE e o Fondo Galego veñen sumando esforzos nesta zona en torno ao desenvolvemento local e rural das comunidades andinas, integrando os enfoques de desenvolvemento humano e sostible con perspectiva de xénero, mediante o deseño de plans específicos en parcería cos municipios de Huaral, entre os que se atopa o de Altavillos Alto. Deste xeito, agora os membros do Centro de Promoción do Desenvolvemento e a Educación atópanse presentando en Galicia o proxecto ‘Xestión do desenvolvemento sustentable con enfoque de xénero en municipios rurais andinos’, que pretende contribuír á erradicación da pobreza prestando especial atención á formación da muller campesiña para avanzar na igualdade.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ten dende o seu nacemento en 1997 unha estreita relación co Perú. A entidade apoiou no país ata 23 proxectos financiados ou cofinanciados, nalgún caso co apoio da Xunta de Galicia, e implementados por ONGDs galegas e peruanas, que supuxeron un investimento total da asociación municipalista galega superior ao medio millón de euros.
Preme aquí para descargar o dossier informativo e mais a axenda da visita de CEPRODE.
Técnicas e técnicos de Ourense, Verín, Lugo e Ferrol viaxarán a países do Sur como voluntarios co programa ‘Vacacións con Traballo’
Baiona, 18 de maio de
2010.
| |
 |
|
| Sara Pérez, da Deputación de Lugo, cooperou o ano pasado en Nicaragua a través de Vacacións co Traballo |
- O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade promove a iniciativa, que nesta quinta convocatoria recibiu case o dobre de solicitudes de participación
- Os catro seleccionados investirán o seu mes de descanso en proxectos para o desenvolvemento de municipios de Cabo Verde, Cuba, Nicaragua e Perú
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de concluír a selección dos catro técnicos e técnicas municipais e provinciais que este verán participarán en proxectos de cooperación ao desenvolvemento en países do SUR. Ourense, Verín, Lugo e Ferrol son as localidades de procedencia dos escollidos, que investirán o seu período de descanso traballando con parceiros do Fondo en Cabo Verde, Cuba, Nicaragua e Perú. O obxectivo é que os profesionais galegos compartan os seus coñecementos teóricos e prácticos coas entidades de acollida. Contribuirán así a acadar unha meirande implicación dos organismos públicos nos proxectos onde colabora o Fondo Galego, así como a mellorar a visibilidade e a transparencia das iniciativas financiadas.
Neste marco, o técnico do Concello de Ourense, Gonzalo Alonso, cooperará coa Associação Nacional de Municípios Cabo-Verdianos, entidade na que se integran os 22 municipios do arquipélago africano. A traballadora do Concello de Verín, Patricia Varela, colaborará coa Oficina do Conservador de Santiago de Cuba, institución dedicada á conservación do patrimonio histórico-cultural e monumental da cidade. O seleccionado da Deputación de Lugo, Brais García, vai desenvolver o seu labor no Instituto de Promoción Humana (INPRHU) de Nicaragua, centrado na autoorganización de comunidades locais en prol dun desenvolvemento endóxeno. Por último, a profesional do Concello de Ferrol, María Jesús Olivares, traballará no Centro de Promoción do Desenvolvemento e a Educación (CEPRODE), que promove o desenvolvemento local en estreita parcería coas 11 municipalidades da provincia de Huaral, na rexión de Lima.
Esta quinta convocatoria de ‘Vacacións con Traballo’ colleitou a meirande participación na historia do programa, téndose un total de 21 solicitudes válidas, lonxe das 13 que rexistrou a edición de 2009. O Concello de Monforte con tres inscricións, e mais os de Ferrol e Ourense con dúas cada un, foron as institucións das que máis peticións se recibiron. Asemade, formaron parte do proceso selectivo traballadores e traballadoras das Deputacións de Pontevedra e Lugo, e tamén dos Concellos de A Coruña, Ames, Bergondo, Cambre, Cangas, Lugo, Nigrán, O Valadouro, Pontevedra, Rianxo, Salceda de Caselas e Verín. A escolla non foi doada, dado o elevado número de inscricións e a calidade dos solicitantes, todos eles con ampla formación e experiencia. Unha vez avaliados os seus currículos e as cartas de motivación, a Comisión Executiva do Fondo Galego resolveu a listaxe de titulares e suplentes para cada unha das catro prazas.
Deste xeito, preténdese darlle continuidade á iniciativa ‘Vacacións con Traballo’ e que sirva para animar a outras persoas a participaren en convocatorias futuras. Tal e como se veu facendo nos anos anteriores, á volta o persoal técnico verterá as súas experiencias nun caderno onde darán testemuño dos aspectos máis relevantes da viaxe e do traballo no Sur. Esta publicación volverá, de seguro, pór de manifesto o bo labor exercido por todas as entidades colaboradoras, así como as ganas e a motivación de todos os participantes.
.
As Redes Municipalistas Solidarias acadan a meirande participación na historia do Fondo Galego de Coopeación
Baiona, 14 de maio de
2010.
| |
 |
|
| Xuntanza da Rede Municipalista Solidaria en Outes |
- Técnicas e técnicos dun total de 44 dos 100 Concellos e Deputacións adheridos avaliaron os proxectos internacionais e as accións de sensibilización para 2010
- As xuntanzas celebráronse en Ponteareas, Cabanas, Teo, Outes, Rodeiro, Lugo e Manzaneda nas últimas tres semanas
As Redes Municipalistas Solidarias coordinadas polo Fondo Galego de Cooperación acadaron este semestre a meirande participación na historia da entidade, xa que acudiron os representantes dun total de 44 administracións socias. A estas xuntanzas, celebradas nas últimas tres semanas, estaban convidados a asistir os 100 técnicos e técnicas que designan como delegados e delegadas as Deputacións e Concellos membros do Fondo. A afluencia acadada este ano sitúase así moi por enriba das 27 persoas que se achegaron en 2009 e mesmo das 32 de 2008.
Ponteareas, Cabanas, Teo, Outes, Rodeiro, Lugo e Manzaneda son as sete vilas galegas nas que se desenvolveron as primeiras Redes Municipalistas Solidarias de 2010. Estas reunións cumpren cada semestre unha función informativa e de comunicación interna imprescindible para o bo funcionamento do Fondo Galego. Nos encontros réndese conta das iniciativas levadas a cabo, dos proxectos en andamento nos países do Sur e das actividades de sensibilización en cooperación ao desenvolvemento que os diversos socios poderán desenvolver nos próximos meses. Entre elas figuran videoforums, espectáculos de contadores de historias ou exposicións como ‘A Paz Cuestión de Fondo’ e ‘Obxectivos do Milenio’, coas súas respectivas unidades didácticas.
Nas Redes Municipalistas Solidarias tamén se lles explicou aos técnicos as alternativas de acción de post-emerxencia que se están a estudar para o Haití, a marcha do programa Vacacións con Traballo, as visitas que recibirá Galicia de organizacións chegadas dende o Sur ou a próxima convocatoria das VI Xornadas Anuais da Cooperación.
Os estudantes de Xove reflexionan sobre a violencia e a pobreza a través da exposición ‘A Paz Cuestión de Fondo’
Xove, 10 de maio de
2010.
- O alumnado traballa arredor da idea de paz con unidades didácticas complementarias á mostra que segue aberta ao público xeral no Centro Cívico
- A iniciativa está organizada polo Concello de Xove no marco de actividades do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do cal o municipio é socio
Alumnos e alumnas dos centros públicos de Xove están a traballar estes días sobre ideas como a pobreza, o racismo ou a violencia a través da exposición ‘A Paz Cuestión de Fondo’ organizada polo Concello en calidade de membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Na última semana visitaron a mostra 65 rapazas e rapaces do IES Illa de Sarón pertencentes aos catro cursos de Secundaria e mais ao Programa de Diversificación Curricular. Nos vindeiros días está previsto que se acheguen os escolares de 5º e 6º de Primaria do colexio Pedro Caselles.
| |
 |
|
| |
A ambos os dous centros facilitáronselles as unidades didácticas elaboradas polo Fondo Galego canda a exposición, nas que se pretende familiarizar ao alumnado cos conceptos básicos necesarios para unha comprensión axeitada da paz nun sentido amplo, os factores que a ameazan e mais os instrumentos, actitudes ou ideas que contribúen a promovela. Trátase de que entendan que a paz non é só a ausencia de guerra, pois existen outros tipos de violencia que atentan contra ela. Ao mesmo tempo, inténtase desenvolver nos máis novos un espírito crítico coa realidade.
Os paneis de ‘A Paz Cuestión de Fondo’, elaborados en clave de viñetas por 28 autores de 16 países diferentes, permanecerán na pasarela de exposicións do Centro Cívico de Xove ata o 21 de maio. A mostra, que está aberta ao público xeral de luns a domingo en horario de 18 a 21 horas, convida a reflexionar sobre a pobreza como unha forma de inxustiza social que xera exclusión, racismo e violencia. Así mesmo, a falta de oportunidades impídelle á sociedade medrar en condicións de dignidade, o que aumenta as diferenzas sociais e agudiza o abismo entre ricos e pobres.
O Fondo Galego de Cooperación entende que o desenvolvemento sostible non é posible nun contexto de pobreza, violencia e racismo. Por iso, con esta exposición quere contribuír a crear un clima de opinión favorable á promoción dunha nova orde económica internacional, sen excluídos nin perdedores.
Abril
2010
Arrancan as Redes Municipalistas Solidarias en sete vilas do país
Baiona, 26 de abril de
2010.
Sete vilas galegas acollerán entre o 27 de abril e o 11 de maio outros tantos encontros das Redes Municipalistas Solidarias que coordina o Fondo Galego de Cooperación. Estas xuntanzas, integradas polos técnicos e técnicas que designan as Deputacións e Concellos membros do Fondo, cumpren cada semestre unha función informativa e de comunicación interna imprescindible para o bo funcionamento da entidade.
As Redes Municipalistas Solidarias que se celebrarán en Ponteareas, Cabanas, Teo, Outes, Rodeiro, Lugo e Manzaneda servirán para facer balance das iniciativas levadas a cabo nos últimos meses. Ao mesmo tempo, informarase do estado actual dos proxectos en andamento nos países do Sur e das actividades de sensibilización que os diversos socios poderán desenvolver nos próximos meses. Tamén se prestará especial atención á situación do Haití, rendendo conta da recadación atinxida e comprometida para a Conta de Emerxencia do Fondo Galego, explicando as alternativas de acción de post-emerxencia que se están a barallar.
Cómpre ter en conta que das técnicas e técnicos municipais depende en boa medida a implementación das actividades de sensibilización en materia de cooperación ao desenvolvemento promovidas polo Fondo Galego. Entre as accións previstas este ano atópase a visita a Galicia dos representantes do Centro de Promoción do Desenvolvemento e a Educación (CEPRODE) do Perú, a xira da contadora e contador de historias de A Tropa de Trapo, un programa mensual de radio a través de internet en colaboración coa Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) ou as VI Xornadas Anuais da Cooperación.
Abordarase asemade a edición actual do programa Vacacións con Traballo, grazas ao que traballadoras e traballadores da administración local galega, renunciando ao seu período de descanso, embárcanse en proxectos de cooperación ao desenvolvemento en países do Sur onde o Fondo Galego está presente. Participantes en convocatorias anteriores exporán a súa experiencia nalgunhas das Redes Municipalistas Solidarias.
Filmes e exposicións
Dentro das campañas de sensibilización que desenvolve o Fondo Galego, os Concellos asociados teñen á súa disposición un Videofondo con películas para empregar en actividades de divulgación e debate. Pódense solicitar asimesmo as exposicións ‘A Paz Cuestión de Fondo’ e ‘Obxectivos do Milenio’, coas correspondentes unidades didácticas. Nas próximas semanas comezará a circular ademais a mostra fotográfica ‘Nicaragua, unha realidade viva’, composta por imaxes tomadas polo fotógrafo Eduardo J. Castro no marco dun proxecto de cooperación desenvolvido alí pola ONG Solidariedade Galega co cofinanciamento do Fondo. Antes de que remate o presente exercicio estará lista tamén a exposición ‘Influír no global desde o local: as entidades locais galegas perante un mundo inxusto’, que porá de relevo o papel dos Concellos e as Deputacións na cooperación internacional.
As primeiras Redes Municipalistas Solidarias de 2010 darán comezo o martes 27 de abril no Centro Multiusos de Ponteareas (Pontevedra), o mércores 28 terá lugar a xuntanza na Casa do Concello de Cabanas (A Coruña), mentres que o xoves 29 a cita será en Teo (A Coruña), no salón de actos de Calo, na antiga escola da Tomada. No mes de maio, o día 4 desenvolverase a Rede Municipalista Solidaria na Casa da Cultura de Outes (A Coruña), o mércores 5 vai ser no Centro Cultural ‘Manuel Lamazares’, de Rodeiro (Pontevedra), e o xoves 6 en Lugo, no Centro de Convivencia ‘Uxío Novoneyra’. As convocatorias pecharanse na Casa do Concello de Manzaneda (Ourense) o 11 de maio. Todas as xuntanzas comezarán ás 11 horas.
Produtos de comercio xusto
Como novidade, este ano suprimiuse a obrigatoriedade de circunscribirse a unha área determinada e dáselles liberdade aos técnicos e técnicas das entidades socias para escolleren a reunión á que máis lles conveña asistir. Deste xeito, dispoñen de meirande flexibilidade na súa axenda e ao tempo evítase que a división en zonas obrigue a desprazamentos a maior distancia da necesaria. Ao longo das sete reunións distribuiranse ademais produtos de comercio xusto entre as e os asistentes, con documentación explicativa sobre este movemento. Deste xeito agárdase contribuír a unha maior participación nos encontros e a intensificar a sensibilidade cos esforzos que desde o comercio xusto se fan en relación á promoción duns intercambios económicos equitativos entre o Sur e o Norte.
O xerente da Confederación visita o Fondo Galego
Baiona, 22 de abril de
2010.
| |
 |
|
| O xerente da Confederación de Fondos, José Mansilla, visitou a Secretaría Técnica do Fondo Galego. |
O xerente da Confederación de Fondos, José Mansilla, visitou hoxe en Baiona a Secretaría Técnica do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A viaxe enmárcase na rolda de visitas que Mansilla está a realizar ás distintas entidades socias dende que no segundo semestre de 2009 se fixo cargo da Xerencia da Confederación. O obxectivo destas tomas de contacto é coñecer de primeira man as singularidades de cada un dos asociados.
Neste percorrido, José Mansilla pasou xa polos Fondos de València e Canarias, dentro da Confederación, e do castelán-manchego fóra, ademais de ter contactado cos organismos de La Rioja, Cantabria e Navarra. As xuntanzas cos representantes do Fondo Galego serviron para trasladarlle ao xerente da Confederación os antecedentes da asociación galega, así como o seu modelo de xestión e funcionamento e mais as principais liñas de acción que se están a desenvolver na actualidade.
A consolidación de instrumentos de traballo coordinados que permitan unha aprendizaxe mutua é precisamente un dos fins da Confederación de Fondos, que busca tamén impulsar a cooperación descentralizada e en rede dentro e fóra dos ámbitos territoriais dos seus membros. Pretende asemade promover proxectos de sensibilización compartidos e establecer criterios conxuntos de análise e avaliación, así como constituírse nun interlocutor común e estable ante outras institucións.
No Plan de Traballo para 2010 destaca ademais a participación no programa Municipia de fortalecemento da institucionalidade local en materia de cooperación. Contémplase tamén a coordinación de actividades dentro da iniciativa ART para promover un enfoque territorial do desenvolvemento humano co fin de acadar os Obxectivos do Milenio. A creación dunha nova web e a mellora na difusión das actividades dos socios son outras das accións que se levarán a cabo este ano.
Hoxe en día, xunto co Fondo Galego forman parte da Confederación o Fons Català de Cooperació al Desenvolupament, Euskal Fondoa-Asociación de Entidades Locales Vascas Cooperantes, Fons Valencià per la Solidaritat, Fondo Andaluz de Municipios para la Solidaridad Internacional e mais o Fondo Extremeño Local de Cooperación al Desarrollo. O Fondo Canario de Solidaridad Internacional y Cooperación al Desarrollo pasará nas próximas semanas a ser membro de pleno dereito.
A Tropa de Trapo: Os 10 seleccionados
Baiona, 13 de abril de
2010.
A xuntanza da Comisión Executiva do venres pasado, día 9 de abril en Santiago de Compostela, decidíu finalmente que os Concellos seleccionados para as 10 actuacións restantes dos contacontos da Tropa de Trapo sexan: Ames, Abegondo, Arteixo, Cambre, Cangas, Culleredo, Ferrol, Mos, Poio e Sada.
Ao resto de Concellos que participaron neste proceso de selección agradecer a interese amosada, que de certeza será recompensada en futuras ocasións.
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
O Fondo Galego anima aos socios a incrementaren a súa participación
Baiona, 09 de abril de
2010.
| |
 |
|
| Asistentes á Asemblea Xeral do Fondo Galego celebrada o 30/3/2010. |
A Executiva do Fondo Galego de Cooperación recriminou ás administracións socias a súa baixa participación nesta entidade durante o transcurso da última Asemblea ordinaria, que se celebrou en Santiago de Compostela o pasado 30 de marzo. O presidente do Fondo, Alfredo Novoa, salientou a necesidade de que as Deputacións e, sobre todo, os Concellos adheridos intensifiquen a súa implicación na organización de actividades e avancen no compromiso de aproximar as súas achegas económicas á cooperación ao 0,7% dos orzamentos municipais.
Na asemblea deuse conta ademais da incorporación de Malpica de Bergantiños e ratificáronse as baixas de Bueu e Gomesende. Ao Fondo pertencen, na actualidade, as catro Deputacións provinciais e 96 Concellos de Galicia, representando a poboación destes máis do 70% da total do país. No decurso da xuntanza explicáronse asemade os trazos fundamentais do II Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento 2010-2013 e mais do Plan Anual, aos que o Fondo Galego deu o seu apoio despois de que foran admitidas parcialmente as emendas presentadas para aumentar o compromiso económico da Comunidade Autónoma neste eido.
Por último, comunicouse aos socios que se están a estudar as diversas accións que se poden levar a cabo no Haití co diñeiro recadado a través da Conta de Emerxencia, aberta polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade despois do grave terremoto que devastou a illa caribeña no mes de xaneiro.
Preme aquí para descargar o relatorio da Comisión Executiva.
As Redes Municipalistas Solidarias do primeiro semestre entre o 27 de abril e o 11 de maio
Como cada semestre as Redes Municipalistas Solidarias cumpren unha función informativa e de comunicación interna imprescindible para o bon funcionamento da rede solidaria que o Fondo Galego representa. Serven tanto para informar do estado actual dos proxectos en andamento nos países do SUR, como das actividades de sensibilización que pomos a disposición dos socios en Galicia.
Como novidade, este ano suprimimos a obrigatoriedade de circunscribirse a unha área determinada e damos liberdade aos técnic@s das entidades socias a elixir a reunión que desexen asistir, para dar maior flexibilidade en canto á axenda ao tempo que para evitar que a división en áreas obrigue a desprazamentos de maior distancia da necesaria. Cada quen pode elixir así en función das súas necesidades a que xuntanza asistir.
Desta maneira dispomos aquí a convocatoria para as 7 primeiras redes municipalistas solidarias do 2010:
Ponteareas, martes 27 de abril,
Centro multiusos, Rua As Pombas, s/n en Ponteareas (carretera de Las Nieves).
Cabanas, mércores 28 de abril,
Casa do Concello, Avenida Julio Wais, s/n, Servizos Sociais.
Teo, xoves 29 de abril,
Salón de actos de Calo, antiga escola da Tomada, A Igrexa, Calo, Teo.
Outes, martes 4 de maio,
Casa da cultura, Avda San Campio, 1 - Serra de Outes - 15230 Outes, A Coruña.
Rodeiro, mércores 5 de maio,
Centro cultural municipal Manuel Lamazares, Rúa A, nº28.
Lugo, xoves 6 de maio,
Sala Centro convivencia Uxio Novoneyra, Quiroga Ballesteros Nº 1 A CP 2700.
Manzaneda, martes 11 de maio,
Casa Consistorial, Estrada de Raigada,s/n, Ourense.
Todas as xuntanzas serán as 11 horas. Durante estas sete reunións serán distribuidos diferentes produtos de comercio xusto.
Marzo
2010
O proceso de selección para o Servizo de comunicación do Fondo Galego concluíu
Hoxe, xoves 25 de marzo de 2010, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade decidíu contratar para o seu servizo de comunicación a Carmen Novas Ferradás. Agradecemos ao resto de participantes no proceso a súa participación.
| |
 |
| |
Cartel de “Palestina: o conflito desigual e a paliación das consecuencias” |
| |
|
| |
 |
| |
Triptico de “Palestina: o conflito desigual e a paliación das consecuencias” |
O traballo do Fondo Galego con Palestina, en Cambre e Lugo
Santiago de Compostela, a 18 de marzo de 2010.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade participa na organización de dous eventos a través dos que se pretende achegar á cidadanía galega o traballo da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina (UNRWA), facéndose especial fincapé nos proxectos que nos últimos anos vén desenvolvendo a axencia con apoio do Fondo Galego e a Xunta de Galicia. Os outros organizadores son a Deputación de Lugo e o Concello de Cambre, entidades socias do Fondo Galego desde 2008 e 2004, respectivamente, ademais de diversos veciños da cidade das murallas.
O próximo mércores 24 de marzo, ás 20:30h, no Centro Sociocultural do Graxal (rúa Álvaro Cunqueiro, s/n, O Temple) do Concello de Cambre, celebrarase a conferencia “Palestina: o conflito desigual e a paliación das consecuencias”, que contará coa participación de Carmen Quintana, Directora de Proxectos do Comité Español da Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina (UNRWA), coa charla “A UNRWA en Palestina: os proxectos apoiados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade”; e de Roberto Mansilla, analista do IGADI, quen falará sobre “Cal futuro para Palestina?”.
O xoves 25 de marzo, no local Social de CaixaGalicia (Praza de Santa María), ás 19:30h, terá lugar unha nova intervención de Carmen Quintana sobre os labores humanitarios da UNRWA a favor dos refuxiados palestinos.
O Fondo Galego e a Xunta de Galicia investiron, desde 2007, máis de 400.000 euros no alivio da dramática situación que padece o pobo palestino, contribuíndo a mellorar as condicións de vida nos campos de refuxiados de Amaria, Jalazone e Neirab.
Aberta
a Convocatoria de Vacacións con Traballo 2010
Baiona, 14 de marzo de
2010.
Por quinto ano consecutivo o Fondo Galego abre a Convocatoria do seu
programa de sensibilización Vacacións con Traballo, polo
cal 4 traballadores da administración local galega desprázanse
durante un mes a Cuba, Perú, Cabo Verde e Nicaragua; para traballar
durante un mes completo cos nosos parceiros do SUR. O prazo está aberto
desde hoxe e a admisión de solicitudes rematará o último
día do mes de abril.
10 socios
voluntarios para un contacontos solidario
Baiona, 08 de marzo de
2010.
Dentro das actividades previstas para o plan bianual de sensibilización do Fondo Galego encóntrase un espectáculo de contacontos, a ter lugar en 20 localidades das entidades socias. A Comisión Executiva aprobou o pasado 4 de marzo, en xuntanza ordinaria, que 10 das entidades escollidas serán, a falta da súa propia confirmación: A Estrada, Burela, Carballo, Nigrán, Porto do Son, Ramirás, Salceda de Caselas, Xove, Valadouro e Verín.
As outras 10 prazas son ofrecidas ao resto de entidades socias, para que as poidan incluír en feiras solidarias e outros eventos semellantes previstos para o presente exercicio. Para concorrer a estas prazas chega con facerllo constar á Secretaría Técnica por teléfono (986357238) ou correo electrónico (dpalau@igadi.org). O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 31 do presente mes. Antes do 15 de abril, as entidades socias seleccionadas serán contactadas pola Secretaría Técnica, a fin de poderlles comunicar a resolución da Comisión Executiva. No web do Fondo tamén será publicada a listaxe de entidades escollidas.
Deste modo, o Fondo Galego recolle unha suxestión formulada pola Rede Municipalista Solidaria, en virtude da que se pedía maior flexibilidade na programación dalgunhas actividades da asociación, a fin de podelas adaptar a eventos solidarios xa programados polos socios.
Febreiro
2010
Guía de boas prácticas económico-administrativas
Baiona, 24 de febreiro de
2010.
Os días 13 e 20 de Maio de 2009 celebráronse na EGAP unhas xornadas sobre a dimensión económico-administrativa da xestión da cooperación internacional, un eido no que participan cada día máis entidades locais e provinciais, consolidándose como un novo ámbito de referencia da xestión pública local.
De resultas do tratado e discutido nesas xornadas, foi extraída unha serie de conclusións que pretenden servir de base para homoxeneizar e homologar os modos de actuación, superando a relativa confusión actual.
O documento pode descargarse aquí e na sección "Publicacións > Cadernos".
Convocatoria de proxectos 2010
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de
2010.
Xa están a disposición de todas as persoas interesadas as bases da convocatoria de proxectos do Fondo Galego para o presente exercicio. Foron examinadas polo Consello da Cooperación Municipalista e aprobadas pola Comisión Executiva en xuntanza ordinaria o pasado 5 de febreiro. Todas as ONGDs galegas ou con delegación permanente en Galicia poderán presentar proxectos de cooperación nos países do sur entre o 1 e o 31 de marzo.
Trátase dunhas bases de continuidade en relación ás de 2009, constituíndo as novidades principais: a redución de 50.000 a 35.000 do importe máximo a achegar polo Fondo Galego para cada proxecto, derivada dos rigores impostos pola crise económica internacional; a especificación dunha provincia prioritaria, Cabo Delgado, dentro de Mozambique, todo el considerado prioritario en 2009; a existencia dun formulario tipo para a presentación dos proxectos.
Tanto as bases da Convocatoria como o formulario están dispoñibles no web do Fondo Galego, no apartado Proxectos.
Servizo de Comunicación do Fondo Galego
Baiona, 8 de febreiro de
2010.
Perfil requirido
- Titulación en Xornalismo.
- Dominio e utilización da lingua galega oral e escrita.
- Coñecementos e experiencia de traballo cos municipios e deputacións de Galicia.
- Experiencia no manexo fluído de ferramentas de ofimática e internet.
- Capacidade de traballo en equipo, iniciativa, organización, responsabilidade, habilidades de comunicación e autonomía.
Valorarase
- Posgraos de acción social, xestión de entidades non lucrativas, cooperación internacional ao desenvolvemento, etc.
- Formación e experiencia no traballo con ONGDs.
- Nivel acreditable de Inglés, Francés ou Portugués.
- Colaboración activa en asociacións.
- Experiencia acreditada nun posto ou servizo semellante.
- Coñecementos de relacións con medios de comunicación e xestión de webs.
- Carné de conducir e mobilidade.
Tarefas a realizar:
- Convocatorias aos medios e seguemento do impacto.
- Elaboración de dossieres de prensa con periodicidade trimestral.
- Xestión e organización das relacións cos responsables de comunicación das entidades asociadas ao Fondo Galego (Concellos e Deputacións).
- Elaboración de noticias, informacións e newsletter sobre as actividades e iniciativas do Fondo Galego.
- Iniciativas de visibilización do Fondo Galego no eido municipalista e no conxunto da sociedade galega.
Condicións xerais da prestación
- Inexistencia de relación laboral.
- Non se require presenza física permanente, aínda que si a participación nas reunións indispensables co equipo xestor e a dirección do Fondo Galego.
- O Fondo Galego retribuirá o servizo ata un máximo de 9.000 euros anuais distribuidos en facturas presentadas mensualmente.
- Centro de traballo de referencia: IGADI, Avenida Joselín 7, Portal 3 4º B 36300, Baiona, (Pontevedra).
| As persoas ou empresas interesadas deberán remitir o seu currículo cunha carta de presentación ao correo electrónico: info@igadi.org, facendo constar a referencia P/COMUNICACION FONDO GALEGO-2010, ata o sábado 20 de febreiro de 2010. Os-as seleccionados-as serán convocados-as a unha entrevista. |
Xaneiro
2010
Haití, carta do Presidente do Fondo Galego
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de
2010.
Prezada amiga, Prezado amigo,
Tralo terremoto padecido polo Haití o pasado 12 de xaneiro, a situación no país, xa anteriormente moi precaria, virou en absolutamente dramática. Sei que perante acontecementos como este, todas e todos queremos axudar, e parece oportuno lembrar que, no que se refire a poder local, en Galicia contamos cunha vía propia especificamente creada para a cooperación cos Países do Sur: o Fondo Galego, de que a túa entidade é socia.
O Fondo Galego abriu a súa Conta de Emerxencia o pasado 15 de xaneiro, para poder recoller as achegas das corporacións socias e mesmo doutras entidades civís ou cidadanía de a pé. O seu número é este 2091.0209.10.3040019000 (Caixa Galicia). As corporacións locais poden facer as súas doazóns a través dun decreto do órgano competente, que é a fórmula idónea a efectos de facilitar e axilizar a xestión dos recursos. Con esta carta, anéxase un modelo para os Concellos. O Fondo Galego fornecerá información fidedigna e completa do destino dos recursos.
O Fondo Galego naceu para superar os esforzos dispersos de Concellos e Deputacións de Galicia, concentrándoos, a fin de poder desenvolver accións de verdadeiro impacto, guiadas por un traballo técnico rigoroso que garanta unha cooperación de calidade. Xunt@s, cooperamos mellor.
E unha cooperación de calidade desde as corporacións locais ha de centrarse no seu ámbito de especialidade: a cooperación habitualmente denominada municipalista, que na organización político-territorial galega poden e deben desenvolver Concellos e Deputacións. Esa é a máis-valía que podemos achegar ao mundo da cooperación. Quen vai estar en mellor posición que nós para axudar en temas como: ordenación urbanística, saneamento, fortalecemento das institucións descentralizadas…? É a misión que as institucións internacionais e o propio senso común nos reclaman, é a nosa responsabilidade. E debemos responder.
Perante as catástrofes humanitarias o Fondo Galego non ten capacidade de resposta inmediata no terreo. A nosa asociación céntrase nas tarefas posteriores á fase de emerxencia aguda, tan necesarias como as iniciais. Tende en conta que despois de que o asunto perde actualidade mediática, acostuma producirse unha retirada importante da axuda internacional, polo que se fai moi necesario un esforzo por manter o pulso solidario. Isto irá ser especialmente importante no caso do Haití, onde o dano ten sido moito e onde a situación de partida xa era pésima.
O Fondo Galego está xa en contacto co resto de Fondos estatais a fin de, conxuntamente, identificar aquelas accións prioritarias que sexan máis acaídas para a cooperación das corporacións locais, sempre dentro dos parámetros definidos entre @s propi@s haitian@s e as institucións internacionais. Nestes momentos está xa unha persoa no terreo traballando a tal fin.
Cooperar si, pero sempre con orde, con prioridades, de modo coordinado. Non podemos cooperar de modo eficaz cos Países do Sur se non somos capaces de cooperar entre nós no Norte.
Pídoche que fagas un esforzo por implicar o teu Concello, a túa Deputación. Demostremos ao mundo que a sociedade galega e as institucións que de maneira máis inmediata a representan, son solidarias con quen máis o necesita cando máis se necesita. Demostremos tamén que sabemos cal é o noso lugar: somos Concellos e Deputacións. Os especialistas internacionais están de acordo en que un dos problemas polos que a cooperación internacional non funcionou no Haití en décadas precedentes foi a falta de institucións descentralizadas eficaces. Aí podemos facer moito. E exhibamos o Fondo Galego como un logro de todas e todos: como unha demostración palpable das Administracións locais galegas de que somos capaces de antepor a axuda eficaz e eficiente ás diferenzas partidarias e ás tentacións localistas.
Non deixedes de colocar o banner especificamente deseñado para esta campaña polo nos vosos webs. Pode descargarse desde o web do Fondo Galego (www.fondogalego.org).
Sen máis asunto, recibe un saúdo ben cordial.
Asdo.
Alfredo Novoa Gil
Presidente do Fondo Galego
O Fondo Galego abre a Conta de Emerxencia para Haití
Baiona, 15 de xaneiro de
2010.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade anuncia a apertura da Conta de Emerxencia tralo terremoto e conseguinte desastre humanitario acontecidos no país caribeño o pasado 12 de xaneiro. Os fondos serán destinados a contribuír á reconstrución de Haití, que se prevé longa e extraordinariamente esixente.
Contribúe a través da Conta de Emerxencias, indicando “Emerxencia Haití”:
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Número de conta Caixa Galicia:
2091.0209.10.3040019000
Información: Secretaría Técnica do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
info@igadi.org - www.fondogalego.org - Tel/fax: 986 357 238
Tamén podes descargar o báner para incorporalo á túa web: BÁNER
INGRESOS RECIBIDOS NA CONTA DE EMERXENCIA PARA A RECUPERACIÓN EN HAITÍ
Actualizado a 18/06/2010 |
| |
|
|
|
|
| DATA |
PERSOA / INSTITUCIÓN |
IMPORTE |
SALDO |
| 18/01/2010 |
Moisés David Rivadulla Fenández |
50,00 € |
50,00 € |
| 18/01/2010 |
Anónimo |
30,00 € |
80,00 € |
| 18/01/2010 |
Anónimo |
30,00 € |
110,00 € |
| 18/01/2010 |
Eva Blanco Fernández |
10,00 € |
120,00 € |
| 19/01/2010 |
Concello da Pobra de Trives |
500,00 € |
620,00 € |
| 19/01/2010 |
Cooperativa de Meirás de Consumidores |
20,00 € |
640,00 € |
| 19/01/2010 |
Anónimo |
10,00 € |
650,00 € |
| 19/01/2010 |
Anónimo |
5,00 € |
655,00 € |
| 19/01/2010 |
Magdalena López |
20,00 € |
675,00 € |
| 19/01/2010 |
Mariluz Cid |
70,00 € |
745,00 € |
| 20/01/2010 |
María Jesús Irago Juncal |
5,00 € |
750,00 € |
| 20/01/2010 |
Patricia Vázquez Ares |
5,00 € |
755,00 € |
| 20/01/2010 |
Anónimo |
100,00 € |
855,00 € |
| 20/01/2010 |
Carmen Mourón Pereira |
5,00 € |
860,00 € |
| 20/01/2010 |
Manuel Ferro Rodríguez |
80,00 € |
940,00 € |
| 20/01/2010 |
Dolores Souto |
10,00 € |
950,00 € |
| 20/01/2010 |
Anónimo |
10,00 € |
960,00 € |
| 21/01/2010 |
Narciso Torreiro Mosquera |
10,00 € |
970,00 € |
| 21/01/2010 |
Enrique Quinteiro Gómez |
10,00 € |
980,00 € |
| 21/01/2010 |
Jose Manuel Vázquez Fernández de la Vega |
200,00 € |
1.180,00 € |
| 21/01/2010 |
Ana de Miguel |
5,00 € |
1.185,00 € |
| 21/01/2010 |
Lucia González Álvarez |
20,00 € |
1.205,00 € |
| 21/01/2010 |
Josefa Blanco Martínez |
10,00 € |
1.215,00 € |
| 21/01/2010 |
María Luisa Amil Míguez |
100,00 € |
1.315,00 € |
| 21/01/2010 |
Consuelo Pérez Costa |
20,00 € |
1.335,00 € |
| 21/01/2010 |
Anónimo |
50,00 € |
1.385,00 € |
| 21/01/2010 |
Elvira Lorenzo |
20,00 € |
1.405,00 € |
| 21/01/2010 |
Alberto Pereira |
20,00 € |
1.425,00 € |
| 21/01/2010 |
Susana Peralba |
20,00 € |
1.445,00 € |
| 22/01/2010 |
Lucas Gómez Fernández |
10,00 € |
1.455,00 € |
| 22/01/2010 |
Juan Curiel Ares |
100,00 € |
1.555,00 € |
| 22/01/2010 |
Patricia Ramos Díaz |
60,00 € |
1.615,00 € |
| 22/01/2010 |
Asunción Armesto Veloso |
20,00 € |
1.635,00 € |
| 22/01/2010 |
Blanca González Fernández |
20,00 € |
1.655,00 € |
| 22/01/2010 |
Jose Antonio González Araujo |
50,00 € |
1.705,00 € |
| 25/01/2010 |
Xoan Manoel Sande Muñiz |
500,00 € |
2.205,00 € |
| 25/01/2010 |
Anónimo |
20,00 € |
2.225,00 € |
| 26/01/2010 |
Ricardo Candal Seijas |
20,00 € |
2.245,00 € |
| 26/01/2010 |
María Mar Marino Vázquez |
30,00 € |
2.275,00 € |
| 26/01/2010 |
Familia Fabeiro Calderón |
20,00 € |
2.295,00 € |
| 26/01/2010 |
Francisco Prol Formosa |
50,00 € |
2.345,00 € |
| 27/01/2010 |
Ramón Gato Bañobre |
30,00 € |
2.375,00 € |
| 28/01/2010 |
Gabriel Martínez Giráldez |
10,00 € |
2.385,00 € |
| 28/01/2010 |
Josefa Rial Cerdeira |
24,44 € |
2.409,44 € |
| 28/01/2010 |
Minia Rojo Rey e José Miguel Castro Carbajal |
50,00 € |
2.459,44 € |
| 28/01/2010 |
Josefina Álvarez Villar |
100,00 € |
2.559,44 € |
| 29/01/2010 |
Isabel Ramilo Rivero |
50,00 € |
2.609,44 € |
| 29/01/2010 |
Emilio José Arias Pérez |
40,00 € |
2.649,44 € |
| 29/01/2010 |
María Rocio Rey Rodeiro |
100,00 € |
2.749,44 € |
| 29/01/2010 |
María Dolores Rey García |
50,00 € |
2.799,44 € |
| 01/02/2010 |
Xose Manuel Pérez Sardiña |
100,00 € |
2.899,44 € |
| 01/02/2010 |
Concello de Burela (Concerto Solidario) |
1.160,00 € |
4.059,44 € |
| 03/02/2010 |
Concello de Manzaneda |
300,00 € |
4.359,44 € |
| 02/02/2010 |
Elisa Isabel Iglesias Framil |
20,00 € |
4.379,44 € |
| 05/02/2010 |
Carmen Cid Pérez |
50,00 € |
4.429,44 € |
| 05/02/2010 |
Concello de Vilagarcía de Arousa |
6.000,00 € |
10.429,44 € |
| 05/02/2010 |
Concello de Ames |
1.500,00 € |
11.929,44 € |
| 05/02/2010 |
María Teresa Bello Villaverde |
20,00 € |
11.949,44 € |
| 08/02/2010 |
Anónimo |
12,00 € |
11.961,44 € |
| 11/02/2010 |
Concello de Brión |
3.000,00 € |
14.961,44 € |
| 15/02/2010 |
Concello do Porriño |
6.000,00 € |
20.961,44 € |
| 18/02/2010 |
Luís Nogueiras Fernández |
50,00 € |
21.011,44 € |
| 19/02/2010 |
Concello de Laracha |
1.000,00 € |
22.011,44 € |
| 19/02/2010 |
Concello de Allariz |
2.000,00 € |
24.011,44 € |
| 24/02/2010 |
Concello de Pontevedra (Profesores e Alumnos do IES Xunqueira 2) |
93,00 € |
24.104,44 € |
| 25/02/2010 |
José Manuel Golpe Acuña |
100,00 € |
24.204,44 € |
| 08/03/2010 |
Concello de Culleredo (CEIP de Tarrio) |
2.065,00 € |
26.269,44 € |
| 12/03/2010 |
Concello de Abegondo |
300,00 € |
26.569,44 € |
| 16/03/2010 |
José Manuel Ferro Prieto |
50,00 € |
26.619,44 € |
| 17/03/2010 |
Concello de Redondela |
2.000,00 € |
28.619,44 € |
| 18/03/2010 |
Deputación de Pontevedra (Funcionarios) |
1.030,23 € |
29.649,67 € |
| 18/03/2010 |
Concello de Lugo (Casa da Muller) |
900,00 € |
30.549,67 € |
| 18/03/2010 |
Anónimo |
300,00 € |
30.849,67 € |
| 19/03/2010 |
Concello de Malpica de Bergantiños |
90,00 € |
30.939,67 € |
| 26/03/2010 |
Eloi Sección Carballo |
340,00 € |
31.279,67 € |
| 26/03/2010 |
Concello de Malpica de Bergantiños |
625,76 € |
31.905,43 € |
| 26/03/2010 |
Concello de Malpica de Bergantiños |
550,70 € |
32.456,13 € |
| 05/04/2010 |
Juan Diego Rodríguez Martínez |
50,00 € |
32.506,13 € |
| 07/04/2010 |
Concello de Guitiriz |
225,00 € |
32.731,13 € |
| 09/04/2010 |
Concello de Ames (Concelleiros do grupo Partido Socialista, Partido Popular e Bloque Nacionalista Galego) |
2.310,00 € |
35.041,13 € |
| 12/04/2010 |
Anónimo |
106,78 € |
35.147,91 € |
| 15/04/2010 |
Concello de Narón |
13.300,00 € |
48.447,91 € |
| 05/05/2010 |
Concello de Cambre |
9.306,55 € |
57.754,46 € |
| 14/05/2010 |
Concello de Oímbra (Alcalde e concelleiros) |
1.097,01 € |
58.851,47 € |
| 25/05/2010 |
Concello de Arteixo |
2.025,36 € |
60.876,83 € |
| 31/05/2010 |
Concello de Neda |
600,00 € |
61.476,83 € |
| 16/06/2010 |
Concello de Monforte de Lemos |
395,00 € |
61.871,83 € |
|