|
O Fondo Galego pide á ONU un recoñecemento dos valores positivos
que supón a cooperación descentralizada
Nunha mensaxe dirixida ó secretario xeral das Nacións Unidas, Kofi Annan, o presidente do Fondo
Galego, Alfredo Novoa, solicita da ONU a adopción dunha nova estratexia de cooperación para a implementación
dos compromisos establecidos no Cumio para o Desenvolvemento Social, aberta ás aportacións de todos
os suxeitos, que se traduza en programas orientados ó desenvolvemento local e integrado, baseados no enfoque
propio da cooperación descentralizada. Unha petición similar foi cursada polos demais presidentes
dos Fondos de Cooperación existentes no conxunto do Estado.
O pasado 28 de xuño culminou en Xenebra a Sesión Especial da Asemblea Xeral das Nacións
Unidas sobre Desenvolvemento Social (coñecida por “Copenhague + 5”) que se centrou no debate sobre “A cooperación
descentralizada ao desenvolvemento humano”. Que Nacións Unidas se interese por esta forma de cooperación
e mesmo a faga propia para promover a súa expansión constitúe un feito moi positivo que debe
gozar de amplo respaldo das autonomías territoriais e do conxunto da sociedade civil.
Extractos da Carta Aberta ao Secretario Xeral das Nacións Unidas
Reproducimos a continuación algúns extractos da Carta Aberta ao Secretario Xeral das Nacións
Unidas, subscrita polos participantes na reunión de Xenebra, entre os que se atopaba unha representación
da Confederación de Fondos que agrupa a todos os Fondos existentes no Estado. Con posterioridade, outras
adhesións remitironse á sede de Nacións Unidas en New York.
“As comunidades locais constitúen a sede natural donde os compromisos de Copenhague poden levarse
á práctica. Representan o nivel no que as administracións están máis preto da
poboación, donde poden funcionar métodos de traballo para facilitar a participación dos diferentes
actores sociais en todas as etapas dos procesos de desenvolvemento que lles afectan, donde todos poden responsabilizarse
da promoción dun desenvolvemento sostible, donde mellor se pode loitar contra a pobreza, o desemprego e
a exclusión social, donde pode promoverse unha cultura da convivencia civil, pacífica e democrática.”
“... Ata agora... a maneira na que están concibidas as iniciativas de cooperacvión non permitiron
a expresión das súas grandes potencialidades. Predominan... as actuacións verticais, centralizadoras,
sectoriais e asistenciais, que se traducen en accións fragmentadas e incapaces de ter un impacto sobre os
problemas estructurais da sociedade, como a pobreza, o desemprego, a exclusión social e a violencia.”
“... Desexamos ser partners políticos dos Gobernos e das Organizacións Internacionais dende
as etapas de definición das estratexias de intervención, de identificación e formulación
das iniciativas de cooperación...”
“Trátase de abrir espacios políticos e institucionais para realizar grandes iniciativas (programas-cadro)
para a actuación da Carta de Copenhague, baseadas sobre dúas directrices fundamentais:
- accións de desenvolvemento integral territorial, no respecto da orde administrativa dos países,
de maneira que os suxeitos da descentralización poidan ser protagonistas e responsables das eleccións
e das accións, en harmonía cos Gobernos e cos partners internacionais;
- accións sectoriais e centrais orientadas a dar apoio ao desenvolvemento local integrado e a crear
un ambiente favorable ao desenvolvemento, ademais de resolver problemas específicos ou infraestructurais.”
“Entendemos que a prioridade do desenvolvemento local integrado permite á cooperación favorecer
unha gran rede internacional de experiencias de desenvolvemento participativo e democrático, dando a posibilidade
de extender amplamente as oportunidades de intercambios económicos, comerciais, científicos, tecnolóxicos,
culturais e solidarios... Poderase tamén loitar contra os riscos do actual proceso de globalización,
orientándono, pola contra, cara un desenvolvemento sostible, baseado nas especificidades locais”.
“A cooperación descentralizada debe estar acompañada e apoiada por redes internacionais de
estructuras, servicios, experiencias e profesionais que operan nos diferentes campos do desenvolvemento humano.
Invitamos, polo tanto, a Nacións Unidas a promover e apoiar estas iniciativas.”
Novas altas no Fondo Galego
No pasado mes rexistráronse as adhesións dos concellos pontevedreses de A Estrada e Pontecesures.
Recuperado o pulso despois da paréntese vacacional, é propósito da Comisión Executiva
proseguir coas reunións itinerantes, esta vez procurando achegarse a comarcas e mancomunidades, para asegurar
o maior número de integracións posible antes do remate do presente ano. Deste xeito, a participación
no Fondo pode preverse adecuadamente na preparación dos Orzamentos do 2001.
O mundo da cultura apoia as iniciativas do Fondo Galego
Numerosos autores confirmaron a súa participación no proxecto de elaboración dun libro
que levará por título “Palabras con Fondo”, expresión do compromiso do mundo das letras coa
idea dunha sociedade universal globalizada pola cooperación, o desenvolvemento e a eliminación da
pobreza e as desigualdades. Cada relato ou aportación literaria de cada autor comezará por unha letra
ata completar o abecedario galego. A Obra Social de Caixagalicia patrocina esta iniciativa que expresa tamén
esa vocación do Fondo de implicar a todos os axentes sociais na loita por unha sociedade máis xusta
e solidaria.
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Deputación |
Deputación |
| A Pobra do Caramiñal |
O Valadouro |
Allariz |
A Cañiza |
| Ares |
Quiroga |
Ferrol |
A Estrada |
| Arteixo |
Samos |
Montederramo |
A Guarda |
| Betanzos |
|
O Carballiño |
Baiona |
| Brión |
|
O Irixo |
Cangas |
| Cabanas |
|
Ourense |
Gondomar |
| Carral |
|
Vilar de Santos |
Moaña |
| Cerceda |
|
|
Nigrán |
| Corcubión |
|
|
O Rosal |
| Culleredo |
- |
- |
Poio |
| Fene |
- |
- |
Pontecesures |
| Ferrol |
- |
- |
Pontevedra |
| Lousame |
- |
- |
Redondela |
| Mugardos |
- |
- |
Soutomaior |
| Narón |
- |
- |
Vigo |
| Neda |
|
| Noia |
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|