|
|
|

Número
20 - 13 de outubro de 2000 |
| |
| |
|
Baiona acolleu unha nova xuntanza itinerante da
Comisión Executiva do Fondo |
Ángel Olimpo González, concelleiro de Servicios Sociais,
recibiu aos membros da Comisión Executiva nas dependencias do Concello da vila erizana. Nun día marcado
por un espléndido sol de outono, os reunidos tomaron coñecemento das principais conclusións
da xuntanza da Confederación de Fondos celebrada en Bilbao o pasado 18 de setembro e da marcha das diferentes
actividades en curso. Ao remate da xuntanza celebrouse unha conferencia de prensa.
Durante a súa visita, os membros da Comisión Executiva visitaron as dependencias do Igadi e puideron
coñecer de primera man toda a infraestructura a disposición do Fondo Galego para desenvolver do mellor
xeito posible as súas actividades. |
| |
Substitucións na Comisión Executiva |
| A asunción de novos cometidos e responsabilidades, obrigou
a Sofía López Linares, representante do Concello de Quiroga (Lugo) e a Juan M. Corral Pérez,
representante da Deputación Provincial de Pontevedra, a cesar nas súas funcións na Comisión
Executiva. Os seus substitutos serán, respectivamente: José Fidalgo Aguado e Ángel Gregores
Méndez. A Comisión Executiva agradeceu tanto a Sofía López como a Juan Corral a súa
activa participación nas actividades do Fondo e desexanlle todo tipo de éxitos nos novos cometidos. |
| |
Palabras con Fondo |
En decembro contaremos coa edición de “Palabras con Fondo”,
iniciativa do Fondo Galego en colaboración con Caixa Galicia. Trátase de publicar unha reflexión
colectiva de 23 autores galegos, tantos como letras ten o noso alfabeto, a propósito da cooperación
e da solidariedade. As contribucións son diversas: poesía, breve ensaio, relato curto... Entre os
autores cómpre citar a: Marilar Alexandre, An Alfaya, Camilo Franco, Sabela Álvarez Núñez,
Carmen Blanco, Tucho Calvo, Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride, Fina Casalderrey, Antón Cortizas,
Lois Diéguez, Agustín Fernández Paz, Xosé Luís Franco Grande, Antonio García
Teijeiro, Silvia Gaspar, Xosé Antón Neira Cruz, Alfonso Álvarez Cáccamo, Víctor
Fernández Freixanes ou Suso de Toro. Cada un dos autores comeza a súa aportación cunha letra
determinada. A edición correrá a cargo da editorial Sotelo Blanco.
A Comisión Executiva valorou moi especialmente a importancia de facer chegar este libro á toda a
rede de bibliotecas públicas de Galicia. |
| |
Máis sensibilización |
Coñecida é a atención que moitos Concellos
galegos prestan ás actividades de colaboración humanitaria coa poboación do Sáhara
Occidental. Para aproximar máis esta problemática e facela accesible a maiores colectivos de cidadáns,
o Fondo Galego distribuirá a todos os asociados copias do curto “Lalia”, que protagoniza a actriz Silvia
Munt, e no que se reflicten as vivencias, os dramas e as esperanzas, de todo un pobo ilusionado por recuperar a
súa dignidade e soberanía.
Igualmente, en breve tamén estará a disposición de todos os asociados o vídeo informativo
sobre o Fondo Galego, que está a ser elaborado en colaboración coa Dirección Xeral de Relacións
Institucionais da Xunta de Galicia. |
| |
Unha cláusula solidaria voluntaria |
Dende os seus comezos, o FOGACOSO pretendeu desenvolver estratexias
de aproximación ó conxunto da sociedade para sumar os maiores esforzos a fin de que Galicia desapareza
das últimas posicións nas listas que reflicten o nivel de esforzo económico solidario, por
exemplo, entre as diferentes Comunidades Autónomas do Estado. Trátase de levar adiante iniciativas
globais e indiscriminadas, pero tamén de promover outras de carácter selectivo, conscientes de que
non todo depende do compromiso dunhas determinadas Corporacións, persoas ou partidos, senón tamén
do nivel de conciencia social e da disposición crítica do conxunto da cidadanía. Nese empeño
sensibilizador cómpre contextualizar esta proposta.
Nesa liña, e non tanto polo seu significado económico, claro está, como polo seu valor cualitativo,
a fin de expresar unha vez máis o compromiso dos autores galegos coas dinámicas de cooperación
e solidariedade, o Fondo Galego propón aos editores galegos a introducción nos contratos de edición
a asinar durante o ano 2001 dunha clásula solidaria voluntaria, en virtude da cal o autor cederá
un mínimo do 0,7% –podería ser a totalidade se asi o desexa– dos dereitos da súa obra para
desenvolver actividades de cooperación e de solidariedade.
Un acordo de cooperación entre a Asociación de Editores e o Fondo Galego de Cooperación concretaría
aspectos como: a inclusión nas obras dunha referencia á participación neste proxecto; a xestión
dos fondos recaudados; o destino dos mesmos, quizáis con especial atención ás accións
de solidariedade con escritores perseguidos; mecanismos de coordinación entre as editoriais e o Fondo, etc.
Nunha xuntanza mantida con Fabiola Sotelo, presidenta da devandita Asociación, comprometeuse a tratar esta
proposta na xuntanza que celebrarán a finais deste mes de outubro. |
| |
Partidas para cooperación e orzamentos |
| Por parte de Xosé María Permui, o noso tesoureiro,
encárecese a todos a adopción das medidas preventivas necesarias para que nos orzamentos do ano próximo
se habiliten partidas específicas para cooperación e para o Fondo Galego, a fin de evitar dunha vez
por todas os problemas administrativos que xenera a inexistencia dunha consignación apropiada para esta
finalidade. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Deputación |
Deputación |
| A Pobra do Caramiñal |
O Valadouro |
Allariz |
A Cañiza |
| Ares |
Quiroga |
Ferrol |
A Estrada |
| Arteixo |
Samos |
Montederramo |
A Guarda |
| Betanzos |
|
O Carballiño |
Baiona |
| Brión |
|
O Irixo |
Cangas |
| Cabanas |
|
Ourense |
Gondomar |
| Carral |
|
Vilar de Santos |
Moaña |
| Cerceda |
|
|
Nigrán |
| Corcubión |
|
|
O Rosal |
| Culleredo |
- |
- |
Poio |
| Fene |
- |
- |
Pontecesures |
| Ferrol |
- |
- |
Pontevedra |
| Lousame |
- |
- |
Redondela |
| Mugardos |
- |
- |
Soutomaior |
| Narón |
- |
- |
Vigo |
| Neda |
|
| Noia |
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 13/10/2000
Fernando Pol
|
|