|
|
|

Número
26 - 26 de marzo de 2001 |
| |
| |
|
A Asemblea de Socios encara o futuro do Fondo
con optimismo |
 |
Nun deses raros días de escampada da torrencial chuvia que
ven asolando Galicia nos últimos meses, celebrou o Fondo Galego a súa Asemblea ordinaria anual de
asociados. A xuntanza transcorreu segundo o previsto, constatando Alfredo Novoa, o noso Presidente, que “case catro
anos despois de principiar ese camiño que agora contemplamos xa con certa perspectiva, todos podemos afirmar,
sen por iso cair en excesivos trunfalismos, que o Fondo Galego é unha realidade que amosa claros síntomas
de asentamento”. Cheo de optimismo, engadiu: “Consolidamos a base asociativa, pero tamén a pluralidade,
a diversidade territorial e de tamaño, e, sobre todo, a idea do Fondo e da cooperación como lugar
de encontro entre todas as sensibilidades políticas e partidarias. Imos camiño de construír
un territorio vocacionado para a cooperación”.
Lourdes Suárez presentou o informe de proxectos executados e financiados, destacando o feito de que “executar
os proxectos, seguir o seu impacto, permitiranos moi pronto presentar un primeiro balance de actuacións
que neste mesmo ano pretendemos reconducir por dúas vías. Unha primera, coa elaboración dunha
revista informativa na que se rendan contas e se detallen as actuacións financiadas, para que cada asociado,
cada veciño, poida coñecer en que e como se invisten os fondos municipais e como cunhas aportacións
aínda modestas poden acometerse pequenas obras que implican grandes transformacións para as vidas
e o benestar de comunidades concretas. Esa pedagoxía e transparencia, cómpre acrecentala, en segundo
lugar, implicando en maior medida aos dirixentes locais e provinciais, impulsando unha primeira misión municipalista
para visitar in situ algunhas zonas e proxectos que financiamos”.
Ese optimismo inicial non supón, por outra banda, negación das carencias. Nesa liña, Alfredo
Novoa recoñecía no seu informe que “nos Concellos, o Fondo aínda non existe e por iso debemos
realizar un esforzo de mercadotecnia nese sentido. Debemos habituar aos Concellos a consultar e relacionarse co
Fondo neste tipo de materias. Comprobamos que non acontece así cando xurden situacións de emerxencia
(terremoto El Salvador ou en India) e, de boas a primeiras, non falta quen se deixa levar pola sana inercia solidaria,
sen percatarse da posibilidade de vertebrar unha maior eficacia a través dun Fondo coma o noso sempre comprometido
coa reconstrucción. O Fondo Galego non forma parte aínda dese vocabulario común da cooperación
en Galicia. Por iso, non basta o “Infórmate a Fondo” ou mesmo unha revista; debemos imaxinar fórmulas
que nos permitan unha maior presencia e máis visible, e apostar pola creación de foros de debate
e de encontro para as persoas que dende o municipalismo e a cooperación se preocupan por estes temas (tanto
responsables políticos como técnicos). Quizais no decurso deste ano poidamos celebrar unha primeira
xornada sobre a cooperación municipalista”.
Xosé María Permui presentou o seu Informe económico no que destaca o importante incremento
presupostario do Fondo, o cumprimento das obrigas contraídas e a progresiva actualización das cuotas
das entidades asociadas debedoras. Pero tamén, como se constataba no informe de actividades, con moito realismo,
chamouse a atención sobre o desequilibrio aínda existente: “cubrimos satisfactoriamente as expectativas
asociativas; quedanos agora o esforzo presupostario que nos permita dar ese salto que Galicia merece para saír
das últimas posicións estatísticas que miden o esforzo solidario no Estado. O paso que demos
hai uns días co compromiso das grandes cidades marca o rumbo a seguir. As Deputacións poden sumarse
a esa declaración ou formular a súa propia en idéntico sentido. Algúns Concellos medianos
e pequenos xa aportaron derramas extraordinarias para financiar proxectos concretos ou transfiren a totalidade
da súa partida. A idea é simple: importa cooperar máis aquí, para poder cooperar máis
co exterior. O salto en materia de recursos, todo o moderado que se queira pero perfectablemente factible hoxendía,
é o reto inmediato que debemos prantexarnos”. |
| |
Humana ¿inhumana? |
 |
Recentemente, a coordinadora de ONGs de Galicia dirixiu unha carta
ao presidente do Fondo Galego para alertar sobre a organización denominada HUMANA coa que algúns
Concellos veñen colaborando mediante a cesión da vía pública para situar contenedores
de recollida de roupa usada destinada, segundo Humana, a países do Sur ou á súa venda para
financiar proxectos de cooperación. Emilio Martínez, presidente da Coordinadora, lembra que HUMANA
non está inscrita no Rexistro Galego de ONGDs, creado pola Consellería de Presidencia e Administración
Pública da Xunta de Galicia.
Informacións recabadas polo Fondo Galego sinalan que HUMANA está acusada de fraude por numerosas
entidades e que a Comunidade Europea lle retirou subvencións en 1986 por non axustarse aos requisitos esixidos
para axudas ao desenvolvemento. Acusada de ser a tapadeira dunha secta e cun funcionamento totalmente opaco, presentándose
como ONG, en realidade crea negocios e vende ao terceiro mundo parte das prendas, conseguindo beneficios millonarios.
Outras fontes chegaron mesmo a vencellala a actividades de formación paramilitar, especialmente con menores,
en países africanos.
As boas intencións non bastan. Debemos reaccionar rapidamente. O Fondo Galego pon a disposición de
todos os asociados e non asociados esta información e apela para un rápido esclarecemento destas
circunstancias, recomendando entretanto a suspensión dos convenios de colaboración xa asinados. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Pobra do Caramiñal |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| As Pontes |
O Valadouro |
Ferrol |
A Estrada |
| Ares |
Quiroga |
Montederramo |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
O Carballiño |
Baiona |
| Betanzos |
|
O Irixo |
Cangas |
| Boiro |
|
Ourense |
Gondomar |
| Brión |
|
Vilar de Santos |
Moaña |
| Cabanas |
|
|
Nigrán |
| Carral |
|
|
O Porriño |
| Cedeira |
|
|
O Rosal |
| Cerceda |
|
|
Poio |
| Corcubión |
|
|
Pontecesures |
| Culleredo |
- |
- |
Pontevedra |
| Fene |
- |
- |
Redondela |
| Ferrol |
- |
- |
Soutomaior |
| Lousame |
- |
- |
Vigo |
| Mugardos |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Narón |
-
|
| Neda |
| Noia |
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 25/03/2001
Fernando Pol
|
|