Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 28 - 24 de maio de 2001
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    Taller sobre a xestión económica dos Fondos en Barcelona    
nº 027 - 19/04/2001
nº 026 - 26/03/2001
nº 025 - 13/03/2001
nº 024 - 06/02/2001
nº 023 - 31/01/2001
nº 022 - 02/01/2001
nº 021 - 15/11/2000
nº 020 - 13/10/2000
nº 019 - 28/08/2000
nº 018 - 17/06/2000
nº 017 - 15/05/2000
nº 016 - 11/04/2000
nº 015 - 27/03/2000
nº 014 - 15/03/2000
nº 013 - 11/02/2000
nº 012 - 13/01/2000
nº 011 - 09/12/1999
nº 010 - 04/11/1999
nº 009 - 16/10/1999
nº 008 - 15/09/1999
nº 007 - 01/08/1999
nº 006 - 01/07/1999
nº 005 - 15/04/1999
nº 004 - 01/04/1999
nº 003 - 01/03/1999
nº 002 - 01/02/1999
nº 001 - 15/01/1999
Pontevedra, Redondela, Nigrán, Oleiros... O Fondo informa
Programa de Formación en Cabo Verde
A revista “Tempo Exterior” analiza a situación da cooperación en Galicia
Entrevista co alcalde de Santiago
Mapa de socios do Fondo Galego
 
   
   
     
     

Volver ó sumario
Taller sobre a xestión económica dos Fondos en Barcelona
Unha das preocupacións primeiras e esenciais dos Fondos é aquela que fai referencia ao uso debido dos recursos con que contan, a fin de garantir non soamente a eficacia última das axudas respecto dos seus beneficiarios directos, senón a máxima transparencia na súa xestión. Esta circunstancia, unida ao feito do espectacular crecemento do compromiso municipalista cos Fondos, esixen por parte de todos un esforzo adicional para adecuar as estructuras e normas de actuación á nova situación, procurando o intercambio de experiencias e a homologación dos mecanismos utilizados.

Con tal propósito, o pasado 14 de Maio tivo lugar na sede da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade, en Barcelona, un taller sobre a xestión económica no que tamén participou unha representación do Fondo Galego formada por Xosé María Permui, o noso Tesoureiro, e Marta Cabrera, da Secretaría, conxuntamente cos demais Fondos do Estado.

Houbo unha coincidencia xeral sobre a conveniencia de unificar os criterios da xestión económica a nivel da Confederación de Fondos para facilitar o traballo en común así como da importancia de crear unha vía de intercambio de datos máis fluído e continuo, impulsando a aprendizaxe común, a partir das propias experiencias particulares de cada Fondo, sempre singulares pola súas dimensións e perspectivas concretas.

Asi mesmo, neste taller presentouse por parte do Fons Catalá unha xustificación técnica dos criterios de aplicación do 0,7 % dos ingresos propios municipais para a cooperación ó desenvolvemento, realizada polo catedrático de finanzas públicas da Universidade de Barcelona, Joaquim Solé Vilanova. Por último avaliouse a actual situación fiscal deste tipo de entidades e a súa particular relación coa facenda pública.

A xornada, que se desenvolveu en sesións de mañán e tarde, resultou enormemente productiva para todos e todas as/os participantes.
 
Volver ó sumario
Pontevedra, Redondela, Nigrán, Oleiros... O Fondo informa
A ONG Amarante celebrou unha semana de actividades sobre o comercio xusto e solidario na capital do Lérez entre os días 14 e 20 do mes de Maio. No programa incluíron unha conferencia sobre “A necesidade dunha política exterior galega” que foi impartida por Xulio Ríos, secretario do Fondo Galego, e na que se abordou, entre outros aspectos, a relación existente entre a acción exterior e a cooperación internacional ao desenvolvemento, asi como a cuestión da sensibilidade universalista existente no mundo municipalista.

Tamén se desenvolveu unha iniciativa informativa, desta vez moito máis centrada na idea do Fondo Galego, no Instituto de Nigrán o pasado día 9 de Maio. O noso Secretario explicou aos rapaces e rapazas de Bacharelato en que consiste este proxecto, esta realidade, que é o Fondo Galego de Cooperación. É a primeira vez que desenvolvemos unha actividade deste tipo no ámbito educativo e polos resultados acadados probablemente non será a derradeira.

Tamén estivo presente o Fondo nas actividades organizadas polo Concello de Redondela e a ONG Entrepobos. Nunha mesa redonda sobre o estado da cooperación en Galicia, na que tamén participaron representantes do Concello anfitrión e da Coordinadora de ONGs de Galicia, deuse conta dos principios, obxectivos e liñas de actuación principais do Fondo Galego.

Por último, en Oleiros, na Fábrica de Perillo, o Fondo galego aportou a súa visión do conflicto de Chiapas (México) nunha mesa redonda na que tamén participaron o fotógrafo Xosé Abad, o sociólogo Xulio Corredoira e o activista social, Iván Prado.
 
Volver ó sumario
Programa de Formación en Cabo Verde
Unha das liñas de actuación previstas para este ano é a referida a actuacións de forte contido municipalista a cofinanciar coa Axencia Española de Cooperación Internacional. Nesa perspectiva, o Fondo Galego aspira a maximizar a súa proximidade ao mundo lusófono, implementando programas, en especial en materia de formación, dirixidos a empregados locais. Estanse a realizar consultas para por en marcha a primeira iniciativa nesta materia, no arquipélado de Cabo Verde. Nas últimas semanas, mantiveronse encontros co Cónsul da excolonia na cidade de Porto, Sr Carlos Machado, para viabilizar os contactos coas Cámaras municipais de San Nicolau e do Sal. Igualmente, Domingo Bello, director da EGAP, amosou o apoio da institución que dirixe a este proxecto pioneiro.
 
Volver ó sumario
A revista “Tempo Exterior” analiza a situación da cooperación en Galicia
O número 2 da revista semestral “Tempo Exterior” que edita o IGADI adica un dos temas monográficos á análise da situación da cooperación internacional ao desenvolvemento en Galicia. O coidado volume ofrece unha visión plural, aportando as reflexións tanto da coordenadora de ONGs (Emilio Martínez), como da Administración autonómica (Alfonso Vaquero), como do propio Fondo Galego (Alfredo Novoa e Xulio Ríos). Igualmente, extendese esta problemática a un ámbito indispensable para o asentamento de novos modos de actuar nas novas xeracións, a través dunha aportación de Xesús Jares, sobre os modelos de educación para o desenvolvemento. Os interesados en obter algún exemplar deste número poden solicitado na Secretaría.
 
Volver ó sumario
Entrevista co alcalde de Santiago
Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Compostela, expresou a súa satisfacción pola acollida do proxecto de elaboración dun “Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica de Santiago de Cuba”, que van cofinanciar o Fondo Galego, a Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción exterior, e o propio Concello. Trátase dun ambicioso proxecto a desenvolver nun mínimo de catro anos e que importa un total de 58.400.000 pts (350.991,06 euros). O proxecto aspira non soamente a incidir na protección urbanística dun conxunto histórico admirable, senón asegurar un desenvolvemento sociocultural idóneo da cidadanía, dotar de instrumentos técnicos precisos aos equipos que deben garantir a aplicación do planeamento e instruír, formar e capacitar aos profesionais que participan na definición de obxectivos, criterios e solucións xerais de ordenación desta cidade amiga, irmanada con Santiago de Compostela.
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Lugo Deputación Deputación
A Pobra do Caramiñal Mondoñedo Allariz A Cañiza
As Pontes O Valadouro Ferrol A Estrada
Ares Quiroga Montederramo A Guarda
Arteixo Samos O Barco Baiona
Betanzos   O Carballiño Cangas
Boiro   O Irixo Gondomar
Brión   Ourense Moaña
Cabanas   Vilar de Santos Nigrán
Carral     O Porriño
Cedeira     O Rosal
Cerceda     Poio
Corcubión     Pontecesures
Culleredo - - Pontevedra
Fene - - Redondela
Ferrol - - Soutomaior
Lousame - - Vigo
Mugardos - - Vilagarcía de Arousa
Narón

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Neda
Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Santiago
Valdoviño
Vimianzo

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/07/2001
Fernando Pol


Subir