|
|
|

Número
29 - 4 de xullo de 2001 |
| |
| |
|
A Asemblea do Fondo resolveu a convocatoria de
2001 para o financiamento de programas de cooperación ó desenvolvemento e solidariedade |
 |
Nunha xuntanza presidida por Alfredo Novoa e que se desenvolveu
na sede da FEGAMP, os participantes respaldaron a valoración primeira realizada pola Ponencia Técnica
e ratificada pola Comisión Executiva arredor dos proxectos presentados polas ONGDs e tamén de cooperación
directa. Por mor do acordo das cidades,
o prazo final para a presentación de solicitudes adiouse lixeiramente, pero aínda así algúns
chegaron a destempo. Non obstante, todos foron avaliados e a resolución aprobada afecta ao conxunto.
RESOLUCIÓN
Presentáronse a esta convocatoria un total de 26 proxectos subscritos por outras tantas ONGs (3 fóra
de prazo) e 6 proxectos de cooperación directa subscritos polas respectivas contrapartes. A Comisión
Executiva, a través dunha Ponencia Técnica, realizou unha primeira selección tendo en conta
non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias. A proposta
da Ponencia foi asumida pola Comisión Executiva do Fondo e, posteriormente, pola Asemblea xeral e extraordinaria
de asociados que se celebrou o 29 de xuño de 2001 en Santiago de Compostela, na sede da Fegamp.
A resultas do debate, aprobouse o financiamento dos seguintes proxectos:
1. Proxecto: Construcción e equipamento
dun centro de atención infantil. ONG:
Ecos do Sur. País: Mozambique. Presuposto: 14.896.000 pta. Cantidade solicitada ó Fondo: 5.000.000
pta. Cantidade aportada polo Fondo: 5.000.000 pta. Resume: Construcción dun centro de atención infantil,
co seu equipamento, para atender a bebés desnutridos, englobado nun proxecto integral de desenvolvemento
rural comunitario.
2. Proxecto: Adquisición de bicicletas
para promotoras de saúde. ONG: Bicis pola Paz. País:
Mozambique. Presuposto: 488.400 pta. Cantidade solicitada ó Fondo: 400.000 pta. Cantidade aportada polo
Fondo: 400.000 pta. Resume: Adquisición de 30 bicicletas para que as promotoras de saúde se poidan
desprazar polas distintas aldeas. Este proxecto complementa ó anterior pois estas promotoras son as encargadas
de detectar bebés en risco.
3. Proxecto: Introducción de enerxía
eléctrica e alumeado público. ONG: Cosal /
Yolocamba. País: O Salvador. Presuposto: 10.397.362 pta. Cantidade solicitada ó Fondo: 7.525.312
pta. Cantidade aportada polo Fondo: 7.525.312 pta. Resume: Este proxecto forma parte dun programa de desenvolvemento
integral para o municipio de “El Paraíso” que pretende dotalo de infraestructuras básicas: luz eléctrica
e alumeado público ás comunidades rurais e urbanas.
4. Proxecto: Abastecemento de auga potable
ó “Caserío La Loma”. ONG: Solidariedade Internacional.
País: O Salvador. Presuposto: 24.295.638 pta. Cantidade solicitada ó Fondo: 3.000.000 pta. Cantidade
a aportar polo Fondo: 3.000.000 pta. Resume: O proxecto pretende abastecer de auga potable a unha comunidade que
carece deste servicio e que sofre problemas graves de saúde por esta causa, con especial impacto na poboación
infantil.
5. Proxecto: Instalación dun módulo
ovino da raza Corriedale. ONG: Amigos Escaes-Perú.
País: Perú. Presuposto: 6.604.837 pta. Cantidade solicitada ó Fondo: 4.753.287 pta. Cantidade
a aportar polo Fondo: 4.753.287 pta. Resume: Impulso da instalación dun módulo de ovinos da raza
Corriedale coa fin de mellorar xeneticamente a raza da zona, incrementando así a producción e productividade
de carne e de lá. Construcción do correspondente curral, mellora do pasto e equipamento do botiquín
veterinario. Contempla a adquisición de dous teares industriais para aproveitar a producción de lá
e a capacitación dos campesiños para garanti-la continuidade do proxecto.
6. Proxecto: Apoio ó desenvolvemento
agropecuario e microempresarial a mulleres do área rural e semi-urbana do norte dos departamentos de San
Salvador e La Libertad. Contraparte: Ucres. País:
O Salvador. Presuposto: 82.133,03 $ usa (+/- 16.426.606 pta). Cantidade solicitada ó Fondo: 38.520,64 $
usa (+/- 7.704.128 pta). Cantidade a aportar polo Fondo: 38.520,64 $ usa (+/- 7.704.128 pta). Resume: Potenciar
a equidade de xénero nesta zona e promover os microcréditos ás mulleres para lograr o desenvolvemento
agropecuario.
7. Proxecto: Compra de silos de almacenaxe
de grans básicos. Contraparte: Mama Maquin. País:
Guatemala. Presuposto: 53.760 Q (+/- 1.344.000 pta). Cantidade solicitada ó Fondo: 53.760 Q (+/- 1.344.000
pta). Cantidade a aportar polo Fondo: 53.760 Q (+/- 1.344.000 pta). Resume: Compra de silos de almacenaxe para
mulleres traballadoras na cooperativa “El Nuevo Amanecer”. Estes silos servirán para saír do autoconsumo,
poder almacenar os grans e posteriormente comercializalos. |
| |
Proxectos en Cuba e Cabo Verde |
 |
A iniciativa do propio Fondo Galego, trabállase tamén
na realización de dous proxectos adicionais a desenvolver en Cuba e Cabo Verde. O primeiro refírese
á elaboración dun “Plan Maestro para a protección da cidade histórica de Santiago de
Cuba”, no que participan a Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Acción Exterior da Xunta
de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela, irmanado co seu homónimo caribeño. Trátase
dunha iniciativa moi salientable, pois a súa realización compromete varios anos e cun investimento
global que supera os 50 millóns de pesetas. O proxecto inclúe a entrega de material técnico,
a capacitación profesional e sobre todo o establecemento das grandes liñas de actuación urbanística
que permitirán non soamente a salvagarda dun patrimonio tan importante senón a súa posta en
valor e dignificación presente e futura.
O segundo proxecto afecta a Cabo Verde. Sabedores de que non podemos chegar cuns recursos tan limitados a tantos
lugares como quixeramos, no Fondo primamos aquelas referencias que nos son máis próximas culturalmente:
unha delas é o mundo da lusofonía. Os contactos iniciados coa Associaçao Nacional dos Municipios
Cabo-verdianos van por bo camiño e moi pronto contaremos cun proxecto de desenvolvemento integral á
medida da identidade e obxectivos asumibles polo Fondo. Contamos ademáis co apoio de galegos coñecedores
da rexión e doutras institucións comprometidas con este tipo de accións. |
| |
Dereitos de autor para o Fondo |
 |
| Antón Cortizas, flamante gañador do Premio Xerais
de literatura infantil, ven de ceder os dereitos de autor da súa obra “Memorias dun río”, a editar
por Sotelo Blanco edicións, para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Antón Cortizas,
xeneroso na súa creación é tamén un home comprometido cos valores esenciais da humanidade. |
| |
Delegación de ONGs de Perú |
 |
Visitou Galicia unha delegación de ONGs de Perú,
formada por:
• Luis Vargas,
director de COLMENA-PERÚ, que é un consorcio de cinco ONGs peruanas que traballan na sierra e na
selva en temas sempre relacionados coa economía popular.
• Betty Leveau,
directora de CEPCO, Centro de Estudios y Promoción Comunal del Oriente. O traballo desta ONG é na
selva alta do Perú. Ten liñas de traballo relacionadas con temas de xénero, educación,
microempresas (crédito e servicios non financeiros como a capacitación), fomento de organizacións
rurais e urbanas de mulleres, desenvolvemento local e agroecoloxía.
• Martín Castellanos Laime, director de PEJ (Programas de Emprego e Xuventude). Traballan nas catro
provincias altas do departamento de Cusco. Liñas de traballo: emprego xuvenil, capacitación, microcréditos,
capacitación técnica, fomento de organizacións rurais. Esta ONG é unha obra social
da Iglesia Católica (Prelatura de Sicuani).
• Pedro Pariona,
presidente do Concejo Directivo de REDES de Huancayo, Departamento de Junín (Sierra Central do Perú).
As liñas de traballo son desenvolvemento local, capacitación para o desenvolvemento a dirixentes
rurais, comunitarios e municipais, traballo con nenos traballadores da rúa, microempresas comunais, crédito
popular, formación sociopolítica.
Durante o encontro intercambiaronse informacións sobre a situación no Perú, a situación
presente e expectativas do Fondo Galego e as posibilidades de levar adiante proxectos de cooperación conxunta. |
| |
Visita de Mahayoub Sidina, representante da Fronte
Polisario |
 |
| O representante en Galicia da Fronte Polisario cumprimentou ao
Fondo Galego. Durante a xuntanza analizouse o esforzo de cooperación de moitos Concellos de Galicia co programa
“Vacacións en Paz” que está a iniciar unha nova andaina, intercambiáronse puntos de vista
sobre o futuro do Sahara Occidental despois das últimas propostas de Nacións Unidas que alonxan as
posibilidades de celebración dun referendo sobre a autodeterminación, e o incremento da colaboración
municipalista coa poboación saharauí a fin de mellorar as súas condicións de vida. |
| |
Atención para a Cooperación en “Tempo
Exterior” |
 |
| O número dous da revista semestral “Tempo exterior”
que edita o IGADI adica boa parte do seu contido á análise da problemática da cooperación
ao desenvolvemento. Este número inclúe artigos de Emilio M. Martínez, presidente da Coordenadora
galega de organizacións non gobernamentais, Xesús R. Jares, profesor da Universidade de A Coruña
e presidente de Nova Escola Galega-Educadores pola Paz, e de Jesús A. Vaquero, director xeral de Relacións
Parlamentarias da Xunta de Galicia. Alfredo Novoa expresa o punto de vista do Fondo Galego sobre a situación
da cooperación na nosa Terra. Poden adquirirse exemplares na Secretaría do Fondo: 986 35 72 38. |
| |
“Diccionario de Acción Humanitaria y cooperación
al desarrollo” |
 |
|
Un excelente e interesante traballo do que son autores: Karlos
Pérez de Armiño (director), Joana Abrisketa, Jokin Alberdi, Marta Areizaga, Alfonso Dubois, Marlen
Eizagirre, María Teresa Gil, Felipe Gómez Isa, Jorge Gutiérrez, Irantzu Mendia, Cristina Maoño,
Clara Murguialday, Jonatan Rapaport, Míchel Sabalza, Norma Vázquez, Néstor Zabala e Patxi
Zabalo.
HEGOA, Instituto de Estudios sobre Desarrollo y Cooperación
Internacional de la Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea, promove esta edición
publicada pola Editorial Icaria (Barcelona). Trátase do primeiro diccionario dedicado especificamente á
acción humanitaria e á cooperación para o desenvolvemento, dous campos que experimentaron
unha notable evolución teórica e técnica.
O diccionario foi elaborado por 17 investigadores membros ou
colaboradores de HEGOA. Nos seus máis de 200 artículos, sintetiza e analiza gran parte dos conceptos,
problemas, enfoques teóricos, métodos de análise, criterios operativos, organizacións
especializadas e acordos internacionais aparecidos durante as últimas décadas no campo humanitario
e no do desenvolvemento. A tal fin, contén aportacións de diferentes disciplinas, dende a economía
á saúde, pasando polos dereitos humanos, as relacións internacionais, a socioloxía
ou os estudios de xénero. Desta forma, constitúe unha ferramenta práctica de consulta e de
estudio, con claridade divulgativa e, á vez, con rigor académico, útil para estudiantes e
profesores en diversas disciplinas, cooperantes e traballadores humanitarios, membros de ONG, funcionarios, periodistas
ou calquera outra persoa interesada na materia.
O diccionario, ao longo das súas 650 páxinas,
proporciona diversas informacións de interés:
- Unha sucinta definición de cada concepto.
- Un desenvolvemento de cada entrada, analizando causas e consecuencias,
debates teóricos, implicacións para a cooperación, etc.
- Unha bibliografía por cada entrada.
- Material gráfico e ideogramas.
- Un detallado índice analítico final para búsquedas
precisas de centos de términos, organizacións, autores, etc, con indicación das páxinas
nas que se mencionan.
- Un índice alfabético inglés/castelán
e castelán/inglés que recolle términos de traducción problemática ou dudosa.
Con esta ambiciosa obra colectiva, HEGOA pretendeu sintetizar,
clarificar e divulgar os debates internacionais no campo da cooperación, a acción humanitaria e os
problemas do desenvolvemento en xeral. O diccionario é un instrumento ideal tamén para incrementar
a sensibilización social ao respecto, así como a capacitación técnica e a calidade
da cooperación. A obra pode adquirirse en calquera libraría (ISBN: 84-7426-502-9) ou tamén
por correo en ICARIA editorial, SA. Ausiàs Marc, 16-3º 2ª. 08010-Barcelona. Tel: 93 301 17 23.
Fax: 93 317 82 42.
e-mail: icarialp@terrabit.ictnet.es
Internet: http://www.icariaeditorial.com
|
| |
Seminario sobre “Municipalismo e cooperación
internacional” |
 |
A posta en marcha do Fondo permitiu abrir unha nova dinámica
de cooperación en Galicia, con máis recursos e máis participación. Estamos na metade
do mandato das actuais Corporacións locais e sería interesante facer balance da situación
e definir as principais liñas de reforzamento destas políticas a fin de que ao remate do mesmo poidamos
ofrecer un panorama distinto e máis alentador.
Ademáis de reflexionar sobre o modelo da cooperación municipalista e o papel do Fondo Galego, nesta
xornada de traballo debatiremos sobre o enfoque concreto da cooperación dende as institucións locais,
a xenérica adscripción a benestar social, a relación cos irmanamentos, a fragmentación,
a inexistencia de responsables de cooperación, a capacitación do persoal, os vencellos coa acción
exterior xeral, etc. Será en novembro e cun decálogo que nos permita comezar o 2002 con indicacións
claras tanto a nivel político como orzamentario. |
| |
O IGADI, premio da Fundación “Lois Peña
Novo” do ano 2001 |
 |
| O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional
que, como é sabido, exerce a Secretaría do Fondo Galego, recibiu o pasado día 28 de xuño
no Castelo de Soutomaior un dos premios que a Fundación “Lois
Peña Novo” outorga cada ano. Nesta edición
foron premiados tamén o Concello de Muros, o Instituto da Lingua Galega e o fiscal Carlos Varela. O premio
foille concedido ao Igadi polo seu labor de creación e difusión de información internacional
en lingua galega. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Pobra do Caramiñal |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| As Pontes |
O Valadouro |
Ferrol |
A Estrada |
| Ares |
Quiroga |
Montederramo |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
O Barco |
Baiona |
| Betanzos |
|
O Carballiño |
Cangas |
| Boiro |
|
O Irixo |
Gondomar |
| Brión |
|
Ourense |
Moaña |
| Cabanas |
|
Vilar de Santos |
Nigrán |
| Carral |
|
|
O Porriño |
| Cedeira |
|
|
O Rosal |
| Cerceda |
|
|
Poio |
| Corcubión |
|
|
Pontecesures |
| Culleredo |
- |
- |
Pontevedra |
| Fene |
- |
- |
Redondela |
| Ferrol |
- |
- |
Soutomaior |
| Lousame |
- |
- |
Vigo |
| Mugardos |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Narón |
-
|
| Neda |
| Noia |
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 04/07/2001
Fernando Pol
|
|