|
|
|

Número
30 - 1 de agosto de 2001 |
| |
| |
|
A cooperación con Santiago de Cuba inicia
unha nova etapa do Fondo Galego |
 |
O pasado 26 de xullo asinouse no Salón Verde do Pazo de
Raxoi un Convenio de cooperación entre o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a municipalidade
de Santiago de Cuba. Alfredo Novoa e Luís Enrique Ibáñez Arranz asinaron en presencia do alcalde
de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cidade irmanada coa súa homónima de Cuba, nun acto
ao que tamén asistiu o cónsul xeral da República de Cuba en Galicia, Humberto Fernández
Reinoso, e outras personalidades.
O obxecto deste Convenio é a realización dun Plan Maestro para a revitalización da cidade
histórica de Santiago de Cuba. O importe total desta actuación ascende a 58.400.000 de pesetas (350.991,06
euros), a executar en catro exercicios, ata o 2004. O importe da actuación do exercicio 2001 ascende a 10.000.000
pta. No financiamento da operación participan os Concellos galegos, a través do Fondo, e a Xunta
de Galicia, a través da Secretaría Xeral de relacións coa Unión Europea e Acción
exterior. A execución correrá por conta da “Oficina de Planeamento”, autores do Plan Especial de
protección e rehabilitación da cidade histórica de Santiago de Compostela.
O proxecto, pola súa envergadura económica e a naturaleza das actuacións previstas, inaugura
unha nova etapa na andaina do Fondo Galego, preocupado por fomentar un modelo de cooperación atento ao desenvolvemento
de políticas de democratización e de benestar con atención específica para aqueles
ámbitos de actuación nos que o municipalismo acredita unha certa experiencia. Falemos de participación
cidadá ou de mellora da calidade de vida (rede de saneamento, electrificación, e outros servicios),
os Concellos galegos poden aportar unha solidariedade xenuina, singular, que ningún outro actor da cooperación
está en condicións de desenvolver. |
| |
Galicia coa poboación do Sáhara |
 |
Chega o verán e numerosos Concellos, moitos deles integrados
no Fondo, colaboran coa Asociación de Solidariedade coa Causa Saharauí, xestionando a acollida de
nenos e nenas dos campamentos. Este ano repetirase a experiencia e, estamos convencidos, con idéntico ou
superior éxito aos anteriores.
Actividades doutro signo pero con idéntico denominador común están xa programadas para os
vindeiros meses. Os días 28, 29 e 30 de setembro reunirase na Toscana (Italia) a Conferencia Europea de
Cidades Irmanadas e/ou Solidarias co Pobo Saharuí. O seu obxectivo é ofrecer un lugar de encontro
a todas as entidades locais solidarias co pobo saharauí para confrontar e reforzar as súas experiencias,
aumentar a rede de solidariedade aos municipios que aínda non están irmanados, afondar nas temáticas
comúns, e, sobre todo, exercer unha presión coordinada sobre os gobernos europeos a fin de que se
realice o pleno exercicio do dereito á autodeterminación do Pobo Saharauí e que se salvagarde
a paz na rexión do Magreb.
Igualmente, en Sevilla, os días 23, 24 e 25 de novembro está prevista a celebración da 27ª
Conferencia Europea de coordinación do apoio ao pobo saharaui. ¿Os seus obxectivos? Expresar o apoio
de todos os Comités de Solidariedade á xusta causa do Pobo Saharauí e á Fronte Polisario,
de forma organizada e permanente; concretar un Plan de Actuación para o ano 2002 que impulse as iniciativas
orientadas a respectar os lexítimos dereitos do Pobo Saharauí nos diferentes ámbitos: político,
económico, social e de cooperación; impulsar accións de mobilización social e da opinión
pública a nivel internacional; esixir á ONU e á UE que fagan valer os acordos contidos no
Plan de Paz, presionando ao Goberno de Marrocos para evitar o retorno ás hostilidades.
Máis información sobre estas iniciativas na Secretaría do Fondo Galego: 986 35 72 38. |
| |
Lecturas para o Verán |
 |
• “La
cooperación al desarrollo en un mundo en cambio”,
Manuel Gómez Galán e José Antonio Sanahuja (coordinadores), CIDEAL, Madrid, 2001. Páxinas,
375.
Os profundos e acelerados cambios que actualmente se están producindo na sociedade internacional dan lugar,
entre outras consecuencias, a unha revisión dos fundamentos, obxectivos e instrumentos da cooperación
ao desenvolvemento que debe cumprir a súa función nun escenario diferente ao de décadas anteriores.
O nacemento e progresiva configuración dunha sociedade de ámbito mundial con novas características
e contradiccións e, á par, con urxentes necesidades ás que se debe dar resposta, implica un
necesario reprantexamento de certos aspectos da cooperación ao desenvolvemento que, dende diferentes perspectivas
converxentes, son tratados neste libro.
• “Otra perspectiva de la Cooperación al desarrollo
del estado español”, Luis Nieto Pereira (coordinador),
Paz con Dignidad, Madrid, 2000. Páxinas, 132.
Do postfacio de José Ramón González Parada: “A axuda ao desenvolvemento é como unha
cebola, construída en capas, e cando a abrimos fainos chorar. O núcleo duro se concentra nas capas
máis duras do xeopolítico, da política económica global, e nese nivel interior a evolución
da axuda ao desenvolvemento debe interpretarse á lus (ou escuridade) dos cambios na xeopolítica do
mundo e no avance da globalización do mercado.
As capas externas da cebola –a súa parte máis visible– o forman os problemas técnicos e sociais,
a ideoloxía –como resumen e imaxe externa– o envoltorio da propaganda”. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Pobra do Caramiñal |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| As Pontes |
O Valadouro |
Ferrol |
A Estrada |
| Ares |
Quiroga |
Montederramo |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
O Barco |
Baiona |
| Betanzos |
|
O Carballiño |
Cangas |
| Boiro |
|
O Irixo |
Gondomar |
| Brión |
|
Ourense |
Moaña |
| Cabanas |
|
Vilar de Santos |
Nigrán |
| Carral |
|
|
O Porriño |
| Cedeira |
|
|
O Rosal |
| Cerceda |
|
|
Poio |
| Corcubión |
|
|
Pontecesures |
| Culleredo |
- |
- |
Pontevedra |
| Fene |
- |
- |
Redondela |
| Ferrol |
- |
- |
Soutomaior |
| Lousame |
- |
- |
Vigo |
| Mugardos |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Narón |
-
|
| Neda |
| Noia |
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 31/07/2001
Fernando Pol
|
|