Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 41 - 3 de xuño de 2002
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    O Fondo Galego reunirá en Vigo aos Fondos de Cooperación    
nº 040 - 22/05/2002
nº 039 - 01/05/2002
nº 038 - 09/04/2002
nº 037 - 18/03/2002
036 / 035 / 034 / 033
032 / 031 / 030 / 029
028 / 027 / 026 / 025
024 / 023 / 022 / 021
020 / 019 / 018 / 017
016 / 015 / 014 / 013
012 / 011 / 010 / 009
008 / 007 / 006 / 005
004 / 003 / 002 / 001
Xunta e Fegamp respaldan activamente ao Fondo Galego
Iniciativa privada
O Fondo Galego co PNUD
As novas tecnoloxías do noso lado
Solidariedade con Palestina
Comisión Interterritorial
Cooperación ao desenvolvemento
Audiencia con Manuel Fraga
Deputación de A Coruña
Mapa de socios do Fondo Galego

Volver ó sumario
O Fondo Galego reunirá en Vigo aos Fondos de Cooperación
O próximo día 27 de xuño, coincidindo coa celebración do noso quinto aniversario, reunirase en Galicia, na cidade olívica, a Confederación de Fondos do Estado español, unha plataforma que agrupa a todos os Fondos municipalistas de cooperación existentes en España: Catalán, Basco, Mallorquí, Menorquí, de Eivissa (Ibiza), Valencia, e Andaluz. A reunión estará presidida por Joan Aguado, alcalde de Vilafranca del Penedès e máximo representante do Fons Catalá. Os asistentes manterán unha reunión de traballo durante toda a mañán, na que poderán participar os membros da Comisión Executiva do Fondo Galego. Así mesmo, manterán un encontro cos medios de comunicación e co alcalde do Concello de Vigo, Lois Pérez Castrillo.

É a segunda vez que a Confederación se reúne en Galicia. Ao pouco de nacer o noso Fondo, en febreiro de 1998, reuníranse tamén en Santiago de Compostela para expresar a súa unánime satisfacción e ledicia por esa realidade emerxente que hoxe podemos certamente consolidar, cinco anos despois, cun incremento substancial das accións e do papel do municipalismo no ámbito da cooperación descentralizada.
 
Volver ó sumario
Xunta e Fegamp respaldan activamente ao Fondo Galego
Nas últimas semanas concretáronse numerosos avances que evidencian o alto nivel de sintonía existente entre as diferentes administracións públicas para impulsar a cooperación ao desenvolvemento. En primeiro lugar, ademais do convenio de sensibilización, a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior rubricou o Convenio para continuar co proxecto de Santiago de Cuba, para a revitalización da cidade histórica, de xeito que neste exercicio daremos un novo impulso a esta iniciativa completando o diagnóstico urbanístico, ampliando a formación de técnicos, poniendo en valor o seu patrimonio cultural e adquirindo novos soportes materiais que faciliten a realización dos traballos. Ademais, o convenio asinado pola citada Consellería coa Fegamp será xestionado polo Fondo Galego a través dun protocolo de execución que inclúe a realización de actuacións en Cabo Verde e Guatemala, así como un curso de formación de 100 horas e actividades de investigación en materia de irmanamentos, emigración e cooperación exterior.
 
Volver ó sumario
Iniciativa privada
Ese mesmo espíritu de colaboración seduce aos actores privados. A empresa de pinturas Meldorf vén de amosar a súa disposición a colaborar co Fondo para que no proxecto de Santiago de Cuba, moi importante pola súa envergadura e polo que supón de especialización da cooperación municipalista, se habilite un segmento de recuperación da imaxe urbana a través do pintado de doce mazáns do seu centro histórico. O Fondo Galego agradece a Meldorf a súa desinteresada colaboración neste novo impulso do intercambio entre Galicia e Cuba, entre os municipios galegos e Santiago de Cuba.
 
Volver ó sumario
O Fondo Galego co PNUD
Representantes dos Fondos e do PNUD (Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento) reuníronse en Barcelona o 9 de abril para analizar as posibilidades de cooperación, habida conta que algúns dos seus proxectos se desenvolven nalgúns países onde os Fondos executan programas. O intercambio de información e a posible adhesión dos Fondos ao PDL (Programa de Desenvolvemento a nivel Local) constitúen os dous eixos principais de encontro.
 
Volver ó sumario
As novas tecnoloxías do noso lado
En poucos meses contaremos cun Cd-Rom no que se recollerá toda a información existente na nosa páxina web, de xeito que, nun formato accesible e económico, facilmente actualizable, procuraremos a todos os interesados todos os detalles da nosa identidade, funcións e obxectivos.
 
Volver ó sumario
Solidariedade con Palestina
No anterior Infórmate a Fondo, dábamos conta da creación do Fondo de Emerxencia e da súa primeira actividade: impulsar a solidariedade con Palestina. Coa colaboración da organización galega da Marcha Mundial de Mulleres e da Fundación Araguaney, o proceso está en marcha e vén de recibir un importante respaldo cos irmanamentos de Oleiros con Ienín e de Santiago de Compostela con Belén. O pobo palestino merece e precisa a nosa solidariedade.
 
Volver ó sumario
Comisión Interterritorial
O pasado 20 de maio reuniuse en Madrid co obxecto principal de analizar o impacto ambiental en materia de cooperación, se ben non puido concluírse por defectos graves na convocatoria. Esta Comisión depende do Ministerio de Asuntos Exteriores e nela tamén participa o Fondo Galego.
 
Volver ó sumario
Cooperación ao desenvolvemento
A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia vén de aprobar o Anteproxecto da Lei de Cooperación ao Desenvolvemento, fundamental para definir o contexto legal e normativo da cooperación en Galicia. Alfredo Novoa, presidente do Fondo, participou nunha primeira xuntanza de debate celebrada o pasado 13 de maio e que volverá a reunirse o próximo 24 de xuño. O pasado día 31 de maio, a Comisión Executiva, debatiu e deu o seu visto e prace ao parecer do Fondo Galego a respecto do Anteproxecto, saudando positivamente a iniciativa e propondo algúns cambios e melloras. Todos os interesados poden consultar este documento na rede ou solicitalo á Secretaría: 986 357238.
 
Volver ó sumario
Audiencia con Manuel Fraga
Con motivo de cumprirse próximamente o quinto aniversario da constitución do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, o presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, recibirá á totalidade dos integrantes da súa Comisión Executiva.
 
Volver ó sumario
Deputación de A Coruña
É a terceira en entrar. Unicamente nos queda como floco pendente, Lugo, e agardamos que por pouco tempo. A asociación desta Deputación supón un novo e importantísimo respaldo ao Fondo Galego, ao que se sumarán en breve os concellos de Caldas de Reis e Lalín, na provincia de Pontevedra.
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Lugo Deputación Deputación
A Coruña Mondoñedo Allariz A Cañiza
A Pobra do Caramiñal O Valadouro Ferrol A Estrada
As Pontes Quiroga Montederramo A Guarda
Arteixo Samos O Barco Baiona
Bergondo Sarria O Carballiño Bueu
Betanzos   O Irixo Cangas
Boiro   Ourense Cuntis
Brión   Vilar de Santos Gondomar
Cabanas     Moaña
Carral     Nigrán
Cedeira     O Porriño
Cerceda     O Rosal
Corcubión     Poio
Culleredo     Pontecesures
Fene - - Pontevedra
Ferrol - - Redondela
Lousame     Rodeiro
Mugardos - - Soutomaior
Narón - - Vigo
Neda - - Vilagarcía de Arousa
Noia

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Santiago
Vimianzo
 
 

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 02/06/2002
Fernando Pol


Subir