| |
| |
O Fondo Galego coas vítimas do tsunami |
 |
|
Dende o inicio mesmo da traxedia en Asia, o Fondo Galego adiantou
a súa convicción de que, non existindo capacidade para responder en situación de emerxencia,
o compromiso da solidariedade galega en xeral e do municipalismo en particular, debía orientarse a garantir
a actuación posterior, cando as vítimas deixaran paso nos informativos a outras realidades e cando
o esquecemento rodee a súa traxedia.
Numerosos concellos e deputacións de Galicia, numerosos
traballadores da función pública local, cidadáns a titulo individual e colectivos veciñais
e sociais, comprenderon e apoiaron esta opción, entendemos que a mais realista, e fixeron contribucións
que aínda hoxe mesmo están a medrar, para que a nosa solidariedade servise, na medida do posible,
a un dobre obxectivo: reconstrución da zona e prevención de futuros cataclismos como o vivido.
O Fondo Galego está a traballar neste momento na primeira
dirección, unindo o seu esforzo ao doutros Fondos existentes en España e outros colectivos. O PNUD,
Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento, en New York e en Sri Lanka están dispostos a liderar
as xestións necesarias para promover un proxecto de desenvolvemento local en materia de prevención
da vulnerabilidade, ambiental e social. Estase a formular unha misión de identificación na que participarán
representantes do PNUD e dos Fondos de cooperación e outros socios e aliados, tanto locais como europeos.
|
| |
| |
Síntomas de maior identificación
coa cooperación |
 |
|
Numerosos concellos asociados adiantaron xa o pago das súas
achegas correspondentes ao exercicio de 2005. A día de hoxe, podemos confirmar os abonos de Caldas de Reis,
Carballo, Rianxo, Rodeiro, Pontecesures, Poio, Soutomaior, Cabanas, Betanzos, Lousame e Arteixo. Constatase igualmente
unha progresiva normalización das cotas en atraso que causaron en 2004 un déficit do noso balance
do exercicio.
|
| |
| |
Xornadas do Bloque sobre cooperación descentralizada |
 |
|
O pasado sábado día 5 de marzo, o Bloque Nacionalista
Galego organizou unhas xornadas de reflexión sobre a cooperación e de presentación do Fondo
Galego. Nelas participaron, entre outros, Emilio Martínez, da coordinadora de ONGDs e Xulio Ríos,
director do Fondo. Anxela Bugallo, secretaria de política municipal do BNG, salientou o compromiso de apostar
pola sensibilización da base militante e dos cargos nacionalistas para que a solidariedade comece a figurar
na axenda política local.
|
| |
| |
O Partido Popular prepara as súas xornadas
sobre cooperación |
 |
|
Tamén o Partido Popular está a programas as súas
xornadas sobre este particular, cumprindo así o compromiso que todas as forzas políticas asumiron
nas Xornadas Anuais de Cooperación que celebramos o pasado novembro en Vigo. Beatriz González Loroño,
deputada, coordina esta actuación, en estreito contacto coa dirección técnica do Fondo Galego.
|
| |
| |
Primeiras reunións da Rede en 2005 |
 |
|
As reunións da rede que coordina e define as actividades
e o calendario de sensibilización do Fondo Galego inícianse en Vigo o 11 de marzo, e seguirán
o seu periplo por toda a nosa Comunidade nas próximas semanas. A fluidez do contacto e do coñecemento
entre a Secretaría do Fondo e os concellos asociados aconsellan a participación nestas xuntanzas
para reforzar os actuais vínculos. Participar no Fondo non debe significar simplemente unha transferencia
económica, senón a asunción da cooperación como unha liña de traballo especifica
no eido local que ten como contrapartida esencial, dar a coñecer á cidadanía esa implicación,
os seus obxectivos e resultados, e para iso é fundamental desenvolver actividades para as que resulta imprescindible
a identificación por parte do propio concello dos seus intereses primeiros.
|
| |
| |
Misión en Cabo Verde |
 |
|
A recente visita a Cabo Verde permitiu comprobar in situ a execución
dos proxectos financiados nos últimos anos, intercambiar impresións cos Alcaldes dos municipios onde
actuamos e definir, en colaboración coa Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde, as liñas
básicas dun programa de actuación que pretendemos implementar nos próximos anos. A resultas
da misión e dos proxectos identificados, o Fondo Galego e a Xunta de Galicia reforzarán as súas
actuacións no arquipélago. Igualmente, procurase a implicación da AECI nesta estratexia e
os primeiros pasos xa se deron nunha xuntanza celebrada en Madrid o pasado día 3 de marzo. Nesta nova liña
de actuación tamén estudan implicarse algunhas Cámaras do veciño Portugal, con quen
o Fondo estableceu contactos.
|
| |
| |
Novas Publicacións |
 |
|
Xa está dispoñible a edición da Declaración
Programática e os Estatutos do Fondo Galego. Igualmente, a Memoria correspondente ás actividades
desenvolvidas en 2004, e a declaración do Parlamento Galego en apoio ós obxectivos do Milenio. Outras
publicacións sumaranse en breve ó catálogo informativo do Fondo Galego para que todos os asociados
dispoñan do material básico para poder dar conta á cidadanía do sentido, orientación
e intereses que xestiona esta entidade.
|
| |
| |
Representación da FEGAMP e do Fondo Galego
na Comisión Interterritorial |
 |
|
Finalmente, serán a Deputación de Pontevedra e
os concellos de Arteixo, Allariz e Lugo, todos eles integrantes da Comisión executiva do Fondo, os que representarán
á Fegamp na Comisión Interterritorial de Cooperación que reúne as diferentes administracións
que en Galicia xestionan políticas de cooperación internacional. Ademais, o Fondo estará representado
polo seu Presidente e o Secretario. Este organismo vaise constituír proximamente, con toda probabilidade
neste mes de marzo.
|
| |
| |
O Fondo Galego na web da FEGAMP |
 |
|
Os contidos que en materia de cooperación e solidariedade
internacional incorpore a nova web da FEGAMP, www.fegamp.es, serán
facilitados polo Fondo Galego, reforzando así a vinculación existente entre ambas entidades que xa
acordaron tamén actualizar as súas relacións a través dun novo convenio.
|
| |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Guitiriz |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Lugo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Mondoñedo |
O Barco |
A Estrada |
| Ames |
Monforte |
O Irixo |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
Ourense |
Baiona |
| As Pontes |
Sarria |
Ribadavia |
Bueu |
| Bergondo |
|
Vilar de Santos |
Caldas de Reis |
| Betanzos |
|
|
Cangas |
| Boiro |
|
|
Cuntis |
| Brión |
|
|
Gondomar |
| Cabanas |
|
|
Moaña |
| Cambre |
|
|
Mos |
| Carballo |
|
|
Nigrán |
| Carral |
|
|
O Porriño |
| Cedeira |
|
|
O Rosal |
| Cerceda |
|
|
Poio |
| Culleredo |
|
|
Pontecesures |
| Fene |
|
|
Pontevedra |
| Ferrol |
|
|
Redondela |
| Lousame |
|
|
Rodeiro |
| Mugardos |
- |
- |
Soutomaior |
| Narón |
- |
- |
Vigo |
| Neda |
|
|
Vilagarcía de Arousa |
| Noia |
-
|
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
|
| |
|
|
|
| |