|
Excelente acollida do Programa “Vacacións con
traballo”
Cooperación galega: máis infraestruturas
para un cambio necesario
A constitución da Comisión Interterritorial e do Consello Galego de Cooperación ó Desenvolvemento
consolida a armazón da cooperación galega para enfrontar a nova etapa que se abriu coa aprobación
da lei da cooperación en xuño de 2003. Xunto á configuración dos órganos, o
informe favorable do Plan Director 2005-2008 e do Plan Anual, perfilan unha visión participativa e estratéxica,
de xeito que todos os actores da cooperación poidamos compartir unha mesma orientación e unhas mesas
prioridades.
Na Comisión Interterritorial, o Fondo Galego está
representado polo presidente e o secretario. Ademais, na representación da FEGAMP, os catro titulares (Deputación
de Pontevedra, concellos de Lugo, Allariz e Arteixo), forman parte da Comisión Executiva do Fondo Galego.
No Consello, o representante do Fondo é o secretario da nosa entidade. Nos documentos aprobados, que agora
deberán ser remitidos pola Xunta de Galicia ó Parlamento, recóllense moitas das suxestións
e propostas adiantadas polo Fondo durante o proceso de debate previo. Esa vontade de consenso permitiu que todas
as propostas saísen adiante por unanimidade. Cómpre agora asentala e desenvolvela cunha práctica
acorde coa demanda dun cambio cualitativo na intensidade e nas formas da cooperación galega, que todos os
actores compartimos, de principio a fin.
Avaliando para seguir mellorando
O Fondo Galego prepara as primeiras
Xornadas de Avaliación
O Fondo Galego organiza as primeiras Xornadas de Avaliación
co propósito de estudar a complexidade dos procesos de intervención nas comunidades do Sur respaldadas
por este organismo e así seguir mellorando e avanzando na construción dun modelo de cooperación
que propicie un desenvolvemento máis xusto para todos.
Estas primeiras Xornadas estarán dedicadas a Nicaragua,
país que pese a rexistrar un lixeiro avance este último ano no Índice de Desenvolvemento Humano
(IDH) do PNUD –ao abandonar o posto 121 e situarse no 118 dun total de 177 países–, continúa sendo
un dos países máis empobrecidos de América Latina.
Dende a creación do Fondo, Nicaragua, ten sido un dos
países elixidos á hora de destinar recursos humanos e económicos para levar adiante proxectos
de cooperación, tanto ordinarios como extraordinarios, cun orzamento de máis de 150.000 euros e unha
presenza case anual con oito proxectos desenvolvidos en total.
Con estas Xornadas non soamente queremos analizar a incidencia
dos procesos de intervención no Sur, tamén estudaremos cómo o ámbito local tense revelado
como o escenario idóneo para un desenvolvemento máis humano e sostible, o lugar que favorece a ampliación
das capacidades das persoas a nivel económico, cultural e social e propicia unha nova dinámica de
cooperación onde as entidades locais asumen un importante protagonismo á hora de definir e impulsar
outras prácticas de desenvolvemento.
Nelas participarán actores diversos e contaremos coa
singular aportación de Gladys Cáceres, de INPRU-SOMOTO, con quen colaboramos dende hai anos, e as
ONGDs ás que lle financiamos proxectos na zona. O propósito é incorporar tamén outras
experiencias municipais doutras comunidades, afondar na relación cos irmanamentos, e concluír un
catálogo de recomendacións e boas prácticas que nos permitan gañar en resultados do
noso traballo. Por iso, tamén estará presente un representante da Oficina de Seguimento de proxectos
de Managua.
Será o 24 de maio en Ferrol.
O Fondo visita o Concello de Vigo
O pasado 15 de abril, a concelleira de Benestar Social e Participación
Cidadá do Concello de Vigo, Marta Iglesias, recibiu a unha representación da Secretaría Técnica
do Fondo Galego, presidida polo secretario da entidade, Xulio Ríos, para intercambiar impresións
e identificar fórmulas que permitan reforzar no futuro as relacións existentes. A concelleira amosou
a súa sintonía coa labor que desempeña o Fondo e manifestou o seu interese pola programación
de sensibilización, tanto no que atinxe ás exposicións que poidan dinamizarse en colaboración
con outros departamentos do Concello, como igualmente ó programa Vacacións con Traballo.
Máis achegas de concellos para os damnificados
do Tsunami
Coas seguintes aportacións: Concello de Guitiriz, 3.825,21
euros; Concello de Cambre, 3.786,31 euros; e Concello de Arteixo, 21.200 euros, o total de diñeiro recadado
para os damnificados do Tsunami ascende á cantidade de 53.342,65 euros, que serán destinados ao financiamento
dunha actuación que conta co aval do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento.
Esperanzador ritmo no cobro de cotas
Os concellos asociados continúan adiantando as cotas
correspondentes ao exercicio de 2005. Aos concellos de Caldas de Reis, Carballo, Rianxo, Rodeiro, Pontecesures,
Poio, Soutomaior, Cabanas, Betanzos, Lousame, Arteixo, Cerceda, Gondomar, O Irixo, Oleiros, Samos, Santiago de
Compostela e a Deputación de Pontevedra, sumáronse Outes, Noia, Neda, O Rosal, Baiona, Bergondo,
Cambre e Culleredo, o que representa máis dun 38% dos socios.
Xornadas do Partido Popular sobre Cooperación
O Partido Popular de Galicia organiza en Cambados o próximo
día 27 de maio un encontro sobre cooperación, con especial énfase no local, que contará
coa participación de Xosé Manuel Barreiro Fernández, vicepresidente segundo da Xunta. O encontro
preséntase como unha oportunidade para que a mensaxe da cooperación cale con maior intensidade en
dirixentes do partido e representantes institucionais.
Máis altas
Entre as novas altas rexistradas nas últimas semanas,
cómpre dar conta das notificadas por parte do Concello de Manzaneda (Ourense) e Cambados (Pontevedra).
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Guitiriz |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Lugo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Mondoñedo |
Manzaneda |
A Estrada |
| Ames |
Monforte |
O Barco |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
O Irixo |
Baiona |
| As Pontes |
Sarria |
Ourense |
Bueu |
| Bergondo |
|
Ribadavia |
Caldas de Reis |
| Betanzos |
|
Verín |
Cambados |
| Boiro |
|
Vilar de Santos |
Cangas |
| Brión |
|
|
Cuntis |
| Cabanas |
|
|
Gondomar |
| Cambre |
|
|
Moaña |
| Carballo |
|
|
Mos |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Cedeira |
|
|
O Porriño |
| Cerceda |
|
|
O Rosal |
| Culleredo |
|
|
Poio |
| Fene |
|
|
Pontecesures |
| Ferrol |
|
|
Pontevedra |
| Lousame |
|
|
Redondela |
| Mugardos |
|
|
Rodeiro |
| Narón |
- |
- |
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
|
|
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
-
|
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
| |
|