Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 92 - 24 de xullo de 2006
 
 

Contra da calor: solidariedade!

O Fondo Galego non pecha por vacacións, porque a solidariedade non se pode aparcar nin sequera nos meses de verán; así que, contra da calor propomos a receita da solidariedade, para a que, infelizmente, nunca faltan razóns.

Nestes días, sen ir máis lonxe, asistimos a novas masacres en Oriente Próximo que serven para profundar máis a terrible inxustiza na que vive o pobo palestino.

No Fondo Galego recibimos un comunicado do Comité de Traballo para a Saúde, no que se inserta a organización de mulleres palestinas UPWC, coa que temos traballado durante o pasado ano 2005, no que se apela á Comunidade Internacional e a súa solidariedade, No Fondo queremos amosar o noso apoio ao Pobo palestino achegando o comunicado como anexo ao Infórmate a Fondo deste mes.


  Pepe Carreiro, clic para aumentar
Pepe Carreiro, debuxante e humorista galego, no momento da sinatura da obra “Socialización da saúde”. (Foto: ©igadi.org 28/06/2006).
 
Continuamos revirando o milenio

A finais do mes de xuño, o día 28, tivo lugar a Reviravolta pola Saúde como Dereito Universal na cidade de Pontevedra, na que se trataron aqueles Obxectivos do Milenio relacionados coa saúde:

• Obxectivo 4:

Reducir a mortalidade infantil.

• Obxectivo 5:

Mellorar a saúde das nais.

• Obxectivo 6:

Combater a VIH/SIDA, a malaria e outras enfermidades.

A persoa encargada de analizar o tema, a “voz de alá”, foi Ana María Pizarro, directora do centro alternativo feminista SI MUJER, e membro do Consello Consultivo da Rede de Saúde das Mulleres Latinoamericanas e do Caribe.

Estivo acompañada de Pepe Carreiro como “voz de aquí”, debuxante galego, pai do Bolechas, que, cos seus trazos irónicos reclamou a socialización da saúde.

Margarita Castejón, concelleira de Asuntos Sociais e representante do Fondo Galego en Pontevedra, xunto con Juan Antonio Martín Tejedor, delegado en Pontevedra da Consellería de Sanidade, acompañaron na mesa ás nosas “voces comprometidas”.

Do mesmo xeito, o pasado xoves, 13 de xullo, contamos coa visita de Roberto Bissio en Allariz para desenvolver a Reviravolta por un Desenvolvemento Sostible, co

• Obxectivo do Milenio nº 7 de fondo,

Garantir a sostenibilidade do medio ambiente:

- Integrar os principios de desenvolvemento sostible nas políticas e programas dos países; inverter a tendencia a que perdan os recursos naturais.

- Reducir á metade a porcentaxe de persoas que carece dun acceso sostible a unha auga potable segura.

- Lograr que para 2020 mellore substancialmente a vida de 100 millóns de persoas que habitan en chabolas.

Roberto Bissio, xornalista uruguaio recoñecido en temas de desenvolvemento, director do Instituto do Terceiro Mundo de Uruguai e coordinador da rede internacional Social Watch, estivo acompañado esta vez por un representante da escena galega e excelente contador de historias, Cándido Pazó, quen fixo do sorriso un eco solidario.


SOSI

No mes de xuño botou a andar unha nova iniciativa do Fondo Galego: O Servizo de Orientación á Solidariedade Internacional (SOSI). O obxectivo é achegarnos a novos concellos galegos e ofrecerlles os nosos servizos en materia de cooperación ao desenvolvemento. Ampliar a nosa rede é fundamental para a consolidación do Fondo Galego e para facer da cooperación unha realidade máis sólida na esfera local.


A nosa cooperación directa

Os proxectos de cooperación directa planeados para o ano 2006-2007 teñen o arquipélago de Cabo Verde como protagonista, e a Dirección Xeral de Cooperación da Xunta de Galicia como cofinanciadora:

Cámara Municipal de Ribeira Grande

• Proxecto 1: “Construción dun Centro Socio-comunitario”. Monto total do proxecto, 44.406 euros; monto solicitado, 36.280; achega da Xunta de Galicia, 31.280; achega do Fondo Galego, 5.000; achega da Cámara, 8.126.

Cámara Municipal de Santa Cruz

• Proxecto 2: “Construción dunha escola infantil”. Monto, 22.675 euros; achega Xunta de Galicia, 21.675; achega do Fondo Galego, 1.000.

Cámara Municipal de San Miguel

• Proxecto 3: “Capacitación de xoves”. Monto total, 40.015 euros; monto solicitado, 33.666; achega Xunta de Galicia, 28.666; achega Fondo Galego, 5.000; achega da Cámara, 6.349.

• Proxecto 4: “Conexións domiciliarias en Flamengos”. Monto, 22.312 euros; Achega Xunta de Galicia, 21.312; achega Fondo Galego, 1.000.

Cámara Municipal de San Lourenzo

• Proxecto 5: “Formación profesional básica en canalización hidráulica, electricidade básica e electricidade industrial”. Monto, 36.280 euros; achega Xunta de Galicia, 35.280; achega Fondo Galego, 1.000.

Cámara Municipal de San Filipe

• Proxecto 6: “Abastecemento de auga potable”. Monto total: 68.025 euros; monto solicitado, 34.013; achega Xunta de Galicia, 29.013; achega Fondo Galego, 5.000.

Comisión Instaladora de Santa Catarina

• Proxecto 7: “Construción dunha escola”. Monto total: 36.280 euros; monto total solicitado, 36.280; achega Xunta de Galicia, 35.280; achega Fondo Galego, 1.000.

• Proxecto 8: “Diagnose da capacidade municipal”. Monto total: 5.000 euros; monto solicitado, 3.000; achega Xunta de Galicia, 2.500; achega Fondo Galego, 500.

• Proxecto 9: “Seguimento dos Plans Directores Municipais”. Monto total, 5.000 euros; monto solicitado, 3.000; achega Xunta de Galicia, 2.500; achega Fondo Galego, 500.


  Stop ás agresións de Israel, clic para aumentar
Stop ás agresións de Israel, solidariedade cos pobos palestino e libanés. (Cartaz: ©Fernando Pol).
 
Anexo

Chamamento urxente á Comunidade Internacional

Xa é a terceira semana da agresión extrema exercida polas forzas de ocupación israelís sobre Gaza. Esta agresión está tomando unha dirección sanguenta, de accións de terrorismo de Estado organizado que no seu camiño destrutivo ten arrasado cos servizos básicos, a prohibición do paso aos materiais médicos e medicamentos básicos e á axuda humanitaria.

Os pasos de entrada e saída de Gaza continúan pechados, causando o empeoramento da situación sanitaria dos enfermos e a morte dun enfermo fai dous días no paso de Rafah (que une Exipto e Gaza).

Non cesou o cerco sobre os territorios, o exilio forzado de miles de persoas da zona do aeroporto de Rafah e do Norte de Gaza, pois nos últimos días veñen morrendo un palestino por día e máis de cinco feridos cada 24 horas. Máis de 50 mulleres sofren de embarazos de risco debido á falta de recursos médicos, á falta de subministro eléctrico, de auga e de materiais médicos.

A institución Comités de Traballo para a Saúde reitera e reafirma e fatalidade da situación e as inevitables consecuencias derivadas sobre o empeoramento do sistema de saúde en Gaza e o resto dos Territorios Palestinos Ocupados. Todo isto, como causa directa do bombardeo e do bloqueo ao subministro dos hospitais, centros médicos e material médico, xunto co cerco imposto á chegada dos recursos humanos imprescindibles como persoal médico, ambulancias e demais necesidades básicas.

A institución Comités de Traballo para a Saúde valora e avala a decisión do Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas para a formación dun Comité de rexistro dos feitos, a súa condena da agresión, así como a petición do seu cese inmediato, ao tempo que afirma a necesidade da protección internacional do Pobo palestino, inclusive unha protección internacional temporal para a Xerusalén ocupada.

A institución Comités de Traballo para a Saúde contempla a emisión da decisión do Consello de Seguridade referente á condena da agresión das operacións militares israelís, así como nos preocupa e asusta a tardanza da posta en práctica por Israel deste imperativo internacional.

Un feito que está precipitando e agravando o desastre humanitario e sanitario global en Gaza, xa que o material médico e os medicamentos de hospitais, centros médicos e clínicas están practicamente esgotados.

Un feito que está predispoñendo á reaparición de enfermidades non existentes na zona e ao agravamento do tratamento de outras; enfermidades como o cólera, a disentería, diarreas crónicas e deshidratación, desnutrición e enfermidades epidérmicas; inclusive estados físicos con baixas defensas debido á falta de tratamento e medicamentos.

Uns factores que xa están sendo especialmente graves para a infancia, pois máis dun cuarto de millón de nenos están sendo vulnerables ás enfermidades graves e crónicas que afectarán ao seu desenvolvemento e crecemento.

A institución Comités de Traballo para a Saúde está moi preocupada polo empeoramento tan rápido da situación humanitaria e especialmente sanitaria e alimenticia, polo que teme e advirte da impotencia do Sistema de Saúde Palestino, tanto gobernamental como privado, pola imposibilidade de prestar os servizos sanitarios oportunos como consecuencia da falta de subministro eléctricos, de auga e material necesarios para a operatividade de este sector.

Isto vai a facer irremediable o aveciñamento dun desastre humanitario de grande envergadura. As informacións de que dispoñemos afirman que a situación psicolóxica dos nenos e mulleres debido á falta de subministro eléctrico está afectando á saúde mental como si dunha epidemia máis se tratase, así como os bombardeos aéreos e a morte e destrución que están sementando as forzas militares de ocupación israelís son unha ameaza real que afecta tanto á integridade física como psicolóxica.

A institución Comités de Traballo para a saúde chama á Comunidade Internacional para que faga presión ao goberno de ocupación para que cese a agresión sobre a poboación de Gaza, exercendo todos los mecanismos de presión posibles, para que se levante o peche dos pasos con obxecto de permitir a entrada e saída dos enfermos, dos materiais e dos medicamentos, alimentos e demais recursos humanitarios; así como pide á Comunidade Internacional que obrigue a Israel a respectar as súas obrigas en función da Cuarta Convención de Xenebra de 1949.

A institución Comités de Traballo para a Saúde chama á Comunidade Internacional para que exerza a súa forza e experiencia con obxecto de obrigar a Israel a respectar o Dereito Internacional e os Dereitos Humanos, así como respectar o artigo 54 do Protocolo Adicional Primeiro (anexo á Convención de Xenebra do ano 77) que preveñe da obrigación de protexer aos civís e as súas necesidades, a non destrución das súas instalacións e tamén a protección dos recursos alimenticios, médicos e demais. Inclusive a prohibición do uso do castigo colectivo acorde co artigo 33 da Cuarta Convención de Xenebra de 1949.

A institución Comités de Traballo para a Saúde chama ás institucións sanitarias e humanitarias locais, árabes e internacionais para que protexan aos nenos, mulleres, anciáns e civís en xeneral na Franxa de Gaza e no resto dos Territorios Palestinos, inclusive Xerusalén, provendo da axuda humanitaria de emerxencia para frear o empeoramento da situación global das institucións sanitarias e humanitarias.

Comités de Traballo para a Saúde
(Health Work Committees).

Galiza, 10 de xullo de 2006.



Mapa de socios do Fondo Galego

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Castroverde Deputación Deputación
A Coruña Guitiriz A Teixeira A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Lugo Allariz A Estrada
Ames Mondoñedo Castrelo de Miño A Guarda
Arteixo Monforte Castrelo do Val Baiona
As Pontes Monterroso Entrimo Bueu
Bergondo Samos Gomesende Caldas de Reis
Betanzos Sarria Manzaneda Cambados
Boiro Triacastela O Barco Cangas
Brión Viveiro O Irixo Cuntis
Cabanas   Oimbra Gondomar
Cambre   Ourense Moaña
Carballo   Ribadavia Mos
Carral   San Cibrao das Viñas Nigrán
Cedeira   Sandiás O Porriño
Cerceda   Verea O Rosal
Corcubión   Verín Poio
Culleredo   Vilar de Santos Pontecesures
Fene     Pontevedra
Ferrol     Redondela
Lousame     Rodeiro
Mugardos     Salvaterra de Miño
Narón     Soutomaior
Neda - - Vigo
Noia - - Vilagarcía de Arousa
Oleiros Mapa de Socios do Fondo Galego
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Sada
Santiago
 
 
 

 
Descarga o boletín en formato pdf.
 

Números anteriores: 091 / 090 / 089 / 088 / 087 / 086 / 085 / 084 / 083 / 082 / 081 / 080 / 079 / 078 / 077 / 076 / 075 / 074 / 073 / 072 / 071 / 070 / 069 / 068 / 067 / 066 / 065 / 064 / 063 / 062 / 061 / 060 / 059 / 058 / 057 / 056 / 055 / 054 / 053 / 052 / 051 / 050 / 049 / 048 / 047 / 046 / 045 / 044 / 043 / 042 / 041 / 040 / 039 / 038 / 037 / 036 / 035 / 034 / 033 / 032 / 031 / 030 / 029 / 028 / 027 / 026 / 025 / 024 / 023 / 022 / 021 / 020 / 019 / 018 / 017 / 016 / 015 / 014 / 013 / 012 / 011 / 010 / 009 / 008 / 007 / 006 / 005 / 004 / 003 / 002 / 001
 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/07/2006
Fernando Pol


Subir