Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 100 - febreiro 2008
 
 

IV Xornadas Anuais de Cooperación

O meu Concello no mundo, o mundo no meu Concello
O compromiso global do mundo local

  IV Xornadas Anuais de Cooperación; clic para aumentar
De esquerda a dereita: Joao Duarte Gómes, presidente da Cámara Municipal de San Miguel; Katia Cardoso, membro do Núcleo de Estudos para a Paz, Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coimbra; e Álvaro Trillo, técnico da Deputación de A Coruña e participante do programa de Vacacións con Traballo 2007 - Cabo Verde. (Foto: ©fondogalego.org).
 
Con motivo do X aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, o día 29 de novembro celebráronse en Santiago de Compostela as IV Xornadas Anuais de Cooperación baixo o título “O compromiso global do mundo local”.

O principal obxectivo desta xuntanza foi crear un espazo de encontro entre os diferentes axentes vinculados o municipalismo e a solidariedade, no que debater e reflexionar en torno o papel que cumpre ou podería cumprir o mundo local nas políticas de cooperación ao desenvolvemento, así como no impulso de redes horizontais de solidariedade e intercambio entre as distintas realidades Norte-Sur.

Entre outros, ademais de autoridades locais galegas, contouse coa presenza de representantes do Concello de Córdoba, da Cámara Municipal de Palmela (Portugal), así como do coordinador do programa ART (Apoio ás Redes Territoriais) das Nacións Unidas e de dous representantes do municipalismos en Cabo Verde.


Apuntes para o futuro

A partir dos diferentes temas tratados ao longo das IV Xornadas Anuais de Cooperación, é posible destacar as seguintes ideas, que a modo de conclusións poden axudarnos a avaliar a evolución do Fondo e marcar pautas e estratexias que poden guiar as nosas accións nun futuro.


Avaliándonos

A pesar do aumento da implicación dos entes locais galegos en materia de solidariedade e cooperación ao desenvolvemento nos últimos dez anos, non se pode considerar que en Galicia as políticas de cooperación municipais estean consolidadas, nin na cantidade dos fondos nin na calidade da súa xestión. É por isto que, tras as eleccións municipais espérase un incremento no compromiso.

Para acompañar dito crecemento, é imprescindible a articulación de estructuras e mecanismos de xestión e coordinación. Entre outras liñas a seguir, déuselle especial importancia á creación dunha partida específica nos orzamentos anuais, así como un departamento con persoal técnico formado en cooperación e solidariedade; sumarse ao Fondo Galego en aras de harmonizar os esforzos levados a cabo entre as distintas entidades locais; e asumir a responsabilidade social como entidades públicas, a través da implementación de accións relativas ao comercio xusto, a compra pública ética e o consumo responsable.


  IV Xornadas Anuais de Cooperación; clic para aumentar
Virginia Romero, vicedirectora do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e Giovanni Camilleri, coordinador da Iniciativa de Apoio a Redes Territoriais (ART) do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD). (Foto: ©fondogalego.org).
 
A iniciativa ART

Durante as Xornadas puidemos achegarnos á experiencia do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento na cooperación descentralizada, que se materializa na Iniciativa ART, e que amosa a necesidade da articulación en rede de todos os actores (políticos, económicos, sociais...) dun territorio para conseguir un desenvolvemento integral e sostible, baseado nas propias potencialidades da zona. Aposta, polo tanto, por un enfoque territorial das estratexias de cooperación, no que encadrarían diferentes sectores.

Neste senso, os retos a asumir serían varios:

• Superar a lóxica do proxecto a curto prazo e potenciar procesos a longo prazo.

• Xerar dinámicas de harmonización e coordinación ao redor de “intereses comúns” entre os diferentes actores.

• Asegurar a participación activa e efectiva da poboación, que pasaría de “beneficiaria a protagonista”.

• Garantir a horizontalidade da cooperación.

• Coordinar a esfera local coa nacional e a internacional, asumir a súa complementariedade.


  IV Xornadas Anuais de Cooperación; clic para aumentar
Isabel Álvarez, xefa do Departamento de Cooperación Internacional do Concello de Córdoba e representante do Fondo Andaluz de Municipios para a Solidaridad Internacional; Paulo Pacheco, xefe do Gabinete da Presidencia da Cámara Municipal de Palmela (Portugal); e Mar Barreiro, participante do programa Vacacións con Traballo 2007 - Perú. (Foto: ©fondogalego.org).
 
Compartindo

As experiencias doutros Fondos de Cooperación ou doutros Concellos, ofrecéronnos como principais aportacións:

• A necesidade de contar con Plans Municipais que deseñen as estratexias a seguir.

• A importancia de apostar pola cooperación directa naquelas áreas onde os municipios dispoñan de competencias específicas.

• A partición da cidadanía é imprescindible para o bo funcionamento das políticas de cooperación municipais.

• Abrir novas rutas para a cooperación tendo en conta a propia realidade do Concello. Como o traballo conxunto coa poboación inmigrante en estratexias de codesenvolvemento.

• A educación para o desenvolvemento e os programas de sensibilización deben ser un área de traballo prioritaria. En base a súa proximidade aos/ás cidadáns/as, os entes locais deben afondar no seu papel pedagóxico-educador e trasladar a nosa responsabilidade nas desigualdades Norte-Sur.

• Os irmanamentos son un instrumento de vital importancia para a cooperación municipalista.

• As misións técnicas de avaliación e seguimento axudan a achegar ás entidades colaboradoras e a xerar redes estables de cooperación, así como son imprescindibles para coñecer os impactos reais do traballo feito, e identificar as liñas a seguir cara o futuro.

• A asignación de recursos é imprescindible para que haxa políticas de cooperación estables e relevantes, pero o esforzo na súa xestión e calidade lle segue inmediatamente en orde de importancia.



  Visita a Santa Catarina; clic para aumentar
Visita a Santa Catarina. Pilar Gallego e Ángeles Silva.
Visita a San Miguel; clic para aumentar
Visita a San Miguel. Depósito de auga.
Recepción das tres concelleiras galegas na ANMC; clic para aumentar
Recepción das tres concelleiras galegas na ANMC.
Pilar Gallego e Claudia Rodrígues; clic para aumentar
Intercambio de Experiencias. Pilar Gallego e Claudia Rodrígues. (Fotos: ©fondogalego.org).
Proxectos

• Intercambio de experiencias en Cabo Verde

No mes de novembro de 2007 realizaron unha misión de traballo de oito días a Cabo Verde a técnica do Fondo Galego María del Mar Gómez e tres concelleiras municipais galegas, Pilar Gallego do Concello de Allariz, Ángeles Silva do Concello de Baiona e María Méndez do Concello de Vigo. As tres representantes do poder local galego participaron no proxecto que leva a cabo o Instituto Caboverdiano para a Igualdade e a Equidade de Xénero (ICIEG) para aumentar a participación das mulleres nas eleccións municipais de 2008. Con este fin, celebrouse unha Xornada de Intercambio de Experiencias entre mulleres políticas de Cabo Verde e Galicia.

Aproveitando a viaxe, outro obxectivo foi o seguimento e avaliación de proxectos sobre o terreo da Cámara Municipal de San Miguel, da Cámara Municipal de San Felipe e a Cámara Municipal de Santa Catarina.

Ademais, mantivéronse encontros cos/as representantes de Citi-HABITAT, unha ONGD con máis de vinte anos de experiencia coa que se colabora nun proxecto de abastecemento e canalización de auga no Barrio Ponte de Auga, en Praia; e da Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos (ANMCV), que ten dous proxectos financiados polo Fondo Galego e a Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, sobre diagnose e elaboración dos plans municipais en materia de medioambiente.

  Visitas do Sur; clic para aumentar
Valter de Sá, secretario da Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos e Joao Gómes Duarte, presidente da Cámara Municipal de Sao Miguel, reunidos con Fabiola Sotelo, directora xeral de Cooperación Exterior. (Foto: ©fondogalego.org).
 
• Visitas do Sur

No mes de novembro visitaron Galicia dous representantes do municipalismo en Cabo Verde, cos que o Fondo Galego ven traballando en proxectos de cooperación, Valter de Sá, secretario da Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos e Joao Gómes Duarte, presidente da Cámara Municipal de Sao Miguel, Illa de Santiago.

Dende o 26 ao 30 de novembro, visitaron os Concellos de Burela, Santiago de Compostela, Arteixo e Vigo, e mantiveron unha reunión coa directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo. Tamén participaron nas IV Xornadas expoñendo o proceso de descentralización política que se ven dando no arquipélago de Cabo Verde dende o ano 1991, e o fortalecemento progresivo das administracións locais, o que deriva nunha maior democratización do país.



Calendario 2008

• Días solidarios

Durante todo o ano 2008, hai unha serie de días que nos poden servir para reflexionar e organizar actividades en torno a diferentes realidades, a través das cales acercarse a problemáticas e xerar alternativas para as mesmas, algúns deles son:

  Calendario Solidario 2008; clic para aumentar
baixar arquivopdfDescarga o Calendario en formato pdf.
 
30/01. Día Escolar da Non Violencia
          e a Paz.

08/03. Día Mundial da Muller.
21/03. Día Mundial Contra o Racismo.
22/03. Día Mundial da Auga.

07/04. Día Mundial da Saúde.

01/05. Día do Traballadores e
          Traballadoras.
10/05. Día do Comercio Xusto.

04/06. Día dos/as Nenos/as Víctimas
          de Opresións.
05/06. Día Mundial do Medio Ambiente.
20/06. Día Mundial do/a Refuxiado/a.
28/06. Día Mundial do Orgullo Gai.

09/08. Día Mundial das Poboacións
          Indíxenas.

21/09. Día Mundial da Paz.

01/10. Día Mundial das Persoas
          Maiores.
17/10. Día Mundial de Loita Contra a
          Pobreza.

16/11. Día Mundial pola Tolerancia.
20/11. Día Mundial dos Dereitos do/a Neno/a.
25/11. Día Contra a Violencia Contra a Muller.

01/12. Día Mundial dos Discapacitados.
01/12. Día Mundial da Loita Contra a Sida.
05/12. Día Mundial do Voluntariado.
10/12. Día Mundial dos Dereitos Humanos.
18/12. Día Internacional do/a Emigrante.


Mapa de socios do Fondo Galego

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Burela Deputación Deputación
A Coruña Castroverde A Pobra de Trives A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Guitiriz A Teixeira A Estrada
Abegondo Lugo Allariz A Guarda
Ames Mondoñedo Cartelle Baiona
Arteixo Monforte de Lemos Castrelo de Miño Bueu
As Pontes Monterroso Castrelo do Val Caldas de Reis
Bergondo O Valadouro Entrimo Cambados
Betanzos Samos Gomesende Cangas
Boiro Sarria Manzaneda Covelo
Brión Triacastela O Barco de Valdeorras Cuntis
Cabanas Viveiro O Irixo Gondomar
Cambre   Oimbra Lalín
Carballo   Ourense Moaña
Carnota   Ribadavia Mos
Carral   San Cibrao das Viñas Nigrán
Cedeira   Sandiás O Porriño
Cerceda   Verea O Rosal
Corcubión   Verín Poio
Culleredo   Vilardevós Pontecesures
Dumbría   Vilar de Santos Pontevedra
Fene     Redondela
Ferrol     Rodeiro
Laxe     Salvaterra de Miño
Lousame

Mapa de Socios do Fondo Galego

Soutomaior
Mugardos Tomiño
Narón Valga
Neda Vigo
Noia Vilagarcía de Arousa
Oleiros  
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Ribeira
Sada
Santiago de Compostela

 
 
baixar arquivopdfDescarga o boletín en formato pdf.
 
 
Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Redacción e Administración: Avenida Joselín, 7, P3-4ºB, 36300-Baiona (Pontevedra). Tel/Fax: 986 357 238. Internet: http://www.fondogalego.org. email: info@igadi.org. Coordinación da edición: Noelia García Camiña. Deseño, maquetación e edición electrónica: Fernando Pol Trigo.
 
 

Números anteriores: 099 / 098 / 097 / 096 / 095 / 094 / 093 / 092 / 091 / 090 / 089 / 088 / 087 / 086 / 085 / 084 / 083 / 082 / 081 / 080 / 079 / 078 / 077 / 076 / 075 / 074 / 073 / 072 / 071 / 070 / 069 / 068 / 067 / 066 / 065 / 064 / 063 / 062 / 061 / 060 / 059 / 058 / 057 / 056 / 055 / 054 / 053 / 052 / 051 / 050 / 049 / 048 / 047 / 046 / 045 / 044 / 043 / 042 / 041 / 040 / 039 / 038 / 037 / 036 / 035 / 034 / 033 / 032 / 031 / 030 / 029 / 028 / 027 / 026 / 025 / 024 / 023 / 022 / 021 / 020 / 019 / 018 / 017 / 016 / 015 / 014 / 013 / 012 / 011 / 010 / 009 / 008 / 007 / 006 / 005 / 004 / 003 / 002 / 001
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/02/2008
Fernando Pol


Subir