|
|
|

Número
107 - Marzo-Abril 2009 |
| |
| |
Alfredo Novoa seguirá na Presidencia do Fondo Galego
O pasado 27 de marzo celebrouse a Asemblea Xeral ordinaria do Fondo Galego correspondente ao ano 2008, dando cumprimento ao establecido polos estatutos da asociación. A ela acudiron representantes de diversas entidades asociadas. A reunión comezou coas palabras de benvida do presidente da asociación, Alfredo Novoa, ao que seguiu o balance de actividades realizadas durante o ano 2008, en cuxa exposición tamén participaron Ángeles Silva, tesoureira, e Xulio Ríos, secretario. A Asemblea ratificou a alta dos concellos de Burela, Melide, Moraña, Ponteareas, Ramirás, Riotorto, Salceda de Caselas, Teo, Valadouro e Xove, e da Deputación de Lugo. Ao mesmo tempo, acordouse dar de baixa a aqueles concellos que non pagaron as cotas mínimas obrigatorias correspondentes aos anos 2006, 2007 e 2008: A Cañiza, Carral, Ribadavia, O Rosal e Salvaterra de Miño. Cómpre destacar que estes impagos constitúen o incumprimento dun compromiso que tiñan asumido os respectivos plenos municipais destes cinco concellos. Aproveitouse a reunión para pedir unha maior implicación por parte de todo o colectivo que forma o Fondo Galego, incidindo na necesidade de participar nas tarefas de sensibilización e na importancia de transferírense as cotas correspondentes ao ano 2009 á maior brevidade. |
| |
 Descarga o boletín
en formato pdf. |
| |
| |
| |
| Edita:
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Redacción
e Administración: Avenida Joselín, 7, P3-4ºB,
36300-Baiona (Pontevedra). Tel/Fax: 986 357 238. Internet: http://www.fondogalego.org. email: info@igadi.org. |
|
| |
| |
|
|
|
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 12/02/2009
Fernando Pol
Trigo
|
|