Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 109 - Xullo-Agosto 2009
 
 
  Capa Infórmate a Fondo 109
 
O venres 26 de xuño, a Asemblea xeral de Socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade aprobou por unanimidade a Proposta de Resolución da Convocatoria 2009, guía de ruta para o novo curso do noso traballo cooperante no exterior. A Resolución supón un orzamento total de 653.005,50 euros, divididos en 150.326,50 € para Cooperación Directa e 502,679€ para Cooperación Indirecta.

Para esta convocatoria, o Fondo Galego recibiu un total de 45 proxectos, dos que 10 propuñan accións en América Central, 2 no Caribe, 21 en países sudamericanos e 12 en países africanos. Todos eles foron obxecto de análise pormenorizado pola Secretaría, por unha Comisión Técnica do Fondo Galego (na que participaron técnicos dos asociados ao Fondo), pola Comisión Executiva e, finalmente, sometidos á consideración e ratificación da Asemblea Xeral de socios. Deste proceso de análise e selección o resultado final foi o seguinte:
           
Cooperación indirecta. 4 proxectos: “Mellora das condicións sanitarias na provincia de Inhambane” (Mozambique). “Desenvolvemento urbano comunitario en Addis Abeba” (Etiopía). “Fomento da participación no marco dos gabinetes do poder cidadán no municipio de Totogalpa” (Nicaragua) e “Formación sanitaria como vía de desenvolvemento” (Nicaragua). As ONGDS que serán apoiadas polo Fondo para estes proxectos son Arquitectos sen Fronteiras en Mozambique, Implicadas para o desenvolvemento en Etiopía, e Paz e Desenvolvemento e Solidariedade Galega, respectivamente, en Nicaragua.

Cooperación directa. 6 proxectos: “Abastecemento de auga e saneamento para as zonas de Cabeça Monte, Inhuco e Lagariça” (Cabo Verde). Continuidade do proxecto iniciado en 2008 de “Apoio á implantación de políticas locais con perspectiva de xénero” (Cabo Verde). “Xestión do desenvolvemento sostible en municipios rurais andinos” (Perú). Continuidade do proxecto, iniciado no 2008, de “Deseño, execución, aplicación e capacitación de actores educativos para nenas e nenos de educación inicial 4 anos” (Perú). Continuidade do proxecto, iniciado en 2007, da “Mellora das condicións de habitabilidade das vivendas do centro histórico de Santiago de Cuba” (Cuba); e a “Reconstrución do campo de refuxiados palestinos de Neirab” (Siria).
           
Pode encontrarse maior información de cada un dos proxectos no apartado Resolucións, da web do Fondo Galego. Do mesmo modo, a Secretaría conta cun arquivo específico con toda a documentación recibida e orixinada para cada proxecto, a disposición das entidades asociadas interesadas.  
 
baixar arquivopdfDescarga o boletín en formato pdf.
 
 
 
Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Redacción e Administración: Avenida Joselín, 7, P3-4ºB, 36300-Baiona (Pontevedra). Tel/Fax: 986 357 238. Internet: http://www.fondogalego.org. email: info@igadi.org.
 
 

Números anteriores: 108 / 107 /106 / 104-105 / 103 / 102 / 101 / 100 / 099 / 098 / 097 / 096 / 095 / 094 / 093 / 092 / 091 / 090 / 089 / 088 / 087 / 086 / 085 / 084 / 083 / 082 / 081 / 080 / 079 / 078 / 077 / 076 / 075 / 074 / 073 / 072 / 071 / 070 / 069 / 068 / 067 / 066 / 065 / 064 / 063 / 062 / 061 / 060 / 059 / 058 / 057 / 056 / 055 / 054 / 053 / 052 / 051 / 050 / 049 / 048 / 047 / 046 / 045 / 044 / 043 / 042 / 041 / 040 / 039 / 038 / 037 / 036 / 035 / 034 / 033 / 032 / 031 / 030 / 029 / 028 / 027 / 026 / 025 / 024 / 023 / 022 / 021 / 020 / 019 / 018 / 017 / 016 / 015 / 014 / 013 / 012 / 011 / 010 / 009 / 008 / 007 / 006 / 005 / 004 / 003 / 002 / 001
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/06/2009


Subir