Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 111 - Novembro-Decembro 2009
 
 
  Capa Infórmate a Fondo 111
 

O venres 13 de novembro estreouse Os Soños de Walla, o primeiro espectáculo teatral froito do programa teaTracción, desenvolvido en parcería entre o Fondo Galego e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD). A estrea, que tivo lugar en Vigo no Auditorio CaixaNova, rexistrou unha afluencia extraordinaria que agradeceu o evento cun longo e emocionado aplauso final. Desde aquela, a Xira de Os soños de Walla realizou xa cinco paradas máis: Sarria, Allariz, Viveiro, O Barco de Valdeorras e Ourense.

A Xira está a percorrer Galicia enteira, do interior á costa, das cidades ás vilas medias e máis pequenas, desenvolvéndose con éxito tanto de crítica como dun público que coas súas palmas finais recompensa non só o espectáculo, senón o resto de méritos desta orixinal Xira: o traballo voluntario, o contributo á comunidade, a interacción na reflexión...

No ámbito do programa, creouse na ESAD de Galicia un Seminario permanente de traballo para vincular o Teatro coa acción social, mantendo así unha liña de traballo que estimula a reflexión, tan necesaria en calquera actividade humana. Á par, teaTracción funciona como obradoiro de formación no nivel puramente artístico e profesional.Tamén, o programa está ofrecer a oportunidade ás Entidades socias beneficiadas nesta ocasión, de dispor dun espectáculo diferente, libre e gratuíto, que permite ao público entrar nun conto especial, nun conto de soños que permite abstraerse do ruído das nosas vidas cotiás, para mergullarse nun mundo e nunhas problemáticas con pouca ou ningunha presenza na televisión e os programas de masas.

Quen acuda ao teatro tense que deixar ser seducido polas voces, as músicas, o movemento e as palabras dun texto extraordinario, construído para a ocasión.

A Os soños de Walla réstanlle aínda catro paradas máis para seren soñados neste 2010: 15 de xaneiro Outes, 22 Ribeira, 23 Oleiros, e o peche da Xira, o día 30 en Baiona.

Para saber máis de como foi a Xira ata agora, e para saber como seguirá, podedes consultar o web do Fondo Galego, www.fondogalego.org, ou o Blog do grupo teaTracción en: www.teatraccion.blogaliza.org.

 

 
baixar arquivopdfDescarga o boletín en formato pdf.
 
 
 
Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Redacción e Administración: Avenida Joselín, 7, P3-4ºB, 36300-Baiona (Pontevedra). Tel/Fax: 986 357 238. Internet: http://www.fondogalego.org. email: info@igadi.org.
 
 

Números anteriores: 110 / 109 / 108 / 107 /106 / 104-105 / 103 / 102 / 101 / 100 / 099 / 098 / 097 / 096 / 095 / 094 / 093 / 092 / 091 / 090 / 089 / 088 / 087 / 086 / 085 / 084 / 083 / 082 / 081 / 080 / 079 / 078 / 077 / 076 / 075 / 074 / 073 / 072 / 071 / 070 / 069 / 068 / 067 / 066 / 065 / 064 / 063 / 062 / 061 / 060 / 059 / 058 / 057 / 056 / 055 / 054 / 053 / 052 / 051 / 050 / 049 / 048 / 047 / 046 / 045 / 044 / 043 / 042 / 041 / 040 / 039 / 038 / 037 / 036 / 035 / 034 / 033 / 032 / 031 / 030 / 029 / 028 / 027 / 026 / 025 / 024 / 023 / 022 / 021 / 020 / 019 / 018 / 017 / 016 / 015 / 014 / 013 / 012 / 011 / 010 / 009 / 008 / 007 / 006 / 005 / 004 / 003 / 002 / 001
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/01/2010


Subir