Vacacións
con Traballo 2010
A cooperación internacional do funcionariado local galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade pon en marcha a quinta edición do programa Vacacións con Traballo, por medio do cal os recursos humanos da Administración Local galega préstanse á cooperación solidaria coas organizacións parceiras do Fondo Galego nos países do SUR. O programa dura un mes, 30 días de inmersión total no SUR.
| |
 |
| Vacacións con traballo |
[Descarga en pdf ] |
| |
Para que Vacacións con Traballo?
- Para estreitar lazos entre @s técnic@s locais galeg@s e @s técnic@s locais dos países do Sur. Para Intercambiar coñecemento e experiencia profesional, para un mutuo fortalecemento e enriquecemento. Para ensinar e aprender.
- Para implicar @s servidores e servidoras públic@s en actividades que estimulen o seu compromiso solidario nunha cosmovisión máis completa da realidade do planeta. E para que a súa experiencia, á volta, sirva de estímulo a outras persoas.
- Para coñecer de primeira man os proxectos que o Fondo Galego ten apoiado e apoia no Sur.
- Para entrar en contacto con outras culturas, outras formas de estar nun mundo cada vez máis pequeno.
A quen vai dirixido?
Poderá participar toda persoa da administración local galega; como única condición imprescindible establécese que o Concello pertenza ao Fondo Galego. Na consideración final das propostas presentadas será valorado positivamente a vinculación co mundo da cooperación e o coñecemento do medio e o país de destino.
Onde e con quen se levan a cabo as Vacacións con Traballo? O perfil
| |
 |
| Tres
experiencias
solidarias. |
[Descarga
en pdf  ] |
Os principios deste programa asentan en criterios
de horizontalidade e de respecto mutuo.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entende que a verdadeira solidariedade non pode ser de sentido
único.
Na busca de fórmulas que posibiliten un mundo mellor naceu este proxecto co queremos animar aos empregados
e empregadas municipais galegas a comprometerse no desenvolvemento e na mellora das condicións de vida dos
países do Sur.
Sumarse ou sumirse, afirma o escritor Eduardo Galeano. E optamos por sumarnos ao compromiso por conseguir entre
tod@s construír un mundo mellor, un mundo que globalice a solidariedade.
No mundo da cooperación internacional somos necesarios tod@s. A suma dos pequenos esforzos de cada un multiplica
os resultados. |
O traballo d@s cooperantes desenvólvese en catro dos países onde o Fondo Galego leva adiante proxectos con maior tradición e intensidade. @s cooperantes integraranse nos equipos dalgúns dos máis sólidos parceiros do Fondo Galego no Sur.
CUBA
Parceiro: Oficina do Conservador de Santiago de Cuba. Institución dedicada á conservación do patrimonio histórico-cultural e monumental da cidade.
Perfil: arquitectos técnicos, con experiencia previa en traballos de rehabilitación de inmoble.
NICARAGUA
Parceiro: Instituto de Promoción Humana (INPRHU). Entidade de longa e recoñecida traxectoria no ámbito da cooperación internacional, centrada na autoorganización de comunidades locais en prol dun desenvolvemento endóxeno.
Perfil: informátic@s, ou especialistas en xestión de turismo e sustentabilidade.
PERÚ
Parceiro: Centro de Promoción do Desenvolvemento e a Educación (CEPRODE). Promove o desenvolvemento local en estreita parcería coas 11 municipalidades da provincia de Huaral, na rexión de Lima.
Perfil: traballadora social ou socióloga especialista en cuestións de xénero.
CABO VERDE
Parceiro: Associação Nacional de Municípios Cabo-verdianos (ANMCV), entidade na que se integran os 22 municipios do arquipélago africano.
Perfil: técnic@s en organización municipal e inclusión social.
Como é a viaxe, cando se realiza?
A estadía no SUR dura un mes completo, e pode ter lugar en calquera momento do segundo semestre do ano, dependendo da dispoñibilidade do participante e do persoal de acollida.
O programa divídese en tres etapas:
Antes: as persoas que desexen acollerse a este programa, previa inscrición e posterior selección, deberán participar obrigatoriamente na xornada de formación que organizará o Fondo Galego.
Durante: as persoas seleccionadas seguirán a programación deseñada polo parceiro correspondente.
Despois: deberán elaborar unha memoria de viaxe que dea conta da súa experiencia e do seu traballo sobre o terreo. Con ela será elaborada unha publicación que se distribuirá a todas as entidades socias e outros axentes institucionais ou civís de Galicia. Ao tempo, comprométense á participación en actividades de sensibilización do Fondo en Galicia, por medio do seu testemuño.
Desenvolvemento do programa
A estadía no terreo é dun mes, no que a persoa que participa comprométese a desenvolver as actividades encomendadas, dedicándolle un mínimo de vinte días. O parceiro asume todos os gastos relacionados coa manutención e o aloxamento. O Fondo Galego faise responsable dos custos da viaxe, desde Galicia ao punto de destino.
Cando presentar as solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de abril de 2010.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
Fotocopia DNI
CV
Carta de motivación en participar no programa “Vacacións con Traballo”.
Información e inscricións:
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Avda. Joselín 7, portal 3-4b, 36300- Baiona (Pontevedra)
Teléfono/fax: 986357238
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entende que a verdadeira solidariedade non pode ser unha experiencia entendida nunha soa dirección: uns dan e outros reciben. Por iso, na procura de fórmulas que faciliten un mundo máis comprometido coa realidade social dos países necesitados de apoio para a súa mellora, naceu, hai agora catro anos, o programa “Vacacións con Traballo”.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación de carácter municipalista que actualmente engloba 97 Concellos e as 4 Deputacións de Galicia. Foi fundado en 1997 como un foro a través do que consensuar e concentrar os esforzos dos poderes locais galegos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Trátase deste modo de garantir unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos ambiciosos que teñan un verdadeiro impacto nos países do sur e facilitar unha maior sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional.
Desde a súa fundación, a asociación ten desenvolvido 120 proxectos en máis de 20 países, e organizado e editado multitude de actividades e materiais en relación aos desequilibrios existentes entre os países do norte e do sur. Ten garantido a presenza da solidariedade do pobo galego nas catástrofes que afectan a aqueles países do mundo con menor capacidade para as enfrontar, con proxectos de reconstrución (como os casos de Sri Lanka, despois do maremoto de 2004, Cuba, despois dos furacáns de 2008, Gaza, despois dos bombardeamentos de 2008-2009, ou na actualidade coa refundación de Haití).
Pode visitar a páxina web do Fondo en: www.fondogalego.org
Vacacións
con Traballo 2009: Descanso e solidariedade
| |
 |
| Vacacións con traballo |
[Descarga en pdf ] |
| |
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entende que a
verdadeira solidariedade non pode ser unha experiencia vivida nun só terreo,
no que uns dan e outros reciben. Por iso, na procura de fórmulas que
faciliten un mundo máis comprometido coa realidade social de países
necesitados de apoio para a súa mellora naceu o proxecto “Vacacións
con Traballo”.
“Vacacións con traballo” é un programa participativo
de axuda mutua e entendemento, de crecemento e aprendizaxe. Se queres sumarte
a este proxecto, non dubides en contactar connosco e cubrir a ficha de inscrición.
Que se
busca
- Un intercambio de coñecementos entre profesionais galegos e os parceiros do Fondo Galego nos países onde colaboramos.
- Un apoio aos nosos
parceiros, facilitando respostas técnicas ás súas necesidades.
- Un achegamento
entre os axentes do poder local galego
e os nosos parceiros, que poida servir
de apoio a futuros proxectos de colaboración.
- Un maior
e mellor coñecemento da realidade dos países onde actuamos:
a súa situación, as súas dificultades, pero tamén as súas virtudes
e potencialidades.
- Unha activación de
fórmulas que permitan dinamizar
a cooperación dende
os municipios e que consolide estruturas
democráticas promotoras do
desenvolvemento.
- Unha maior implicación,
por parte dos organismos públicos en actividades
que estimulen o compromiso solidario,
a través da divulgación das experiencias
das persoas participantes no programa.
Onde se leva a cabo
O traballo desenvolverase en catro dos países onde o Fondo Galego leva adiante proxectos de colaboración. Neste ano 2009 serán: Cabo Verde, Cuba, Nicaragua e Perú.
Cando se realiza
En calquera mes do
ano, dependendo da dispoñibilidade dos participantes e do persoal
de acollida.
Quen son os parceiros
As entidades de acollida son as seguintes:
- Cabo Verde: Asociación
Nacional de Municipios
Caboverdianos; entidade que traballa na promoción, defensa, valorización
e representación local dos 17
municipios caboverdianos.
- Cuba:
Oficina do Conservador de Santiago
de Cuba; institución encargada
de conservar o patrimonio histórico-cultural
e monumental da cidade.
- Nicaragua:
Instituto de Promoción Humana
(INPRHU); organización centrada na axuda ás comunidades máis desfavorecidas
do interior do país, con programas que integran aos máis novos.
- Perú:
Tierra de Niños; institución que ten entre os seus obxectivos
promover e fortalecer os dereitos
fundamentais da infancia e da
mocidade.
Cal é o
perfil das persoas a viaxar
Dende os catro países
onde se está a traballar pídese un perfil preferente, de modo que
a persoas integradas no programa poidan prestar o mellor servizo.
As preferencias por país son as seguintes:
- Cabo Verde: persoas
con coñecementos en organización e lexislación municipal.
- Cuba: persoas
con coñecementos en enxeñaría eléctrica ou arquitectura.
- Nicaragua:
persoas con coñecemento ou destreza en traballos manuais,
teatro, turismo e saúde, informática, ou xardinaría.
- Perú: persoas
con coñecementos en enxeñaría informática, psicopedagoxía,
turismo, administración ou economía.
Canto dura o programa
A estadía é dun mes, período no que a persoa que participa no programa comprométese a desenvolver as actividades encargadas, dedicándolle un mínimo de vinte días. O parceiro asume todos os gastos concernentes á estancia: manutención e aloxamento. O Fondo Galego faise responsable dos custos da viaxe, dende Galicia ata o punto de destino.
A quen vai dirixido
Poderá participar toda persoa
vinculada á administración local galega; como única condición imprescindible
establécese que o concello pertenza ao Fondo Galego.
Na consideración final
das propostas presentadas, será valorada positivamente a vinculación co
mundo da cooperación e o coñecemento do medio e país de destino.
Como é a viaxe
O programa divídese en tres etapas: antes, durante e despois da viaxe.
- Antes: As persoas seleccionadas
participarán nunha xornada de formación, organizada polo Fondo Galego.
- Durante:
Seguirase a programación establecida polo parceiro.
- Despois: Ao seu regreso,
as persoas que participan deste proxecto deberán elaborar unha memoria
da actividade. Amais, os participantes darán a coñecer as súas experiencias
en charlas, así como noutro tipo de
actividades de divulgación do programa “Vacacións con Traballo”.
Cando presentar as solicitudes
O prazo de presentación
de solicitudes remata o 17 de abril de 2009 e a resolución farase pública
a partir do día
27 de abril de 2009 nesta web. Asi mesmo, comunicarase
individualmente aos seleccionados.
Os principios deste programa asentan en criterios
de horizontalidade e de respecto mutuo.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entende que a verdadeira solidariedade non pode ser de sentido
único.
Na busca de fórmulas que posibiliten un mundo mellor naceu este proxecto co queremos animar aos empregados
e empregadas municipais galegas a comprometerse no desenvolvemento e na mellora das condicións de vida dos
países do Sur.
Sumarse ou sumirse, afirma o escritor Eduardo Galeano. E optamos por sumarnos ao compromiso por conseguir entre
tod@s construír un mundo mellor, un mundo que globalice a solidariedade.
No mundo da cooperación internacional somos necesarios tod@s. A suma dos pequenos esforzos de cada un multiplica
os resultados. |
| |
 |
| Tres
experiencias
solidarias. |
[Descarga
en pdf  ] |
| |
|
Vacacións
con Traballo 2007
(O prazo de recepción
de solicitudes rematou o 15 de maio)
No mes de abril, abriuse
a convocatoria de tres prazas dirixidas ao persoal técnico das
entidades socias, para que viaxen ao Sur durante un mes e se incorporen
aos proxectos de cooperación que alí desenvolven os nosos
parceiros. Recollendo a positiva experiencia do pasado ano, no 2007
continúanse tendendo pontes entre o noso mundo local e a realidade
doutras comunidades menos favorecidas, dándolle continuidade
a unha cooperación de carácter horizontal, de intercambio
e aprendizaxe mutua.
[Descarga
en pdf  Vacacións
con Traballo, profesionais da solidariedade].
| |
 |
| Catro experiencias solidarias. |
[Descarga en pdf  ] |
| |
Vacacións con Traballo 2006
O 2006 foi o primeiro ano no que se levou adiante o programa
de Vacacións con Traballo, cuns resultados máis que satisfactorios. Das dúas prazas iniciais,
finalmente catro técnicos e técnicas municipais se desprazaron ao Sur, grazas á colaboración,
ademais da Dirección Xeral de Cooperación e Solidariedade, das empresas de servizos municipais Urbaser,
empresa operativa no Concello de Lugo, e CESPA, empresa operativa no Consorcio de As Mariñas.
Nicaragua e Cabo Verde foron os destinos do mes de vacación
dos/as nosos/as participantes, durante o cal desenvolveron a súa experiencia profesional nun contexto distinto
do habitual, aportando e aprendendo sobre todo, o sentido da solidariedade.
David Saavedra Pino, técnico de Servizos Sociais no Concello
de Noia, incorporouse durante o mes de agosto aos proxectos de desenvolvemento de INPRU-Somoto, organización
parceira do Fondo Galego en Nicaragua, e con ela compartiu experiencias a través de diferentes proxectos
relacionados coa atención á infancia, coa educación e cos procesos de alfabetización.
En Nicaragua, dando continuidade á estancia de David,
estivo tamén durante o mes de outubro María López Avendaño, Educadora Social do Concello
de Neda, que participou con INPRHU levando a cabo obradoiros para nenos/as de lectura, de estimulación temperá,
así como de capacitación para as nais.
Por outra banda, en Cabo Verde contaron coa experiencia do arquitecto
municipal do Concello de Culleredo, Ricardo Pérez, que durante o mes de setembro estivo asesorando á
Cámara Municipal de Ribeira Grande e á de Paúl (Illa de Santo Antao), en materia urbanística
e de infraestruturas.
Na mesma illa estivo tamén Inés Peleteiro, coordinadora
da Área de Xestión Medio Ambiental do Consorcio das Mariñas, que entre setembro e outubro
colaborou co gabinete de Medio Ambiente da Cámara de Paúl en proxectos de mellora da xestión
ambiental da zona que podería desenvolver a cámara, e, paralelamente, desenvolveu varias xornadas
de educación ambiental.
As súas valoracións e apuntes persoais, están
recollidos na publicación Catro Experiencias Solidarias, na que nos amosan coa sinceridade e espontaneidade
o enriquecedor da súa experiencia.
[Descarga en pdf 
Catro Experiencias Solidarias].
|