Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 

SensibilizaciónVolver


A Rede Municipalista Solidaria


Primeiros pasos da Rede Municipalista Solidaria

Un dos acontecementos máis importantes do 2004 foi a posta en marcha da Rede Municipalista Solidaria (RMS). O 22 de xaneiro, o Concello de Baiona (Pontevedra) acollía a primeira reunión da RMS e convertíase no escenario da presentación oficial do plan de sensibilización para o 2004.

Cos primeiros pasos da Rede Municipalista Solidaria, a cooperación internacional ao desenvolvemento experimentaba un singular impulso na axenda municipal. Abríase unha nova canle entre o Fondo Galego e os seus asociados e se materializaba o compromiso e desexo manifestado na Asemblea xeral do 10 de outubro de 2003 por parte de todos os socios do Fondo, de iniciar unha nova etapa na que un dos principais eixes de actuación sería a potenciación da sensibilización.

Coas xuntanzas celebradas cos técnicos e técnicas da Rede, buscamos unha participación activa dos asociados, intentamos crear un espazo onde poder canalizar as inquedanzas de todos e todas en materia de cooperación, e animamos aos/as compoñentes da RMS a impulsar as actividades de divulgación e sensibilización que impliquen ao conxunto da cidadanía.

Dende entón, as/os nosas/os axentes solidarios recolleron a proposta e canalizaron a programación. Organizáronse exposicións, seminarios sobre cooperación ao desenvolvemento, visitas dende o Sur... A través da consolidación deste mecanismo devolvemos á cidadanía de cada un dos nosos Concellos socios, en forma de sensibilización, as achegas públicas que se destinan a financiar os procesos de transformación nos países do Sur e amosamos á sociedade galega a importancia e a necesidade do compromiso solidario do poder local.



Funcionamento da RMS

Quen forma parte da RMS

A Rede Municipalista Solidaria está integrada por persoal técnico, na súa maioría persoal dos departamentos de servizos sociais, dos socios do Fondo Galego. Unha das súas funcións é a de servir de enlace entre a Secretaría Técnica do Fondo e os representantes políticos de cada Corporación ante o Fondo. Está estruturada en sete áreas, dúas en Pontevedra, tres en A Coruña, unha en Lugo e unha en Ourense, seguindo criterios de proximidade xeográfica, procurando que o número de Concellos non supere os quince por área.


Como funciona a RMS?

Organízanse reunións trimestrais ou bianuais cos Concellos das diferentes áreas. Nestas xuntanzas infórmase aos/as designados/as de cada unha das entidades asociadas, dos pormenores de funcionamento e obxectivos que pretendemos acadar, presentamos as actividades do plan de sensibilización e recollemos as inquedanzas ou suxestións que en materia de sensibilización nos trasladan os compoñentes da Rede en base á súa propia problemática.



Composición da RMS

• Un 70 % dos Concellos Socios contan con persoal técnico designado.
• O restante soe participar a través do/a responsable político.

Persoal técnico designado:

ÁREA 1

A Cañiza, Clara Estévez.
A Guarda, Soledad Rodríguez Crespo.
Baiona, Conchi Daporta Méndez.
Bueu, Mª Dolores Loira.
Cangas, Estanislao Graña García.
Gondomar, Carmen Bugarín González.
Moaña, Mª Elena García Lorenzo.
Mos, Begoña Alonso / María Posada.
Nigrán, Inma Diego Covelo.
O Rosal, Sandra Alonso Martínez.
Redondela, Purificación Hermelo.
Soutomaior, Concepción Pousada.
Tomiño, Elisabeth Pérez Rodríguez.
Vigo, Mª José Thomas.

ÁREA 2

A Estrada, Manuela Corral Martínez.
Caldas de Reis, Ana Fuertes.
Cuntis, Susana Gómez Grazzé.
Poio, Mª Alicia Veiga González.
Pontecesures, Raquel López Doce.
Vilagarcía, Carmen Ábalo Fernández.

ÁREA 3

Ames, Isabel González.
A Pobra do Caramiñal, Salomé Davila Kühn.
Boiro, Milagros Tubío Chouza.
Brión, Victoria Varela.
Carnota, Reyes Quintela Vázquez.
Corcubión, Norberto País.
Lousame, Natividad Hermo Santos.
Noia, David Saavedra.
Outes, Santiago Nieto Romarís.
Porto do Son, Dolores Torres.
Rianxo, Rosa Rey.
Santiago, Inma Peleteiro.
Ribeira, Francisca Vidal.

ÁREA 4

A Coruña, Almudena Vázquez.
Arteixo, Lourdes Suárez.
Bergondo, Marisa Vázquez Vázquez.
Betanzos, Mercedes García Prego.
Cambre, Ricardo Puertas.
Carballo, Ana Hoyuelos.
Carral, Dolores Fernández Vázquez.
Culleredo, Teresa Molares Cabana.
Laxe, Dolores Antelo Collazo / Dolores Portelo Rodríguez.
Oleiros, Mar Barreiro Barco.
Sada, Marcos López.

ÁREA 5

As Pontes, Celia Mª Freire Vega.
Cabanas, Nuria Valiño.
Cedeira, Mª José Ponce Soto.
Fene, Mª Teresa Gayet.
Ferrol, Mª Jesús Calvo Camba.
Mugardos, Mª Isabel Ríos Paz / Eusebia Pérez / Ana Cobo.
Narón, Alfonso Filgueira López.
Neda, María López Avendaño.
Pontedeume, Josefa Tenreiro Martínez.

ÁREA 6

Mondoñedo, Mª Monserrat López.
Lugo, Inma Estévez.
Samos, Ángeles Muíña.
Sarria, Susana Macedo.

ÁREA 7

Allariz, Mari Carmen Cid Pérez.
Entrimo, Mª Luisa Rodríguez Pena.
O Barco, Dolores Fernández González.
O Irixo, Manuel Cerdeira Lorenzo.
Ourense, José Luis González Vallejo.
A Pobra de Tives, Mª Milagros Cal.
Sandiás, Carmen Feijoo.
Vilar de Santos, Chao Quintana.



Reunións celebradas da Rede Municipalista Solidaria

2004  
Area 1 2 3 4 5 6 7
Data 22/01 26/01 29/01 02/02 05/02 09/02 12/02
Lugar Baiona Pontevedra A Pobra Culleredo Fene Lugo Ourense
Data 12/05 19/05 25/05 28/05 28/05 18/06 03/06
Lugar Redondela Poio Boiro Cambre Pontedeume Lugo Ribadavia
Data 21/10 19/10 07/10 13/10 13/10 14/10 05/10
Lugar Nigrán A Estrada Noia A Coruña Narón Lugo Ourense

2005  
Área 1 2 3 4 5 6 7
Data 11/03 11/03 18/03 18/03 18/03 12/04 04/04
Lugar Vigo Vigo A Coruña A Coruña A Coruña Lugo Ourense
Data 14/10 14/10 18/10 18/10 18/10 27/10 25/10
Lugar Moaña Moaña Carballo Carballo Carballo Lugo Ourense

2006  
Área 1 2 3 4 5 6 7
Data 10/03 17/03 24/03 31/03 07/04 21/04 26/05
Lugar Mos Vilagarcía Santiago Carral As Pontes Lugo Ourense
Data 06/10 06/10 26/10 26/10 26/10 14/12
Lugar Soutomaior Soutomaior Riveira A Coruña A Coruña Ourense

2007  
Área 1 2 3 4 5 6 7
Data 26/04 27/04 27/04 03/05 04/05 11/05 10/05
Lugar Tomiño Cuntis Cuntis Culleredo Mugardos Mondoñedo Ourense


Álbun de Fotos (©fondogalego.org)
 
Baiona, 22/01/2004; clic para aumentar Baiona, 22/01/2004; clic para aumentar A Pobra do Caramiñal, 29/01/2004; clic para aumentar
Baiona, 22/01/2004. Baiona, 22/01/2004. A Pobra do Caramiñal, 29/01/2004. Santiago Nirto (Outes), Cristina Fontaíña (Porto do Son) e Salomé Davila (A Pobra).
A Pobra do Caramiñal, 29/01/2004; clic para aumentar Culleredo, 02/02/2004; clic para aumentar Poio, 19/05/2004; clic para aumentar
A Pobra do Caramiñal, 29/01/2004. Xulio Ríos (Secretaría Fondo Galego), Milagros Tubío (Boiro) e Natividad Hermo (Lousame). Culleredo, 02/02/2004. Mercedes García (Betanzos), Teresa Molares (Culleredo), Mar Barreiros (Oleiros) e Dolores Fernández (Carral). Poio, 19/05/2004.
Ourense, 05/10/2004; clic para aumentar Noia, 07/10/2004; clic para aumentar A Coruña, 13/10/2004; clic para aumentar
Ourense, 05/10/2004. Noia, 07/10/2004. A Coruña, 13/10/2004.
A Estrada, 19/10/2004; clic para aumentar Vigo, 11/03/2005; clic para aumentar Vigo, 11/03/2005; clic para aumentar
A Estrada, 19/10/2004. Vigo, 11/03/2005. Vigo, 11/03/2005.
Ourense, 04/04/2005; clic para aumentar Lugo, 12/04/2005; clic para aumentar Carballo, 18/10/2005; clic para aumentar
Ourense, 04/04/2005. Lugo, 12/04/2005. Carballo, 18/10/2005.
Carballo, 18/10/2005; clic para aumentar Lugo, 27/10/2005; clic para aumentar Mos, 10/03/2006; clic para aumentar
Carballo, 18/10/2005. Lugo, 27/10/2005. Mos, 10/03/2006.
Vilagarcía, 17/03/2006; clic para aumentar As Pontes, 07/04/2006; clic para aumentar Soutomaior, 06/10/2006; clic para aumentar
Vilagarcía, 17/03/2006. As Pontes, 07/04/2006. Soutomaior, 06/10/2006. Coa participación do técnico municipal David Saavedra para compartir a súa experiecia no programa Vacacións con Traballo.
Soutomaior, 06/10/2006; clic para aumentar A Coruña, 26/10/2006; clic para aumentar Ribeira, 26/10/2006; clic para aumentar
Soutomaior, 06/10/2006. A Coruña, 26/10/2006. Ribeira, 26/10/2006.
Ribeira, 26/10/2006; clic para aumentar Ourense, 14/12/2006; clic para aumentar  
Ribeira, 26/10/2006. Ourense, 14/12/2006. Coa participación de Tatiana Rubio da ONGD peruana Tierra de Niños.  




Agradecementos

Queremos agradecer ás e aos compoñentes da Rede Municipalista Solidaria, que se subiron ao tren da nosa viaxe solidaria. Grazas a todos e todas e, en especial, a aqueles e aquelas que amosaron a súa sintonía con este novo proxecto e nos abriron as portas dos seus Concellos para dar a coñecer o traballo desenvolvido durante estes anos polo Fondo Galego e achegar á cidadanía a outra cara da realidade, a realidade daqueles que padecen as consecuencias dun mundo pletórico de desequilibrios e inxustizas.

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/09/2007
Fernando Pol


Subir