DESIGUALDADES NORTE-SUR
Descrición:
A pobreza é unha situación ou forma de vida que xorde como produto da imposibilidade de acceso ou carencia dos recursos para satisfacer as necesidades físicas e síquicas básicas humanas que inciden nun desgaste do nivel e da calidade de vida das persoas, tales como a alimentación, a auga, a vivenda, a educación, a asistencia sanitaria, ou o acceso á auga potable. O empobrecemento xera exclusión social, marxinación e segregación. Todos estes aspectos son expostos neste ciclo de cine, que nos amoso unha realidade que acontece a diario en calquera lugar do mundo.
Idades recomendadas:
A partir de 15 anos.
Ocasións para realizar a actividade:
- 17 de outubro: Día pola erradicación da pobreza
Películas:
 |
No mundo, a cada pouco
(Patricia Ferreira, Pere Joan Ventura, Chus Gutierrez, Javier Corcuera, Javier Fesser. 2005. 116 minutos)
Son cinco historias, sobre a educación de nenas; a inmigración e a interculturalidade; a loita contra o VIH/Sida; e a protección contra a violencia, a explotación e a discriminación, procedentes de diversos puntos do mundo. A moi recoñecida, Binta e a grande idea, forma parte desta secuencia de pequenas historias. |
 |
Cidade de Deus
(Fernando Meirelles e Kátia Lund. 130 minutos)
Buscapé ten 11 anos e é un neno máis de Cidade de Deus, un dos barrios máis violentos de Río de Janeiro. Tímido e delicado, críase en medio de roubos, pelexas e enfrontamentos diarios coa policía, pero o que realmente quere é converterse en fotógrafo, se sobrevive, claro. Dadinho, da mesma idade que Buscapé, é novo no barrio, soña con chegar a ser o criminal máis perigoso de Río de Janeiro e empeza a súa aprendizaxe. |
 |
Invisibles
(Mariano Barroso. Isabel Coixet. Javier Corcuera. Fernando León de Aranoa. Wim Wenders. 105 minutos)
Esta é unha historia de historias. Un achegamento a aquelas persoas que residen no noso esquecemento. Un desexo de dar voz a varios dos que quedaron mudos pola indiferenza. E unha humilde homenaxe a esas outras persoas que nunca apartaron a súa mirada deles. Pero, sobre todo, é a vontade de cinco directores por facer visibles os seus verdadeiros e únicos protagonistas, aqueles que cremos e preferimos seguir crendo invisibles. |
 |
Tsotsi
(Gavin Hood. 94 minutos)
Tsotsi é un mozo de 19 anos que sobrevive como pode nun dos barrios marxinais de Iohanesburgo. Como o seu nome indica (matón en linguaxe de rúa), Tsotsi lidera a súa propia banda de gánsters. Unha noite, no límite da desesperación, rouba o coche dunha muller. No asento traseiro atopará algo que en principio aterrorizaralle e acabará producindo un xiro brusco na súa vida e que o conducirá cara a un inesperado camiño. |
Actividades complementaria:
Esta exposición pode ser complementada polas exposicións “A Paz cuestión de Fondo”, “Obxectivos de Desenvolvemento do milenio” e “Influír no global dende o local” e as súas respectivas unidades didácticas (estas últimas no caso de realizar a actividade en centros de ensino). Así mesmo, pódese convidar a dar unha conferencia ás ONG que impulsaron a creación dalgún destes films: UNICEF (No mundo, a cada pouco) e Médicos sen Fronteiras (Invisibles).