CONDIMENTOS IMPRESCINDIBLES PARA UN MUNDO EN PAZ
Descrición:
A través deste ciclo de cine poderemos coñecer a vida e obra do activista pacífico, Manhatma Gandhi, así como coñecer costumes, culturas e tamén inquedanzas dos pobos do sur. A dobre visión que nos achega este ciclo permite concluír que é posible a resolución de conflitos de xeito pacífico, só con tolerancia e perseveranza. Os valores da liberdade e de respecto por outros pobos e razas son tamén outros dos obxectivos que poden extraerse deste ciclo.
Idades recomendadas:
A partir de 15 anos.
Ocasións para realizar a actividade:
- 21 de setembro: Día da Paz
- 16 de novembro: Día Internacional para a Tolerancia
Películas:
 |
Gandhi
(Richard Attenborough. 1982. 183 minutos)
Unha obra de arte fundamental, Gandhi é unha historia fascinante sobre o activismo, a política, a tolerancia relixiosa e a liberdade. Pero no centro de todo iso está un home extraordinario que loitou por unha existencia pacífica sen violencia e liberou a toda unha nación. |
 |
Miradas cruzadas
(Mugarik Gabe. 2001. 50 minutos)
Documental rodado en Bolivia e Euskadi, con intercambio de experiencias indíxenas e diferentes visións da realidade. Nesta ocasión, persoas do norte son entrevistadas por un equipo indíxena. Amais, achegarémonos á cultura e aos costumes vascos. |
 |
O bo nome
(Mira Nair. 117 minutos)
Esta vibrante homenaxe ao amor, a lealdade e a familia, baseada na novela de Jhumpa Lahiri (gañadora dun premio Pulitzer) e levada á gran pantalla da man de aclamada directora india Mira Nair (A voda do monzón e A feira das vaidades) conmoverate no máis fondo. Kal Penn dá vida a Gogol Ganguli, un adolescente suburbano dividido entre as súas raíces indias e a súa patria de nacemento, os Estados Unidos. Debaténdose por atopar a súa propia identidade, Golol e os seus pais, que naceron en India, deberán encontrar un punto de equilibrio entre Calcuta e Nova York, entre tradicións ancestrais e sensibilidades modernas. O bo nome é unha narración estimulante sobre os lazos que nos unen a todos, unha epopea familiar inesquecible. |
Actividade complementaria:
Este ciclo de cine pode ser complementado pola exposición “A Paz cuestión de Fondo” e “Influír no global dende o local”. Ambas dispoñen de unidades didácticas que poden ser empregadas no caso de realizar a actividade nos centros de ensino.