Aviso:

[Pechar}



Ano 1998 - Resolución

Convocatoria de 1998 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e solidariedade

Un dos obxectivos fundamentais do Fondo Galego consiste no fomento das accións de cooperación e solidariedade en estreita colaboración coas organizacións non gobernamentais. A tal efecto, e aínda sendo conscientes das limitacións derivadas da súa escasa andaina, o 19 de maio de 1998 unha Asemblea xeral de socios aprobaba as primeiras “Bases de Financiamento de Programas de cooperación ó desenvolvemento e á solidariedade”.

Presentaronse a esta convocatoria un total de 23 proxectos subscritos por 21 ONGs. A Comisión Executiva, a través dunha Ponencia Técnica, realizou unha primeira selección tendo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias. A proposta da Ponencia foi asumida pola Comisión Executiva do Fondo e, posteriormente, por outra Asemblea extraordinaria que tivo lugar o 28 de outubro de 1998.

Superada a incertidume provocada pola incidencia do furacán Mitch na viabilidade dalgúns proxectos, a Comisión Executiva na xuntanza celebrada o 23 de decembro confirmou o financiamento dos seguintes proxectos:

1. Casa de Acollida para menores en alto risco social

ONG: Arquitectos sen Fronteiras.
País: Guatemala.
Presuposto: 9.801.315 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 2.336.565 pta.
Cantidade aportada polo Fondo: 2.336.565 pta.
Resume: Construcción dun centro para menores pertencentes a familias desestructuradas, víctimas de mal trato, abusos sexuais, drogadicción, abandono, orfandade... a fin de que non cheguen a ser “nenos da rúa”. Este centro posibilitará aloxamento, protección e coidado así como a súa preparación escolar e capacitación profesional, permitindo que accedan ó mundo laboral ou posibilitando a adopción con familias sen separar os irmáns.

2. Instalación de auga potable

ONG: Amigos Escaes-Perú.
País: Perú.
Presuposto: 1.230.000 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 750.000 pta.
Cantidade aportada polo Fondo: 750.000 pta.
Resume: Millorar a calidade de vida dos campesiños e contribuir á planificación do país millorando os servicios e infraestructuras abastecendo de auga potable á poboación axudando así a evitar a transmisión de enfermidades como a diarrea, cólera, fiebre tifoidea, sarna, disentería, lepra...

3. Módulos básicos para servicios hixiénicos e lavandería

ONG: INTI.
País: Perú.
Presuposto: 1.064.000 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 836.000 pta.
Cantidade aportada polo Fondo: 836.000 pta.
Resume: Como consecuencia da precaria situación das familias que viven nunha soa habitación, carecendo de servicios hixiénicos mínimos, preténdese a construcción de tres módulos básicos consistentes cada un deles en: ducha, retrete e unha tina para lavar.

Igualmente, sen compromiso explícito de financiamento pero si de tentar achegar recursos dos seus socios, mediante aportacións extraordinarias, por consideralos de atención prioritaria, avaliaronse positivamente os seguintes proxectos:

4. Construcción de sumidoiros de vao e empedramento

ONG: COSAL.
País: Nicaragua.
Presuposto: 3.543.978 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 3.543.978 pta.
Cantidade a aportar polo Fondo: 3.543.978 pta.
Resume: O estado das rúas e estradas fan que cando as chuvias son fortes, fórmense correntes de tal envergadura que inundan as vivendas, arrastran residuos que quedan nas gabías creando un ambiente insalubre, polo que é preciso a construcción de sumidorios, empedrar as rúas e facer cunetas para que circule a auga, alonxandoa das vivendas.

5. Construcción de cociñas en vivendas e educación

ONG: Fundación Juan Ciudad.
País: Bolivia.
Presuposto: 6.750.000 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 1.170.400 pta.
Cantidade a aportar polo Fondo: 1.170.400 pta.
Resume: Pretende o desenvolvemento hixiénico sanitario mediante a construcción de cociñas nas vivendas xa que se constata un número importante de casos de parasitose e de enfermidades diarreicas como o cólera, ocasionadas pola imposibilidade dunha adecuada hixiene na preparación das comidas ó cociñarse os alimentos no solo da rúa. Este programa leva parello un programa de educación para a saúde.

6. Trillo e panadería

ONG: Auxinica.
País: Nicaragua.
Presuposto: 2.284.700 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 2.284.700 pta.
Cantidade a aportar polo Fondo: 2.284.700 pta.
Resume: Construcción de muiños de arroz para grupos de mulleres organizados a fin de mellorar a súa saúde e o medio ambiente. Pretende así mesmo potenciar os niveis organizativos e productivos.

7. Accións para un desenvolvemento sostible en Beni

ONG: Asociación Natura Hispánica.
País: Bolivia.
Presuposto: 6.500.000 pta.
Cantidade solicitada ó Fondo: 1.000.000 pta.
Cantidade a aportar polo Fondo: 1.000.000 pta.
Resume: Crear infraestructuras necesarias para o ecoturismo. Pretende ser un exemplo de desenvolvemento económico e social mediante o uso sostible dos recursos naturais e desencadear un efecto demostrativo para dar lugar a accións semellantes noutros ámbitos e promover a conservación do patrimonio cultural e a educación medioambiental. O fin último é a adaptación de infraestructuras para destinalas a recepción de visitas ecoturísticas nun edificio rústico, con capacidade para aloxar a 10 visitantes, o que implica unha media de 720 visitas anuais.


E para que conste ós efectos oportunos e para coñecemento de ONGs, asociados e sociedade en xeral, faise pública a presente resolución en Santiago de Compostela a 24 de decembro de 1998.

Ano 1998 - Resolución