Aviso:

[Pechar}



Ano 1999 - Resolución

RESOLUCIÓN: Convocatoria de 1999 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e solidariedade

O 27 de xaneiro a Comisión Executiva do Fondo Galego aprobaba as Bases de Financiamento de Programas de Cooperación ó Desenvolvemento e de Solidariedade correspondentes a 1999. O período de presentación de solicitudes pechouse o 3 de marzo de 1999. Presentaronse un total de 15 proxectos, dos que 3 constitúen unha reiteración dunha solicitude xa formulada na convocatoria anterior de 1998. A Ponencia Técnica elaborou un dictame que foi sometido á consideración da Comisión Executiva nunha xuntanza celebrada o 22 de marzo de 1999.

De conformidade cos antecedentes descritos, na Asemblea Xeral ordinaria de socios do Fondo Galego celebrada en Santiago de Compostela o día 26 de marzo de 1999, resolveuse financiar os seguintes proxectos:

1. ONG: AXUNICA

País: Nicaragua.
Presuposto: 2.284.700.
Cuantia solicitada e concedida: 2.284.700.
Resume: Construcción dun muíño para facilitalo traballo das mulleres que teñen que desprazarse para realizar estas tarefas. Pretendese a capacitación das mulleres no manexo e a posteriori ter posibilidade de comercializar o producto.

2. ONG: NATURA HISPÁNICA

País: Bolivia.
Presuposto: 6.500.000.
Cuantía solicitada e concedida: 1.000.000.
Resume: Ten por obxectivo o desenvolvemento da zona e a conservación de áreas naturais (flora e fauna autóctonas) combinando actividades compatibles coa conservación da natureza e o ecoturismo combinado co desenvolvemento de técnicas gandeiras de baixo impacto. O fin último é dispoñer dun edificio que aloxe preto de 720 visitantes ó ano. Os recursos obtidos servirán para o posterior financiamento e garante de continuidade do proxecto.


3. ONG: INTERMÓN

País: Angola.
Presuposto: 6.752.000.
Cuantía solicitada e concedida: 2.000.000.
Resume: Ampliación dunha escola e construcción de letrinas para 400 alumnos. Contemplanse accións colaterais de reciclaxe do profesorado así como a implicación dos pais na educación dos seus fillos contribuíndo a mellorar o tecido social.

4. ONG: PAZ E SOLIDARIEDADE

País: Perú.
Presuposto: 1.470.176.
Cuantía solicitada e concedida: 1.470.176.
Resume: Instalación de emisoras de radiocomunicación entre poboacións indíxenas instalando emisoras de radio e formando grupos de indíxenas para actuacións coordinadas en materia de sanidade e sobre todo de seguridade, por ser unha zona donde actúan os grupos de narcoterroristas.

Resume Proxectos:

Total importe subvencionado: 6.754.876.
Incremento de 1999 en relación a 1998: 3.922.565. (72,2%).

 

E para que conste ós efectos oportunos e para coñecemento das ONGs, asociados e sociedade en xeral, faise pública a presente Resolución en Santiago de Compostela a 26 de marzo de 1999.

Ano 1999 - Resolución