fondogalego.org • info(arroba)igadi.org • telf. 986 843 436 / 698 144 536 • © 2007-2017 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Relacións cos medios: 616 145 077 / comunicacion(arroba)fondogalego.org |
|||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
||
|
Aviso:
[Pechar}
Ano 2003 - Resolución
Convocatoria de 2003 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e solidariedade
Aprobada pola Asemblea Xeral de socios celebrada o 10 de xullo de 2003
Presentáronse a esta convocatoria un total de 62 proxectos co seguinte perfil xeográfico: Centroamérica (35), Sudamérica (20), África (4) e Asia (3). A proposta da Ponencia Técnica, na que participaron representantes dos concellos de Santiago e Vigo, da Deputación de Pontevedra e da Secretaría do Fondo, tivo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias.
A resultas da análise, baremación e debate, resólvese o financiamento dos seguintes proxectos:
1. Proxecto: Autoconstrucción de anexo de sistema de auga no sector das Palmitas e sector 4 do Municipio de Las Sabanas- Departamento de Madriz.
ONG: INPRHU SOMOTO.
País: Nicaragua.
Presuposto: 3.109,50 euros.
Cantidade aportada pola Contraparte: 705 euros.
Cantidade solicitada ó Fondo: 2.404,50 euros.
Cantidade aportada polo Fondo: 2.404,50 euros.
Resume: Abastecer de auga no seu domicilio a 25 familias, axudando a mellorar as condicións hixiénicas, de saúde e de desprazamento, e tamén do traballo infantil e feminino. A proposta parte dos membros da comunidade que están dispostos a traballar na colocación de tuberías, cavado de zanxas... Preténdese que a Alcaldía sexa a executora directa.
2. Proxecto: Captación de auga para o Municipio de Las Sabanas.
ONG: INPRHU SOMOTO.
País: Nicaragua.
Presuposto: 43.665 euros.
Cantidade solicitada ó Fondo: 43.665 euros.
Cantidade aportada polo Fondo: 43.665 euros.
Resume: Mellora dos sistemas de captación de auga tanto para uso doméstico como para uso agrícola, formar as persoas nun uso axeitado da auga, formar técnicos no seu manexo. A construcción de pozos familiares, sistemas de captación da auga..., corre a cargo das familias.
3. Proxecto: As mulleres deseñando o futuro.
ONG: INPRHU SOMOTO.
País: Nicaragua.
Presuposto: 10.529,84 euros.
Cantidade aportada pola Contraparte: 4.285,84 euros.
Cantidade solicitada ó Fondo: 6.224 euros.
Cantidade aportada polo Fondo: 6.224 euros.
Resume: Pretende fortalecer a capacidade das mulleres, promocionar o aumento das rendas da muller campesiña, potenciar novos cultivos, fomentar o empoderamento das mulleres das comunidades de El Castillo e El Castillito. Quérense comercializar os productos obtidos polas mulleres e fortalecer as relacións interfamiliares.
4. Proxecto: Integración dos mozos e mozas de Zacamil 1 e San Rafael na vida laboral e productiva da zona. Municipio de Suchitoto.
ONG: CRC (Comité de Reconstrucción y Desarrollo Económico y Social de Comunidades de Suchitoto, Cuscatlán).
País: El Salvador.
Presuposto: 18.249,27 euros.
Cantidade aportada pola Contraparte: 3.970 euros.
Cantidade solicitada ó Fondo: 14.279,27 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 14.279,27 euros.
Resume: Creación de talleres para formar a mozos e mozas e posibilitar máis oportunidades para entrar no mercado laboral, por conta propia ou allea. Trátase de ofrecer unha alternativa ó mundo da delincuencia que asola a esta comunidade. Talleres de xastrería e serigrafía.
5. Proxecto: Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica de Santiago de Cuba.
Contraparte: Municipalidade de Santiago de Cuba.
País: Cuba.
Presuposto para este exercicio: 60.035 euros.
Cantidade solicitada ao Fondo: 12.020,24 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 12.020,24 euros.
Cofinanciadores: Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia e Concello de Santiago de Compostela.
Resume: Diagnóstico urbanístico, elaboración de material gráfico, intercambio formativo e adquisición de equipos.
6. Proxecto: Formación e capacitación para o fortalecemento institucional dos gobernos locais e as súas formas asociativas.
Contraparte: Fundación DEMUCA.
País: Costa Rica, El Salvador, Honduras, Panamá.
Presuposto para este exercicio: 147.067 euros.
Cantidade solicitada ao Fondo: 26.767 euros.
Cantidade aportada polo Fondo: 26.767 euros.
Cofinanciadores: Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Resume: A finalidade do proxecto é a de fomentar as actividades de capacitación e sensibilización destinadas a funcionarios, líderes comunais, partidos políticos, estudiantes... para adaptar e desenvolver as capacidades necesarias para exercer un goberno democrático e unha cidadanía informada e comprometida. Búscase unha participación activa que permita establecer unha relación dinámica e estreita entre servicios públicos e cidadanía.
7. Proxecto: Proxecto de actuación integral en Porto Rincao.
Contraparte: Cámara Municipal de Santa Catarina, Organización de Mulleres de Cabo Verde, Associaçao Rincao em Desenvolvemento, Escola e jardim infantil de Porto Rincao, Associaçao Mutualidade de Poupança e Crédito de Rincao.
País: Cabo Verde.
Illa: Santiago.
Presuposto: 150.253,02 euros.
Cantidade solicitada ao Fondo: 30.253,02 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 30.253,02 euros.
Cofinanciadores: Axencia Española de Cooperación Internacional e Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Resume: Construcción e equipamento de centro comunitario, arranxo de rúas e outras actuacións no ámbito da educación cívica.
Observación: A súa realización dependerá da concreción dos compromisos económicos solicitados á AECI e á Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
8. Proxecto: Formación e capacitación para o fortalecemento institucional dos gobernos locais nas Mercociudades.
Contraparte: Mercociudades, Intendencia Municipal de Montevideo.
País: Arxentina, Brasil, Paraguai, Uruguai, Chile e Bolivia.
Presuposto: 80.000 euros.
Cantidade solicitada ao Fondo: 0 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 0 euros.
Cofinanciadores: Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Resume: Accións de intercambio, capacitación e cooperación entre cidades en rede; desenvolvemento de estratexias de intervención concretas na busca da complementariedade productiva.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.
9. Proxecto: Fomento da xestión e mellora da saúde comunitaria en 15 comunidades rurais.
ONG: Manos Unidas.
País: Nicaragua.
Presuposto: 368.689,95 euros.
Aportación ONG: 72.132,38 euros.
Aportación contraparte: 189.635,91 euros.
Cantidade solicitada ó Fondo: 18.555,64 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 18.555,64 euros.
Resume: Trata de contribuír ó desenvolvemento das capacidades da poboación para diminuír á vulnerabilidade xerada pola pobreza estructural. Consiste en dotar ós beneficiarios da formación e recursos para desenvolver a agricultura e a sanidade, primordialmente, coa conseguinte mellora e aumento de esperanza de vida.
10. Proxecto: Saúde e desenvolvemento Labañou-Vilcabamba.
ONG: Asociación Labañou Solidaria.
País: Perú.
Presuposto: 18.960 euros.
Aportación ONG: 6.000 euros.
Cantidade solicitada ó Fondo: 6.000 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 6.000 euros.
Resume: Contribuír á mellora do nivel de saúde e de calidade de vida da poboación de Vilcabamba. Este obxectivo conseguirase abarcando diversos ámbitos: agricultura, comunicacións, educación, saneamento...
11. Proxecto: Construcción dunha unidade clínico-docente.
Contraparte: SEMG-Solidaria.
País: Nicaragua.
Presuposto: 360.607,26 euros.
Cantidade aportada pola Contraparte: 24.000 euros.
Cantidade solicitada ó Fondo: 60.000 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 30.000 euros (o Concello de Allariz aportará 6.000 euros).
Resume: O obxectivo fundamental do proxecto é introducirse no ámbito sanitario asistencial da poboación de Cidade Sandino aportando recursos técnicos e humanos nun ámbito especialmente castigado polo paro e a pobreza. Prevé a construcción dun centro de saúde.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.
12. Proxecto: Desenvolvemento económico e social para o aumento da producción de leite e carne na UBPC Victoria de Girón, 2ª fase.
Contraparte: Veterinarios sen Fronteiras.
País: Cuba.
Presuposto: 211.629,87 euros.
Cantidade aportada pola Contraparte: 30.140 euros.
Cantidade solicitada ó Fondo: 28.465,36 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 28.465,36 euros.
Resume: Mellorar as condicións socioeconómicas da Unidade Básica de Producción Cooperativa (UBPC) Victoria Girón, aumentando a producción de leite, carne e outros producto mediante o apoio ó proceso de reestructuración e consolidación económica da mesma, mellorando a base forraxeira, o manexo do rabaño...
13. Proxecto: Apoio productivo á muller rural e ó desenvolvemento local no distrito de Junín.
ONG: Asociación Entrepobos.
País: Perú.
Presuposto: 102.209,02 euros.
Cantidade aportada pola Contraparte: 17.100 euros.
Cantidade solicitada ao Fondo: 24.071,74 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 24.071,74 euros.
Cofinanciadores: Xunta de Galicia.
Resume: Mellorar a situación económica da poboación campesiña do distrito a través do apoio á producción agropecuaria, o impulso e fortalecemento da organización das mulleres e a xestión comunitaria, no marco da coordinación e da participación das institucións públicas contribuíndo á definición de estratexias de desenvolvemento distrital.
14. Proxecto: Promoción da saúde do pobo saharauí.
ONG: FUDEN.
País: R.A. Saharaui Democrática
Presuposto: 60.224,25 euros.
Cantidade aportada pola ONG: 4.056,84 euros.
Cantidade aportada pola Contraparte: 10.852,28 euros.
Cantidade solicitada ao Fondo: 7.234,16 euros.
Cantidade a aportar polo Fondo: 7.234,16 euros.
Resume: Mellora das condicións de vida dos refuxiados de Tindouff a través da achega de material sanitario destinado a corrixir as deficiencias que en materia de saúde ten esta poboación onde as principais causas de mortalidade son as anemias e as sepsis.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2003.