|
fondogalego.org • info(arroba)igadi.org • telf. 698 156 127 • © 2007-2012 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Relacións cos medios: 616 145 077 / comunicacion(arroba)fondogalego.org |
|||||
|
|
|
![]() |
![]() |
||
|
|
|||||
Aviso:
[Pechar}
As mulleres dos países do sur son frecuentemente caracterizadas polas sociedades occidentais como vítimas ou como persoas que adoitan ter pasividade e sometemento a pesares de toda a violencia á que son sometidas. Este ciclo permite coñecer que as mulleres do sur loitan diariamente polo seu propio desenvolvemento, para que os seus dereitos sexan cumpridos e para avanzar cara un mundo máis xusto e equitativo. Deste xeito, o Fondo Galego trata de dar voz ás propias mulleres do sur, sen que ninguén fale por elas, dándolles a visibilidade que merecen e tratando de eliminar os estereotipos que dende aquí adoitamos construír sobre as mesmas.
A partir de 15 anos.
- 8 de marzo: Día da Muller Traballadora
- 11 de outubro: Día Internacional da Muller Indíxena
- 25 de novembro: Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres
Este ciclo pode complementarse coa conferencia dalgunha ONGD que integre a perspectiva de xénero nos seus proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Contactar coa Coordinadora Galega de ONGD http://www.galiciasolidaria.org/.