Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2011-02-21

Arquitectos Sen Fronteiras mellora as condicións sanitarias en Mozambique co apoio do Fondo Galego

- A asociación de Concellos e Deputacións achegou perto de 50.000 euros á iniciativa que permitiu rehabilitar un centro de saúde e construír unha maternidade

- O proxecto incluíu a elaboración dun diagnóstico das infraestruturas na provincia de Inhambane e formación no eido informático para o persoal técnico

Persoal da Dirección Provincial de Saúde de Inhambane formouse no manexo de diversos programas informáticos.O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade apoiou con 49.954 euros o proxecto de Arquitectos Sen Fronteiras que permitiu mellorar as condicións sanitarias na provincia mozambicana de Inhambane. A asociación de Concellos e Deputacións participou, xunto con outras axencias cofinanciadoras, na rehabilitación do centro de saúde de Río das Pedras e na construción dunha nova maternidade, que xa están en pleno funcionamento. A achega do Fondo Galego destinouse a completar as obras optimizando as condicións de hixiene. Concretamente, en cada un dos dous centros instalouse unha incineradora, unha foxa biolóxica e mais un peche perimetral.

Tamén se realizou un diagnóstico das infraestruturas sanitarias da provincia mediante a visita a 116 unidades. A base de datos elaborada e o documento final servirán para definir un novo plan de investimento e priorizar as actuacións máis inmediatas. Asemade, o persoal técnico da Dirección Provincial de Saúde (DPS) recibiu formación no eido informático. Aprenderon a manexar o Autocad e outros programas complementarios que lles facilitarán o traballo. Doutra banda, redactáronse os proxectos para rehabilitar tres vivendas para a DPS, entre as que figura o edificio de Unicef. Achegouse tamén asesoramento técnico na visita a diferentes centros que se atopaban en obras, coma o hospital de Vilankulos.

A iniciativa da ONGD Arquitectos Sen Fronteiras dirixiuse a fortalecer as capacidades na Dirección Provincial de Saúde para mellorar a planificación e a xestión dos recursos do sistema sanitario. Ao mesmo tempo, facilitouse o acceso á rede primaria da poboación de diversas comunidades de Inhambane. No primeiro mes de funcionamento, a maternidade atendeu 57 consultas post-parto e 21 partos. O proxecto foi subvencionado polo Fondo Galego a través da convocatoria de axudas á cooperación indirecta de 2009.