Aviso:

[Pechar}



Bando

Faise saber a todos os veciños que este Concello decidiu participar no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Este Fondo naceu como unha asociación voluntaria de municipios para xuntar e coordinar as políticas de cooperación dos concellos e as deputacións. Como se sabe, unha cuarta parte da poboación mundial vive na pobreza, en tanto que a economía move 25 billóns de dólares. Un escándalo semellante ten mobilizado en todo o mundo a millóns de persoas que desexan facer algo para remediar esta inxustiza.

A solidariedade exténdese como un rego por todas partes: son miles as organizacións de voluntarios e grupos privados que loitan contra a pobreza, as guerras ou a discriminación. É nese marco de solidariedade no que se inscribe a nosa participación.

Somos conscientes de que deste xeito non só loitaremos contra a inxustiza cometida con moitos seres humanos inocentes e indefensos, senón que axudaremos tamén a afondar na nosa democracia, pois nesta tarefa coincidiremos todos, máis alá da color política de cada un de nós. O noso municipio, polo tanto, quere reafirmarse como un espacio de solidariedade cos demais e de convivencia democrática entre todos.


A ........ de ......................................... de ...............

 

O/A alcalde/esa,

 

 

 

 

O texto deste Bando foi redactado por Carlos Casares, presidente do Consello da Cultura Galega

Bando