Aviso:

[Pechar}



América Latina en construcción. Sociedad, política, economía y relaciones internacionales

Capas do libro / Páxinas / Contidos: 
América Latina en construcción. Sociedad, política, economía y relaciones internacionales

O incremento dos niveis de pobreza e desigualdade e o baixo crecemento económico rexional amosan que América Latina aínda non atopou o camiño máis axeitado para acadar niveis satisfactorios de desenvolvemento social, político e económico. Esta situación, combinada coa súa marxinalidade na actual axenda internacional concentrada na loita contra o terrorismo, levou algúns analistas a alertar do perigo latente da súa irrelevancia no sistema internacional contemporáneo. Ao mesmo temo, xurdiron novos actores políticos e outros, xa tradicionais, preséntanse con roupaxes distintas. Esta obra ofrece unha esclarecedora análise das claves para interpretar a realidade latinoamericana. A variedade de asuntos temáticos abordados (política, economía, sociedade, integración rexional, relacións internacionais e cooperación para o desenvolvemento) constitúe unha garantía para o lector que desexe captar de forma xeral a complexidade e os retos do desenvolvemento de América Latina.

Autoría: 
José Ángel Sotillo e Bruno Ayllón (eds.)
Editorial: 
Catarata
Ano: 
2006
Páxinas: 
286
Idioma: 
Spanish
Área temática: 
1 - Análise da Cooperación ao Desenvolvemento
Área territorial: 
5 - América