|
fondogalego.org • info(arroba)igadi.org • telf. 698 156 127 • © 2007-2012 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Relacións cos medios: 616 145 077 / comunicacion(arroba)fondogalego.org |
|||||
|
|
|
![]() |
![]() |
||
|
|
|||||
Aviso:
[Pechar}
Os estudosos que se reúnen neste libro, procedentes de disciplinas e departamentos diversos, quixeron participar neste incesante diálogo sobre o desenvolvemento dende perspectivas críticas. E fano nun momento no que as propostas de desenvolvemento para África parece converxer en torno a un certo consenso, que se podería dominar do milenio, e que inclúe o alivio da pobreza, o bo goberno, a apertura dos mercados e o aumento da axuda internacional.
Este libro analiza as rupturas e continuidades que supoñen estas propostas e linguaxes. A primeira parte atende ás principais institucións internacionais onde se xeran as axendas oficiais e os discursos hexemónicos. A segunda achégase ao terreo, onde os actores sociais, africanos e non africanos, fan uso desas linguaxes en contextos históricos particulares para producir e reproducir procesos de orde, dominación, resistencia e transformación social.