Aviso:

[Pechar}



Café amargo. Por un comercio Norte-Sur más justo

Capas do libro / Páxinas / Contidos: 
Café amargo. Por un comercio Norte-Sur más justo

Cen millóns de persoas no mundo viven do cultivo e da manipulación do café, a materia prima máis lucrativa despois do petróleo. Con todo, unha proporción ínfima do prezo que pagamos no Norte, como consumidores, chega aos traballadores do Sur, cuxas condicións sociais e laborais nas plantacións atópase lonxe de cumprir uns códigos éticos e dignos que permitan unha mínima calidade de vida.

O Comercio xusto e solidario é unha iniciativa alternativa ás relacións comerciais tradicionais que non fan senón agrandar a enorme brecha entre Norte e Sur. Baixo esta nova forma de relación comercial, que vincula cooperativas agrícolas e artesás do Sur e organización s de comercios xusto do Norte, garántense uns salarios e prezos dignos aos produtores do Sur, destínase parte deste diñeiro solidario a proxectos para a comunidade, impídese a existencia de traballo infantil, respéctase o medio ambiente e propíciase unha estrutura de produción democrática e participativa e non discriminatoria para as mulleres. Introducir os principios do comercio xusto no comercio tradicional contribúe de forma activa a loitar contra a pobreza.

Autoría: 
VV.AA.
Editorial: 
Icaria
Ano: 
1999
Páxinas: 
103
Idioma: 
Spanish
Área temática: 
1 - Análise da Cooperación ao Desenvolvemento
Área territorial: 
7 - Mundo/Sistema de Nacións Unidas
Café amargo. Por un comercio Norte-Sur más justo