|
fondogalego.org • info(arroba)igadi.org • telf. 698 156 127 • © 2007-2012 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Relacións cos medios: 616 145 077 / comunicacion(arroba)fondogalego.org |
|||||
|
|
|
![]() |
![]() |
||
|
|
|||||
Aviso:
[Pechar}
Este libro é un observatorio do noso propio ego, do fogar, da asociación e, como non, o da nosa escola enmarcada nun sistema educativo de por si conflitivo e contraditorio, reflexo, por outra banda, dun sistema social no que en moitas rexións do mundo é de mínima xustiza e de máxima violencia. Nas reflexións sobre o conflito interpersoal, centrámonos no proceso dunha auto pacificación que busca a transformación das nosas actitudes hostís e violentas, o auto coñecemento, a creación dunha nova responsabilidade e dunha verdadeira auto estima, a superación do conflito da separación, etc. A auto educación para a Paz imaxina alternativas psicolóxicas para cambiar a estrutura da nosa propia personalidade. Desde este espazo interior, a partir del, a nosa perspectiva ábrese ao espazo social, ao colectivo. A consideración do conflito social lévanos a considerar alternativas socio políticas pacificadoras que reduzan a violencia e acrecentan a xustiza.