Aviso:

[Pechar}



El derecho a exigir nuestros derechos. Derechos Económicos, Sociales y Culturales en el panorama internacional

Capas do libro / Páxinas / Contidos: 
El derecho a exigir nuestros derechos. Derechos Económicos, Sociales y Culturales en el panorama internacional

Este libro intenta plasmar, mediante a análise da situación dos Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (DESC) en sete países, como a vulneración sistemática do dereito ao traballo, á asistencia sanitaria, á vivenda digna, á seguridade alimentaria e á educación universal mergulla gran parte da poboación na máis absoluta desesperanza.

Na actualidade, o planeta debátese entre múltiples problemas. Europa do Leste asume procesos democráticos na súa gobernabilidade, pero perde o sistema de benestar. A crise económica de 1997 supuxo para millóns de persoas do Sueste Asiático un retroceso de máis de vinte anos nos niveis de desenvolvemento acadado. África permanece inmersa, maioritariamente, nunha situación de conflitos armados, secas, fames e enfermidades que a sitúan no continente, non só esquecido, senón condenado á miseria permanente. En América Latina, os gobernos “democráticos” soen acompañarse de altos niveis de corrupción política, así como dunhas obrigas de devolución de débeda externa que condiciona todo posible proceso de desenvolvemento social.

Autoría: 
VV.AA.
Editorial: 
Icaria
Ano: 
2002
Páxinas: 
358
Idioma: 
Spanish
Área temática: 
1 - Análise da Cooperación ao Desenvolvemento
Área territorial: 
7 - Mundo/Sistema de Nacións Unidas