Aviso:

[Pechar}



Globalización a qué precio. El impacto en las mujeres del Norte y del Sur

Capas do libro / Páxinas / Contidos: 
Globalización a qué precio. El impacto en las mujeres del Norte y del Sur

Este libro reúne as Actas do Seminario: “As Relacións Norte Sur dende a perspectiva de xénero” celebrado no seo do Instituto de Investigaciones Feministas da Universidade Complutense, centrado na análise do proceso globalizador actual dende unha perspectiva de xénero.No seminario, como se reflicte nesta obra, intentouse analizar de forma rigorosa a globalización para facer levar a outros foros a voz das perdedoras e dos perdedores. Para iso, centrouse de forma primordial, na desigualdade de xénero, agravada por razóns de clase, etnia e nacionalidade. E, é incuestionable que ofrece a maioría das veces unha visión que algúns e algunhas denominan pesimista da globalización. Por iso, esta publicación nace imbuída dun anhelo de cambio e a súa estrutura desenvolveuse en diferentes áreas temáticas. En ocasións céntrase no propio proceso de globalización de ámbito económico e sociopolítico, e noutras en áreas xeográficas concretas de Iberoamérica, Asia (Irán) e Europa (España), pero o fío condutor do mesmo foi a persistencia da desigualdade de xénero no mundo.

Autoría: 
Paloma de Villota (ed.)
Editorial: 
Icaria
Ano: 
2001
Páxinas: 
340
Idioma: 
Spanish
Área temática: 
5 - Xénero
Área territorial: 
7 - Mundo/Sistema de Nacións Unidas