|
fondogalego.org • info(arroba)igadi.org • telf. 698 156 127 • © 2007-2012 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Relacións cos medios: 616 145 077 / comunicacion(arroba)fondogalego.org |
|||||
|
|
|
![]() |
![]() |
||
|
|
|||||
Aviso:
[Pechar}
O termo “decrecemento” soa a desafío ou a provocación, aínda que sexamos conscientes de que un crecemento infinito é incompatible cun mundo limitado. O obxecto desta obra é demostrar que, aínda que un cambio radical é unha necesidade absoluta, optar voluntariamente por unha sociedade de decrecemento é unha aposta que vale a pena intentar para evitar un retroceso brutal e dramático.
Trátase dunha proposta necesaria para reabrir o espazo da inventiva e da creatividade do imaxinario bloqueado polo totalitarismo economicistas, de desenvolvemento e adepto ao progreso. É evidente que dita proposta non ten como obxectivo unha subversión caricaturesca que consistiría en proclamar o decrecemento polo decrecemento. Este propósito só sería posible nunha “sociedade de decrecemento”, é dicir, no ámbito dun sistema baseado noutra lóxica.
E queda o máis difícil: Como se pode construír unha sociedade sostible, tamén no Sur? Son necesarias diversas etapas: cambiar valores e conceptos, cambiar de estruturas, relocalizar a economía e a vida, revisar os nosos modos de uso dos produtos, responder ao desafío específico dos países do Sur. E finalmente, hai que asegurar a transición da nosa sociedade de crecemento á sociedade de decrecemento mediante as medidas apropiadas.
O decrecemento é unha aposta política e estará presente, con seguridade, nos futuros debates electorais.