|
fondogalego.org • info(arroba)igadi.org • telf. 698 156 127 • © 2007-2012 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Relacións cos medios: 616 145 077 / comunicacion(arroba)fondogalego.org |
|||||
|
|
|
![]() |
![]() |
||
|
|
|||||
Aviso:
[Pechar}
Este libro, nacido da colaboración entre a Facultade de Medicina e Odontoloxía e o Instituto de Estudios sobre El Desarrollo y la Cooperación Internacional (HEGOA) de la UPV/EHU, é, en primeiro lugar, un libro de Solidariedade Humana. As partes técnicas deixan paso a esa sensación, que debe volverse universal, que o benestar de todos e calquera membro da Humanidade debe ser a nosa preocupación. Nada xustifica ante o benestar duns, o sufrimento dos demais. Solidariedade é tamén asumir tamén que se ninguén ten toda a pureza de intencións nin toda a verdade, entón xuntos podemos traballar para busca-la e ata atopala. É entender que todos os pobos con culturas diferentes ás nosas poden moi ben ensinarnos moitas cousas dun pasado milenario que aínda non sabemos interpretar. Que o seu nivel de desenvolvemento socioeconómico, distinto ao noso, non implica distancias culturais, senón modos distintos de ve-la vida. O libro trata da nosa solidariedade para que eses pobos logren un benestar socioeconómico, a través da saúde, que a súas culturas lles permita vivir.