Aviso:

[Pechar}



La izquierda en la ciudad. Participación en los gobiernos locales de América Latina

Capas do libro / Páxinas / Contidos: 
La izquierda en la ciudad. Participación en los gobiernos locales de América Latina

A fin do predominio das ditaduras en América Latina xerou moitas esperanzas nas súas esquerdas emerxentes. A realidade tardou pouco en desmontar estes escenarios. Os sucesivos momentos electorais non lles foron favorables e relegounas á eterna oposición ou a ser unha forzas marxinais. O fracaso social e económico das receitas neoliberais impostas en todos os países creou un contexto moito máis favorable á experimentación con outras alternativas socioeconómicas e políticas. Pasouse das consignas que xurdían de catro dirixentes, ao debate entre homes e mulleres formados nesas escolas de cidadanía, que son os mercados, as minas, as plantacións, as asociacións de barrio, as fábricas, os lavadoiros ou as cooperativas.

As cidades elixidas son un bo reflexo da heteroxeneidade latinoamericana, Montevideo e Porto Alegre con organizacións de esquerda máis estruturadas, Lima como exemplo da esquerda máis dividida, o populismo está representado polo PRD de México DF e a experiencia de Causa R de Caracas amosa unha realidade heterodoxa e difícil de clasificar.

A partir destas prácticas municipais as esquerdas latinoamericanas xa comezaron a transformar o mundo. Puxeron en práctica os seus valores e as súas políticas específicas para intentar conter a nivel local os efectos da marca neoliberal. Axúdannos a entender, en definitiva, como o local inflúe no nacional e, á vez, como o global no local. Cómo a pesar dos límites e dificultades as alternativas estanse a construír cada día e estanse empezando a forxar dende as cidades.

Autoría: 
Daniel Chávez e Benjamín Goldfrank (eds.)
Editorial: 
Icaria
Ano: 
2004
Páxinas: 
259
Idioma: 
Spanish
Área temática: 
1 - Análise da Cooperación ao Desenvolvemento
Área territorial: 
5 - América