Aviso:

[Pechar}



Léxico ecopacifista

Capas do libro / Páxinas / Contidos: 
Léxico ecopacifista

Este libro non é un léxico no sentido estrito; é máis ben unha escolma de conceptos ordenados alfabeticamente, co fin de facilita-lo seu uso e consulta.  Destes conceptos, algúns están tratados dun xeito máis propiamente léxico-gráfico, mediante unha breve definición/explicación. Outros, a maioría, están desenvolvidos máis demoradamente e mesmo conteñen valoracións ou opinións claramente ideolóxicas, cousa que ningún léxico ou dicionario ortodoxo debe admitir. Pero resulta que este léxico eco-pacifista é heterodoxo: non é neutral. O seu autor confesa humildemente estar cheo de prexuízos a prol dunha cultura de paz e en contra dunha cultura de guerra, de insolidariedade, de despilfarro. Perante a paz non se debe ser neutral. É un discurso moral. Xunto coa máxima obxectividade, acompaña o posicionamento a prol duns valores e en contra doutros. Este é un léxico cheo de valoracións.

Autoría: 
Calo Iglesias
Editorial: 
Seminario Permanente de Educación para a Paz
Ano: 
1991
Páxinas: 
313
Idioma: 
Galician
Área temática: 
3 - Educación para o Desenvolvemento
Léxico ecopacifista