Aviso:

[Pechar}



Maus. Relato dun supervivente

Capas do libro / Páxinas / Contidos: 
Maus. Relato dun supervivente

Maus é a biografía e o testemuño de Vladek Spiegelman, un xudeu polaco supervivente aos campos de exterminio Nazis, contado a través do seu fillo Art., debuxante de cómic que quere deixar constancia da arrepiante persecución que sufriron millóns de persoas na Europa de Hitler e das consecuencias deste sufrimento na vida cotiá das xeracións posteriores. A grande proeza desta obra é conseguir explicar a traxedia da Historia –con maiúsculas- mediante a historieta –en minúsculas e diminutivo. O autor crea unha grella gráfica e literaria na que interactúan e se entrelazan o pasado e o presente; dúas proxeccións históricas que se precisan mutuamente. A do pasado do pai en Polonia, a traxedia familiar de persecución, fuxidas, dor e morte contada por el mesmo a seu fillo, e a do presente dos dous visto polos ollos do fillo: a conflitiva relación emocional entre eles, a alongada sombra da traxedia que afecta aínda a todos os niveis da vida e, sobre todo, a necesidade de comprender.

Autoría: 
Art Spiegelman
Editorial: 
Inrevés
Ano: 
2008
Páxinas: 
296
Idioma: 
Portuguese
Área temática: 
6 - Banda Deseñada/Libros ilustrados
Maus. Relato dun supervivente