Aviso:

[Pechar}



Mozambique. Una paz para África

Capas do libro / Páxinas / Contidos: 
Mozambique. Una paz para África

O 4 de outubro de 1992 Mozambique volvía á paz, grazas á sinatura dos acordos de Roma. Despois dunha década da histórica sinatura, este libro reconstrúe a historia do gran país africano, precipitado nunha guerra civil ao día seguinte da independencia e que terminou unicamente despois de dezaseis anos e un millón de mortos.

Extraordinaria foi a paz negociada entre o goberno e os rebeldes, grazas á insólita mediación da Comunidade de Sant’Egidio e dun conxunto de homes de boa vontade. Paciencia xeolóxica e comprensión profunda das partes en loita caracterizan esta mediación.
Mozambique converteuse nun modelo de paz nun continente africano, dramaticamente marcado por guerras e conflitos. Hoxe posúe unha sólida democracia, acompañada dende hai anos por unha mellora económica.

A pesar diso, o país está situado entre un dos máis pobres do mundo e enfróntase a un novo inimigo, a SIDA. A unidade nacional conseguida en 1992 grazas á “formula italiana” dos negociadores da paz pode axudar o país a derrotar a SIDA, do mesmo xeito que foi derrotada a violencia bélica.

Autoría: 
Roberto Morozzo della Rocca
Editorial: 
Icaria
Ano: 
2003
Páxinas: 
250
Idioma: 
Spanish
Área temática: 
1 - Análise da Cooperación ao Desenvolvemento
Área territorial: 
4 - África
Mozambique. Una paz para África