fondogalego.org • info(arroba)igadi.org • telf. 986 843 436 / 698 144 536 • © 2007-2017 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Relacións cos medios: 616 145 077 / comunicacion(arroba)fondogalego.org |
|||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
||
|
Aviso:
[Pechar}
O BiblioFondo entra en funcionamento
Dentro do traballo do Fondo Galego a Área de Sensibilización social ten como obxectivo achegar ás nosas entidades socias materiais e actividades relacionadas coa Cooperación para o Desenvolvemento. O BiblioFondo que hoxe presentamos é parte desta liña de traballo, para fornecer á sociedade galega ferramentas para a reflexión sobre a Cooperación ao desenvolvemento e as súas problemáticas.
O BiblioFondo preséntase cun rexistro inicial de 150 obras, de temáticas variadas, xa sexa por áreas de coñecemento ou xeográficas. Non pode máis que ser visto como outra pata do Fondo Documental do Fondo Galego, que inclúe tamén un VideoFondo, un arquivo específico para revistas e publicacións de ONGDS (memorias, papers, campañas...), e o arquivo histórico das edicións varias producidas desde o propio Fondo Galego en papel, vídeo ou cd-rom.
Sobre o funcionamento do BiblioFondo
O BiblioFondo, igual que o VideoFondo (dispoñible na nosa páxina web) atópase a disposición das entidades socias: para os seus responsables técnicos e políticos, e para calquera traballador da Administración Local, baixo a responsabilidade dos representantes do Fondo no seu Concello. Os gastos de envío e devolución serán asumidos polas persoas interesadas e, de haber algún desperfecto, serían tamén responsables de compensalo.
Actualmente, e para facilitar a consulta dos asociados ate termos un buscador que ofreza maiores finezas na procura, dividimos o BiblioFondo tanto en áreas temáticas, como xeográficas, cuxas categorías se expoñen a seguir.
Área temática: 1. Análise da Cooperación ao Desenvolvemento, 2. Cooperación Descentralizada, 3. Educación para o Desenvolvemento, 4. Cultura de Paz, 5. Xénero, 6. Banda Deseñada/Libros ilustrados, 7. Documentación. Na área temática nº1 incluímos baixo o paraugas da categoría “Análise da Cooperación ao Desenvolvemento” diferentes temáticas, como as propiamente técnicas da cooperación relacionadas co ciclo de desenvolvemento do proxecto, a historia da Cooperación ao Desenvolvemento, o enfoque de Dereitos, teorías e ideas, ou sistemas institucionais de desenvolvemento... O resto de categorías (2,3,4,5,6 e 7) están “remarcadas” ao considerármolas eixos do noso traballo na Área de Sensibilización social. Agardamos que no próximo ano as posibilidades de procura gañen en eficiencia. |
Área territorial: Dispomos este outro criterio de procura ao considerar relevante a posibilidade de achegarnos as áreas territoriais de maneira específica, aínda cando en moitos casos, a mesma obra se sitúe xeograficamente en varios puntos á vez, ou simplemente non teña ningunha vocación de análise territorial. |
-
George/Nair/Ramonet/TodorovGalaxia GutembergSpanishÁrea temática: 1
-
Jeremy SeabrookIntermón OxfamSpanishÁrea temática: 1Área territorial: 7
-
VV.AA.ALBOAN/GobernoVascoGalicianÁrea temática: 3
-
Xunta de GaliciaXunta de GaliciaGalicianÁrea temática: 7Área territorial: 1
-
Paloma de Villota (ed.)IcariaSpanishÁrea temática: 5Área territorial: 7
-
Confederación de Fondos de Cooperación e...Confederación de Fondos de Cooperación...GalicianÁrea temática: 2
-
Jorge Pina Cabral/Joao Antonio SilvaEspaço OIKOSPortugueseÁrea temática: 1Área territorial: 4
-
VV.AA.IcariaSpanishÁrea temática: 1Área territorial: 7
-
Carmen Belmonte Useros (coord.)Exlibris Ediciones SLSpanishÁrea temática: 1
-
Fondo Galego de Cooperación e SolidariedadeFondo Galego de Cooperación e...GalicianÁrea temática: 7Área territorial: 1
-
Julio A. Portieles FleitesEdicións Boloá/PNUD/ Oficina del...SpanishÁrea temática: 2Área territorial: 4
-
Intermon-OxfamIntermon-OxfamSpanishÁrea temática: 7
-
Rosa Huertas GómezSolidaridad para el Desarrollo y la PazSpanishÁrea temática: 4
-
Xunta de GaliciaXunta de GaliciaGalicianÁrea temática: 7Área territorial: 1
-
Reyes Ansó DozCatarataSpanishÁrea temática: 3
-
Ignacio Álvarez-Ossorio e Ferran IzquierdoCatarataSpanishÁrea temática: 1Área territorial: 6
-
A. Pérez-Foguet, M. Carillo e F. Magrinyá. (...Ingeniería sin fronterasSpanishÁrea temática: 1
-
Koldo Unceta, Koldo Unceta Satrustegui, Pili...Servicio Central de Publicaciones del...SpanishÁrea temática: 1
-
Xulio Ríos e Carlos TeijoEdicións Xerais de GaliciaGalicianÁrea temática: 1Área territorial: 1
-
AmaranteAmarante/Dep da Coruña.SpanishÁrea temática: 1