Aviso:

[Pechar}



Tejiendo la interculturalidad. Actividades creativas para el aula

Capas do libro / Páxinas / Contidos: 
Tejiendo la interculturalidad. Actividades creativas para el aula

Traballar a interculturalidade na aula resulta ás veces complexo. Sabemos onde queremos chegar, pero non sempre como transmitilo. Este libro presenta a comprensión da diversidade dende unha perspectiva lúdica, a través da realización de prendas de vestir, turbantes e símbolos significativos das tradicións culturais do mundo. A utilización de obxectos de uso cotián, a reutilización ou a reciclaxe doutros permiten, á vez, traballar o respecto ao medio ambiente. Por outra banda, as propostas, adaptables a calquera nivel educativo, e fáciles de executar, ofrecen a posibilidade de afondar en valores como a educación para a paz, a coeducación, a ensinanza cooperativa, a solidariedade e a curiosidade por outras maneiras de ver a vida. En definitiva, lémbranos que podemos xogar e gozar para aprender, para compartir e para descubrir un mundo de teas e cores, no que non somos tan diferentes.

Autoría: 
Reyes Ansó Doz
Editorial: 
Catarata
Ano: 
2007
Páxinas: 
103
Idioma: 
Spanish
Área temática: 
3 - Educación para o Desenvolvemento