|
fondogalego.org • info(arroba)igadi.org • telf. 698 156 127 • © 2007-2012 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Relacións cos medios: 616 145 077 / comunicacion(arroba)fondogalego.org |
|||||
|
|
|
![]() |
![]() |
||
|
|
|||||
Aviso:
[Pechar}
Este libro ofrece unha visión de conxunto da política e a xestión da cooperación para o desenvolvemento da Unión Europea, no marco das súas relacións exteriores e da súa aspiración a converterse nun actor global. O seu contido contempla unha descrición dos aspectos máis básicos da Unión Europea, da súa evolución histórica e da súa crecente incorporación á vida internacional, así como da súa situación actual. Dende aí, céntrase na natureza, fins, obxectivos e medios da política comunitaria de cooperación para o desenvolvemento, o proceso de toma de decisións e a súa posta en práctica e a distribución xeográfica e sectorial da axuda europea, incidindo na dimensión dos dereitos humanos. A obra finaliza cun balance crítico da cooperación europea e coas perspectivas que abre o Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa e inclúe, amais, unha relación de recursos (bibliográficos e documentais) e fontes de información (centros de información e sitios en Internet).