Aviso:

[Pechar}


Baiona 2010-12-18

Blog das Vacacións con Traballo en Cuba

A directora da Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Verín, Patricia Varela, viaxou finalmente a Cuba o pasado sábado 11 de decembro, como participante do programa ‘Vacacións con Traballo’.

Patricia colaborará durante quince días coa Oficina do Conservador de Santiago de Cuba, institución dedicada a preservar o patrimonio histórico-cultural e monumental da cidade. Alí vai apoiar a continuación do proxecto de mellora das condicións de habitabilidade na área de Los Maceos, que afecta a máis de 80 vivendas da zona antiga. Trátase dunha das actuacións derivadas do Plan Mestre para a revitalización da cidade histórica que se aprobou en 2009 e cuxa consecución viña sendo apoiada dende hai varios anos polo Fondo Galego, canda a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela.

Podes consultar o seu blog aquí.

Blog das Vacacións con Traballo en Cuba