16 anos de proxectos

Para coñecer as características da cooperación ao desenvolvemento que impulsa o Fondo Galego debemos ter presente de que tipo de axente estamos a falar dentro do marco xeral da cooperación internacional ao desenvolvemento. Esta categorización axudaranos a entender os seus principios e criterios, así como a súa especificidade neste marco xeral.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha entidade de cooperación descentralizada, o que quere dicir que é unha entidade de cooperación ao desenvolvemento distinta do goberno central. A cooperación descentralizada xorde do convencemento de que o estado non é o único ente que ten responsabilidades no ámbito da redución da pobreza e desigualdades entre o norte e o sur, se non que outras entidades públicas e privadas, coma as asociacións, os sindicatos, as ONGD, os gobernos rexionais, os municipais, etc. deben responsabilizarse e adoptar un papel activo e decisivo na construción dun mundo máis xusto e solidario.

O Fondo Galego como política mancomunada do municipalismo galego naceu do convencemento de que o desenvolvemento humano brota no local. Na procura dos Dereitos Humanos e os Obxectivos do Milenio os proxectos do Fondo priorizan o proxecto estratéxico do municipio e as relacións que implican á cidadanía, alá e aquí.

Orixes da cooperación descentralizada e os seus límites

A participación dos gobernos locais en cooperación ao desenvolvemento xurdiu en Galicia durante os anos 90, como consecuencia da obriga de recoller as demandas da sociedade civil e reflectilas a través das súas políticas e iniciativas. Ao longo desa década, a presión cidadá esixíu ás administracións públicas que dedicasen unha parte do seu orzamento á redución da pobreza no mundo.

Os municipios e deputacións, como os entes públicos máis próximos á cidadanía, tenderon a abrir canles para a satisfacción destas ansias de solidariedade. Deste xeito, os municipios poden levar a cabo a xestión da súa política local de cooperación de diversos modos: abrindo unha convocatoria pública de proxectos para ONGD (deste xeito financiarían algunha/s proposta/s xestionada por unha ONG local con proxectos no Sur), financiando e xestionando directamente algún proxecto nalgún país empobrecido, ou a través da figura das irmandades intermunicipais. Este modelo supón unha gran dispersión de micro proxectos, xa que o orzamento dedicado á cooperación (por parte daqueles municipios que a practican) adoita ser máis ben escaso, o que converte estes proxectos en pouco sostibles. Por conseguinte, os principais puntos negros da cooperación municipal é que é pequena, fragmentada e dispersa. En Galicia detectáronse estas feblezas xa nos anos 90, por medio de diferentes artigos, e foros de reflexión que impulsou o IGADI.

As deputacións e municipios, a pesares de contar con tódalas vantaxes da cooperación descentralizada, atópase con riscos ou límites que frecuentemente se lle atribúen: a atomización, a falta de eficiencia, a non visibilidade e a carencia de profesionais especializados. O feito de que haxa múltiples e pequenos esforzos en diferentes países do sur, segundo criterios propios de cada goberno local, orixina que a axuda estea dispersa, tanto no espazo coma no tempo. A falta de garantías para poder levar a cabo iniciativas integrais, sustentables económica e politicamente, e, en consecuencia, con certo impacto nas poboacións do sur, provoca que a cooperación levada a cabo non teña en moitos casos a calidade desexada. A avaliación e reorientación da cooperación realizada, que darían mostra da consolidación da cooperación nunha localidade, son inexistentes na meirande parte dos gobernos locais que practican a cooperación. Outro gran risco é a asunción de responsabilidades e tarefas para as que non hai competencias dentro do goberno municipal. A cooperación ao desenvolvemento require o coñecemento dunha metodoloxía específica, duns procesos, e de sistemas diferentes aos nosos. Esta carencia formativa por parte do equipo técnico municipal poderá ter como resultado un traballo mal orientado ou incorrectamente executado, e/ou un sobreesforzo e sobrecarga de traballo por parte do mesmo. Estas dúas trabas principais inciden directamente na falta de eficiencia e de eficacia da cooperación impulsada polos gobernos locais, que son dous dos principios que deben rexer a cooperación ao desenvolvemento segundo a Declaración de París , así como o da concentración da axuda.

O novidoso do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, constituído actualmente por 93 concellos e as 2 deputacións, na cooperación descentralizada europea, é que supera estas feblezas e aposta por unha maior coordinación e eficiencia no xeito de levar a cabo a cooperación, que xera compromisos estables, máis alá dos típicos dos ciclos electorais. Desde Galicia, e no 1997, o municipalismo galego coordina os seus esforzos por mellorar a súa axuda na arquitectura do sistema internacional de cooperación.

En xeral, os fondos de cooperación, e como tal, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, levan a cabo unha cooperación ao desenvolvemento que gaña en eficacia, eficiencia, sustentabilidade, viabilidade, impacto e visibilidade. En definitiva, nunha cooperación de maior calidade e con impactos máis perceptibles para os pobos do sur. Así, o Fondo Galego coordina os diferentes gobernos locais con vocación solidaria, tratando de evitar solapamentos, duplicidades e contradicións, dándolle un sentido de longo prazo no que todos os Concellos poden participar, achegando o seu grao de area e incorporando as súas cidadanías ao Fondo.

Características principais da cooperación do Fondo Galego

É unha cooperación municipalista, o que significa que se establece prioritariamente coas corporacións locais dos países do sur. Trátase, por ende, de relacións entre homólogos, con reciprocidade e interese mutuo. Isto permite sacar o máximo proveito á experiencia dos nosos concellos e deputacións en base á súa experiencia en áreas que son de interese para tódalas entidades locais. Ademais, a cooperación municipalista está en primeira liña para contribuír á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, xa que moitos deles dependen das competencias atribuídas aos gobernos locais.

• O seu obxectivo céntrase na procura dun desenvolvemento socioeconómico e culturalmente sostible, participativo, endóxeno, e que procure a transformación social das realidades dos países empobrecidos, contribuíndo de xeito efectivo á loita contra a pobreza.

• O seu ámbito de actuación está vinculado directamente co eido local en temáticas como: fortalecemento municipal, desenvolvemento socioeconómico local, apoio aos procesos de descentralización, fortalecemento da participación cidadá e a gobernabilidade democrática, cunha traxectoria que exclúe accións de natureza puntual e desconectadas da dinámica local e contemplando a implicación das autoridades locais, comisións de desenvolvemento local e/ou outros colectivos ou espazos de concertación municipal.

• Os países de execución son considerados prioritarios segundo o Plan Director da Cooperación Galega, pero teñen preferencia os países onde o Fondo Galego ten maior presenza (Cabo Verde, Cuba, Nicaragua e Perú).

• O respecto polos dereitos humanos, a potenciación da identidade cultural e étnica dos pobos ou grupos perceptores dos proxectos.

• A integración da perspectiva de xénero e o enfoque ambiental, reforzando os valores de equidade e tolerancia, atendendo a sectores dobremente oprimidos como son a infancia, as mulleres, os grupos étnicos marxinados, etc.

• Favorece o intercambio de experiencias e a cooperación sur-sur e sur-norte.

• Foméntase a participación dos colectivos beneficiarios en todas e cada unha das fases dos proxectos: concepción, realización, xestión e avaliación, sen ningún tipo de discriminación.

LISTADO DO NÚMERO DE PROXECTOS POR PAÍSES NOS QUE SE TEÑEN APOIADO PROXECTOS

PÁISES Nº PROXECTOS ORZAMENTO TOTAL ACHEGA  DESDE O FONDO GALEGO[1]
1 CABO VERDE 32 1.918.253,90 € 1.333.455,53 €
2 NICARAGUA 23 2.696.134,60 € 771.417,77 €
3 PERÚ 22 1.002.201,05 € 571.018,18 €
4 CUBA 9 1.092.221,28 € 448.618,56 €
5 O SALVADOR 8 530.741,53 € 194.788,18 €
6 BOLIVIA 7 607.395,23 € 103.259,03 €
7 MOZAMBIQUE 7 417.757,72 € 172.586,24 €
8 GUATEMALA 6 154.538,01 € 106.428,24 €
9 TERRITORIO PALESTINO 3 190.118,29 € 132.176,29 €
10 BRASIL 2 18.879,79 € 16.275,76 €
11 ECUADOR 2 273.416,05 € 35.470,95 €
12 ETIOPÍA 2 49.527,00 € 29.667,00 €
13 HAITÍ 2 329.885,66 € 180.276,61 €
14 R.A. SAHARAUÍ DEMOCRÁTICA 2 65.424,25 € 12.434,16 €
15 SIRIA 2 255.000 € 255.000 €
16 AMÉRICA DO SUR (varias cidades)[2] 2 247.067,00 € 156.379,00 €
17 ANGOLA 1 40.579,36 € 12.019,95 €
18 COSTA DE MARFIL 1 14.516,10 € 5.025 €
19 HONDURAS 1 22.000 € 22.000 €
20 INDIA 1 11.144,80 € 10.044,80 €
21 MARROCOS 1 31.003,10 € 24.000,00 €
22 MAURITANIA 1 37.535,00 € 19.635,00 €
23 QUÉNIA 1 25.736,16 € 23.162,55 €
24 SENEGAL 1 77.981,00 € 20.000,00 €
25 SRI LANKA 1 62.961,00 € 62.961,00 €
26 URUGUAI 1 250.000 € 250.000 €
- TOTAL 141 PROXECTOS 10.396.295,96 € 4.881.354,63 €


1.       Considérase aquí que a achega do Fondo Galega é a suma das axudas xestionadas por dito organismo, que poden proceder de convenios asinados coa Xunta de Galicia ou con algunha das súas Consellerías ou mesmo con convenios con Concellos/Deputacións integrantes do Fondo Galego que incrementaron a súa achega á cooperación ademais da cota que anualmente ingresan ao Fondo Galego.

  

Cooperación Directa

A cooperación directa é aquela a través da cal o Fondo Galego entra en relación directa cos parceiros do sur, que adoitan ser gobernos municipais ou ONGD de base local. No primeiro caso, falaríamos dunha cooperación entre homólogos. Esta é a súa característica principal, que a diferenza doutros actores. Ademais, a cooperación directa reforza as relacións cos gobernos municipais do sur ao non haber intermediarios, de xeito que hai un recoñecemento mutuo e unha aprendizaxe constante dun e doutro lado. O Fondo Galego leva impulsando proxectos de cooperación directa dende o ano 2001.

As relacións estratéxicas coa Asociación nacional de Municipios Caboverdiana (ANMCV) e as súas distintas Cámaras municipais, co Instituto de Promoción Humana-Somoto en Nicaragua, ou coa cidade de Santiago de Cuba, teñen brotado da nosa cooperación directa e coordinada como institucións locais galegas.

PROXECTOS COOPERACIÓN DIRECTA FONDO GALEGO
ANO TÍTULO PARCEIRO PAÍS ORZAMENTO TOTAL ACHEGA DO FONDO GALEGO ACHEGA DE ENTIDADES IMPLICADAS
68 2011 Rehabilitación das casas de Eito II. Lugar de Lombo Comprido Cámara Municipal do Paúl Cabo Verde 61.802,72 € 48.000,00 € 20.000 € Concello da Coruña
11.000 € Concello de Pontevedra
15.000,00 € Concello de Vigo
67 2011 Melloradas as condicións de habitabilidade e salubridade de 11 familias chorotegas de Totogalpa, Madriz (Nicaragua) INPRHU-Somoto Nicaragua 82.243,77 € 58.189,64 € 52.000,00 € Concello de Vigo
66 2010 Recalificación Urbana Cámara Municipal de Paúl Cabo Verde 59.992,81 € 55.000,00 € 55.000,00 € Concello de Vigo
65 2010 Extensión da rede de auga e a súa ligazón ós domicilios no municipio de Brava, en Cabo Verde Cámara Municipal da Brava Cabo Verde 16.190,00 € 12.840,00 € - -
64 2010 Apoio á construción de cuartos de baño na illa de Maio Cámara Municipal do Maio Cabo Verde 151.667,76 € 49.200,00 € 48.708,00 € Dirección Xeral de Relación Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia
63 2010 Programa de apoio ó proceso de desenvolvemento económico local para a provincia de Maputo PNUD Mozambique 66.061,71 € 66.061,71 € 15.000 € Concello da Coruña
11.043 € Concello de Pontevedra
15.000 € Concello de Vigo
18.000 € Deputación de Lugo
62 2010 Elaboración do III Plan de Desenvolvemento na Illa de Santo Antón AMSA Cabo Verde 71.359,00 € 41.475,00 € 40.000,00 € Dirección Xeral de Relación Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia
61 2009 Abastecemento de auga e saneamento para as zonas de Cabeça Monte, Inhuco e Lagariça Cámara Municipal de Saõ Filipe Cabo Verde 98.169,87 € 73.568,61 € 70.000,00 € Concello de Vigo
60 2009 Centro Comunitario. Espazo ao servizo das comunidades de Alcatraz e Pilão Cão Cámara Municipal de Maio Cabo Verde 61.175,33 € 29.371,18 € 28.487,36 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
59 2009 Implementación do Plan Municipal de Igualdade e Equidade de Xénero (PMIEG) do Municipio de Paúl Cámara Municipal do Paúl Cabo Verde 60.616,42 € 47.040,82 € 46.661,40 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
58 2009 Xestión do desenvolvemento sostible en municipios rurais andinos CEPRODE Perú 119.905,68 € 55.206,68 € 54.006,68 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
57 2009 Construción de módulo educativo integral: aula para nen@s de 4 anos, servizos hixiénicos incorporados, patio central e muro de contención na I.E.I. Nº6080 – Rosa de América Tierra de Niños Perú 53.028,16 € 46.653,62 € 45.811,28 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
56 2009 Mellora das condicións de habitabilidade das vivendas do centro histórico de Santiago de Cuba Oficina del Conservador Cuba 104.412,00 € 104.412,00 € 90.912,00 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da  Xunta de Galicia
55 2008 Mellora das condicións de habitabilidade das vivendas do centro histórico de Santiago de Cuba. Oficina del Conservador Cuba 104.412,00 € 104.412,00 € 90.912,00 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
54 2008 Mellora das condicións de vida das comunidades rurais do municipio de Totogalpa. INPRHU-Somoto Nicaragua 185.055,31 € 110.386,74 € 110.386,74 € Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia
53 2008 Mellora das condicións de vida das comunidades rurais do municipio de Totogalpa. INPRHU-Somoto Nicaragua 123.714,95 € 69.793,63 € 62.000,00 € Concello de Vigo
52 2008 Autoconstrución de 64 vivendas nos asentamentos de La Vereda e Pasos de las Duranas Intendencia Municipal de Montevideo Uruguai 250.000,00 € 250.000,00 € 250.000,00 € Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia
51 2008 Apoio á implantación de políticas locais con perspectiva de xénero. ICIEG Cabo Verde 76.586,08 € 61.984,00 € 3.000,00 € Concello Vilagarcía
3.000,00 € Concello Pontevedra
6.000,00 € Concello Culleredo
30.000,00 € Deputación Coruña
50 2008 Conexión á rede de abastecemento de auga do Barrio de Ponte D´Auga, Praia. II Fase. CITI-HABITAT Cabo Verde 134.700,00 € 123.000,00 € 117.000,00 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
49 2007 Proxecto de Turismo Solidario Killa Wasi, 2ª Fase. Tierra de Niños Perú 48.096,17 € 24.048,00 € - -
48 2007 Capacitación e empoderamento das mulleres labregas de Río Grande do Sul. Movimento de Mulheres Camponesas-RS Brasil 12.121,79 € 11.250,76 € - -
47 2007 Construción dunha cociña comunitaria. INPRHU-Somoto Nicaragua 11.029,84 € 10.000,00 € 5.000,00 € Concello Allariz
46 2007 Produción de medicina natural para a atención de saúde sexual e reprodutiva das mulleres adolescentes no municipio de Tonacatepeque, 2ª Fase. Asociación de promotores comunitarios de O Salvador O Salvador 71.964,48 € 25.541,92 € - -
45 2007 Plans Directores Ambientais. ANMCV Cabo Verde 2.000,00 € 2.000,00 € 2.000,00 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
44 2007 Abastecemento de auga potable. Cámara Municipal de Saõ Filipe Cabo Verde 34.012,00 € 34.012,00 € 29.012,00 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
43 2007 Construción Centro Socio-Comunitario en Corda. Cámara Municipal da Ribeira Grande Cabo Verde 21.140,00 € 18.140,00 € 15.640,00 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
42 2007 Capacitación de mozos e mozas en artesanato, danza, novas tecnoloxías e asociativismo. Cámara Municipal de San Miguel Cabo Verde 26.349,00 € 23.000,00 € 20.000,00 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
41 2007 Conexión á rede municipal de abastecemento de auga do barrio de Ponte D´Auga, Praia. I Fase. CITI-HABITAT Cabo Verde 254.752,00 € 254.752,00 € 168.415,76 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
40 2007 Plaidoyer para aumentar a particpación das mulleres nas listas para as eleccións autárquicas de 2008 ICIEG Cabo Verde 49.016,73 € 34.415,76 € 31.415,76 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
39 2007 Rehabilitación de vivendas no municipio de Totogalpa. INPRHU-Somoto Nicaragua 191.521,98 € 107.029,29 € 99.000,00 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
38 2007 Educación Técnico-Agropecuaria para adolescentes e mozos/as rurais do Municipio de Las Sabanas. INPRHU-Somoto Nicaragua 40.776,56 € 40.776,56 € 25.000,00 € Deputación da Coruña
37 2006 Turismo solidario, un xeito innovador e creativo de promover o emprego xuvenil e a identidade local. Tierra de Niños Perú 41.687,85 € 31.688,00 € - -
36 2006 Formación profesional básica en canalización hidráulica, electricidade básica e lectricidade industrial. Cámara Municipal de San Lourenzo dos Órgaos Cabo Verde 10.500,00 € 10.500,00 € 10.000 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
35 2006 Conexións domiciliarias en Flamingos. Cámara Municipal de San Miguel Cabo Verde 22.312,00 € 22.312,00 € 21.312 €  Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
34 2006 Construción dun Centro Socio-comunitario na Comunidade do Val da Ribeira da Torre, Illa de Santo Antão. Cámara Municipal de Ribeira Grande Cabo Verde 44.406,00 € 36.280,00 € 31.280 €  Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
33 2006 Construción dunha escola infantil en Covao Sanches, Zona Norte, Illa de Santiago. Cámara Municipal de Santa Cruz Cabo Verde 22.675,00 € 22.675,00 € 21.675 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
32 2006 Capacitación de xóvenes Cámara Municipal de San Miguel Cabo Verde 40.015,00 € 33.666,00 € 28.666 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
31 2006 Formación profesional básica en canalización hidráulica, electricidade básica e lectricidade industrial. Cámara Municipal de San Lourenzo dos Órgaos Cabo Verde 36.280,00 € 36.280,00 € 35.280 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
30 2006 Construción dunha escola en Santa Catarina  do Fogo. Cámara Municipal de Santa Catarina do Fogo Cabo Verde 36.280,00 € 36.280,00 € 35.280 € Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
29 2005 Proxecto de Educación Alternativa Rural Técnica Integral para Adolescentes e Mozos Rurais no Municipio de Las Sabanas. INPRHU-Somoto Nicaragua 119.027,20 € 42.742,00 € 30.000 € Concello de Oleiros
28 2005 Instalación dun muíño comunal INPRHU-Somoto Nicaragua 2.936,25 € 1.200,00 € - -
27 2005 Produción de Medicina Natural para a Atención de Saúde Sexual e Reprodutiva das mulleres adolescentes no Municipio de Tonacatepeque. APROCSAL (Asociación de Promotores Comunais Salvadoreños). O Salvador 71.964,48 € 24.541,92 € - -
26 2005 Mellora da Atención no Departamento de Pediatría e Emerxencias Pediátricas, Hospital Nacional 2 de maio. Oficina Executiva de Planificación Estratéxica do Hospital Nacional 2 de Maio Perú 40.448,50 € 40.448,50 € 20.224,25 € Concello de Lugo
25 2005 Bicicletas para promotoras/es comunitarias/es de Cajamarca. Bicis pola Paz Perú 4.600,00 € 2.300,00 € - -
24 2005 Apoio aos Xardíns de Infancia Gassan Kanafani. UPWC (Union of Palestinian Women Committees) Palestina 9.558,00 € 8.147,00 € 4.073,05 € Concellos de As Pontes, Narón e Fene
23 2005 Adquisición de 22 licencias de Arcview ANMCV Cabo Verde 40.000 €. 40.000,00 € 37.945 €  Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
22 2005 Rehabilitación do Bairro Social Cha de Tiliza, Pontinha de Janel-Paul Cámara Municipal de Paúl Cabo Verde 21.112, 62 € 21.112,62 € 20.000,00 € Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
21 2005 Apoio ao Fondo Comunitario Cámara Municipal do Maio Cabo Verde 15.000,00 € 15.000,00 € 14.000 € Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
20 2005 Reforzo do abastecemento de auga na Illa de Maio. Cámara Municipal do Maio Cabo Verde 85.000,00 € 63.000,00 € 60.000 € Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
19 2005 Xestión municipal e participación cidadá no desenvolvemento rural. 2 ª Fase. CEPRODE (Centro de Promoción do Desenvolvemento e o Ensino) Perú 244.202,00 € 107.554,00 € 101.603,18 € Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
18 2004 Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica de Santiago de Cuba Municipalidade de Santiago de Cuba Cuba 120.070,00 € 112.000,00 € 60.000,00 € Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
40.000,00 € Concello de Santiago de Compostela.
17 2004 Formación e capacitación para o fortalecemento institucional dos gobernos locais e as súas formas asociativas. Fundación DEMUCA Costa Rica, O Salvador, Honduras, Panamá 100.000,00 € 79.612,00 € 50.000 € Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
16 2004 Adquisición de equipamento para saneamento básico. Cámara Municipal de São Vicente Cabo Verde 73.000,00 € 73.000,00 € 50.000,00 € Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
15 2004 Construción do centro de apoio de Mahanhane Casa do Gaiato Mozambique 83.401,00 € 24.015,00 € 24.015 € Concello de Oleiros
14 2004 Xestión Municipal e participación cidadá no desenvolvemento rural. I Fase. CEPRODE Perú 125.787,00 € 99.893,00 € 99.893,00 € Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
13 2003 Autoconstrución de anexo de sistema de auga no sector das Palmitas e sector 4 do Municipaio de Las Sabanas- Departamento de Madriz INPRHU-Somoto Nicaragua 3.109,50 € 2.404,50 € - -
12 2003 Captación de auga para o Municipio de Las Sabanas INPRHU-Somoto Nicaragua 43.665,00 € 43.665,00 € 32.984,82 € Deputación de Pontevedra
11 2003 As mulleres deseñando o futuro INPRHU-Somoto Nicaragua 10.529,84 € 6.224,00 € - -
10 2003 Integración das mozas e mozos de Zacamil 1 e San Rafael na vida laboral e produtiva da zona. Municipio de Suchitoto. CRC (Cominté de Reconstrución y Desarrollo Económico y Social de Comunidades de Suchitoto, Cuscatlán) O Salvador 18.249,27 € 14.279,27 € - -
9 2003 Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica de Santiago de Cuba Municipalidade de Santiago de Cuba Cuba 60.035,00 € 60.035,00 € 36.035,00 € Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
12.000,00 € Concello de Santiago de Compostela.
  2003 Formación e capacitación para o fortalecemento institucional dos gobernos locais no Mercosur MERCOSUR   104.000,00 € 83.000,00 € 80.000 € Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
8 2003 Formación e capacitación para o fortalecemento institucional dos gobernos locais de Centroamérica e Caribe Fundación DEMUCA Costa Rica, O Salvador, Honduras, Panamá 249.424,00 € 147.067,00 € 120.300 € Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
7 2002 Construción de infraestruturas comunitarias básicas en Bela Vista- Pedreira Cámara Municipal de Saõ Vicente Cabo Verde 40.909,09 € 10.227,27 € 10.227,27 € Consellería de Emigración e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
6 2002 Cosntrución de infraestruturas comunitarias básicas en Monte Sossego-Alto Pomba Cámara Municipal de Saõ Vicente Cabo Verde 40.909,09 € 10.227,27 € 10.227,27 € Consellería de Emigración e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
5 2002 Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica de Santiago de Cuba Municipalidade de Santiago de Cuba Cuba 81.050,00 € 81.050,00 € 36.060,00 € Consellería de Emigración e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
11.090,00 € Concello de Santiago de Compostela
4 2002 Programa de actuación integral en Porto Rincão Cámara Municipal de Santa Catarina Cabo Verde 22.152,92 € 22.152,92 € - -
3 2001 Apoio ao desenvolvemento agropecuario e microempresarial a mulleres da área rural e semiurbana do norte dos departamentos de San Salvador e La Libertad UCRES O Salvador 98.725,89 € 46.302,74 € - -
2 2001 Compra de silos de almacenaxe de grans básicos Mama Maquín Guatemala 8.077,60 € 8.077,60 € - -
1 2001 Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica de Santiago de Cuba Municipalidade de Santiago de Cuba Cuba 60.101,21 € 60.101,21 € 36.073,00 € Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior da Xunta de Galicia
 

Cooperación Indirecta

A cooperación indirecta consiste en financiar proxectos presentados polas ONGD á convocatoria aberta anualmente (a excepción dalgúns anos nos que non chegou a realizarse por insuficiencias orzamentarias para esta finalidade) polo Fondo Galego. A cooperación indirecta é importante dentro da cooperación galega porque axuda a reforzar ás ONGD, galegas ou con delegación en Galicia, e a continuar co seu traballo no sur. O Fondo Galego leva financiando proxectos de cooperación indirecta dende o ano 1998. En total, nestes 15 anos, 63 proxectos presentados por ONGD galegas ou con delegación en Galicia foron financiados polo Fondo.

Esta liña é básica na actuación do Fondo Galego, fortalecer ao tecido solidario galego, á cidadanía organizada na implicación contra a pobreza, apoiando aos diferentes axentes de cooperación galegos.

PROXECTOS COOPERACIÓN INDIRECTA FONDO GALEGO
ANO TÍTULO PARCEIRO PAÍS ORZAMENTO TOTAL ACHEGA DO FONDO GALEGO
60 2010 Desenvolvemento de capacidades locais con equidade de xénero e mellora das condicións de vida en 9 comunidades rurais da provincia fronteiriza de Ayabaca, Piura. Perú Amigos ESCAES-Perú Perú 53.458,00 € 35.000,00 €
59 2010 Latrinas para Tepalón Axunica Nicaragua 8.439,60 € 6.751,62 €
58 2009 Mellora das condicións sanitarias na provincia Inhambane Arquitectos sen Fronteiras Mozambique 175.712,91 € 49.954,87 €
57 2009 Desenvolvemento Urbano Comunitario en Addis Abeba Implicadas no Desenvolvemento Etiopía 45.372,00 € 26.372,00 €
56 2009 Fomento da participación no marco dos gabinetes do poder cidadán no municipio de Totogalpa, Madriz, Nicaragua Paz e Solidariedade Nicaragua 87.693,45 € 50.000,00 €
55 2009 A Formación Sanitaria como vía de desenvolvemento Solidariedade Galega Nicaragua 30.000,00 € 24.000,00 €
54 2007 Incorporación ao mercado laboral e empoderamento de mulleres palestinas do triángulo norte-israelí. Confederación Intersindical Galega (CIG) Territorios palestinos 73.531,00 € 17.000,00 €
53 2007 Erradicación do infanticidio en Salem. Implicadas no Desenvolvemento India 11.144,80 € 10.044,80 €
52 2007 Cría de animais menores. Fogar de Santa María de Huancarama. INTI Perú 3.092,73 € 3.000,00 €
51 2007 Bicicletas para fortalecer o desenvolvemento rural das provincias de San Marcos e Cajabampa. Asociación para el Desarrollo Integral (ADIAR) Perú 4.750,00 € 2.300,00 €
50 2006 Construción de servizos hixiénicos para nenos e nenas con necesidades educativas especiais. INTI Perú 3.000,00 € 2.380€ (1.190€ achega do  Concello de Gondomar)
49 2006 Proxecto de Saúde Comunitaria. Construción e equipamento dun posto de saúde. Posta en marcha dunha mutua de saúde. Posta en marcha dunha farmacia comunitaria. Equus Zebra Senegal 77.981,00 € 20.000,00 €
48 2006 Fortalecemento da Soberanía Alimentaria na Conca do Río Polochic. 2º ano. Veterinarios sen Fronteiras Guatemala 17.754,00 € 17.754,00 €
47 2006 Fortalecemento da participación de mulleres e xoves na organización comunitaria e municipal. Intered Guatemala 39.748,71 € 30.935,00 €
46 2006 Escola de Auxiliares de Enfermería de Sucre (Isfocata, Instituto Superior de Formación e Capacitación Hernández Vera). Seminario Galego de Educación pola Paz Bolivia 164.770,67 € 19.050,00 €
45 2005 Cooperativa gráfica en Santo Antão. Cara novos espazos de Inserción socio-laboral. Asociación sociocultural Atamán Cabo Verde 51.600,00 € 30.000,00 €
44 2005 Mellora do nivel de vida e formación dos mariñeiros artesanais de Nouadhibou. Asociación Natura Hispánica Mauritania 37.535,00 € 19.635,00 €
43 2005 Creación da Unidade Clínico Docente en Ciudad Sandino. Fundación SEMG-Solidaria Nicaragua 446.260,49 € 30.000€ (O Concello de Allariz achegou 12.000€)
42 2005 Mellora integral das condicións de vida das comunidades da liña costeira oriental do Municipio de Balfate Solidariedade Internacional Honduras 22.000,00 € 22.000,00 €
41 2004 Mellora das condicións de vida dos habitantes das campamentos de Oughlan, Tasseft, Tizgnane, Quedan e El Koub ADEMEN Marrocos 31.003,10 € 24.000,00 €
40 2004 Bicicletas para promotores comunitarios do departamento de Cochabamba Bicis pola Paz Bolivia 5.000,00 € 1.800,00 €
39 2004 Proxecto de alfabetización, formación, promoción e elevación da poboación feminina rural na comunidade de Yamparáez (Bolivia) a través da ampliación da residencia educativa Seminario Galego de Educación pola Paz Bolivia 44.230,00 € 33.030,00 €
38 2004 Axuda á formación laboral e educación medioambiental en Cabo Verde Asociación sociocultural Atamán Cabo Verde 39.964,00 € 36.964,00 €
37 2004 Dotación de medios de transporte ás organizacións campesiñas do MST de Piauí Amarante Brasil 6.758,00 € 5.025,00 €
36 2004 Cooperativa rural de depósito e distribución de alimentos e outros artigos de uso habitual. Asociación para la Solidaridad Costa de Marfil 14.516,10 € 14.516,10 €
35 2004 Instalación de latrinas na comunidade campesiña de José Olaya INTI Perú 4.574,70 € 3.574,70 €
34 2004 Empoderamento de mulleres cabeza de familia Implicadas no Desenvolvemento Etiopía 4.155,00 € 3.295,00 €
33 2004 Proxecto produtivo de pesca artesanal para a desmobilización dos cortadores de Mangle no Estero Real e Golfo Fonseca Amigos da Terra Nicaragua 54.004,32 € 24.444,21 €
32 2003 Fomento da xestión e mellora da saúde comunitaria en 15 comunidades rurais Manos Unidas Nicaragua 368.689,95 € 18.555,64 €
31 2003 Saúde e desenvolvemento Labañou-Vilcabamba Asociación Labañou Solidaria Perú 18.960,00 € 6.000,00 €
30 2003 Construción dunha unidade clínico-docente SEMG-Solidaria Nicaragua 360.607,26 € 30.000,00 €
29 2003 Desenvolvemento económico e social para o aumento da produción de leite e carne na UBPC "Victoria de Girón". 2ª fase. Veterinarios sen Fronteiras Cuba 211.629,87 € 28.465,36 €
28 2003 Apoio produtivo á muller rural e ao desenvolvemento local no distrito de Junín Asociación Entrepobos Perú 102.209,02 € 24.071,74 €
27 2003 Promoción da saúde do pobo saharauí FUNDEN R.A. Saharaui Democrática 60.224,25 € 7.234,16 €
26 2002 Desenvolvemento económico e social para o aumento da produción de leite e carne na UBPC "Victoria de Girón" Veterinarios sen Fronteiras Cuba 276.748,61 € 29.384,44 €
25 2002 Adquisición de bicicletas para mestres populares e promotores de organización Bicis pola Paz O Salvador 3.621,00 € 2.000,00 €
24 2002 Banco de materiais para melloras nas vivendas de El Viejo Arquitectos sen Fronteiras Nicaragua 117.493,34 € 35.979,92 €
23 2002 Apoio ao desenvolvemento sostible das comunidades indíxenas andinas de Chuma Intermón Bolivia 274.697,52 € 30.325,00 €
22 2002 Identificación e solución da situación social e legal dos nenos, nenas e adolescentes institucionalizados Meniños Ecuador 164.758,00 € 30.325,00 €
21 2002 Accesibilidade a auga potable para os habitantes da zona noroeste do distrito de Turkana Fundación Pro-Mundo Quénia 25.736.16€ 23.162,55 €
20 2002 Asistencia médica e ciruxía gratuita Solidariedade Galega Perú 38.128,21 € 6.010,12 €
19 2002 Construción de sumidoiros na aldea de San Juan de Dios INCIDE Guatemala 82.373,21 €. 20.593,30 €
18 2001 Construción e equipamento dun centro de atención infantil Ecos do Sur Mozambique 89.526,76 € 30.050,61 €
17 2001 Adquisición de bicicletas para promotoras da saúde Bicis pola Paz Mozambique 2.935,34 € 2.404,05 €
16 2001 Introdución de enerxía eléctrica e alumeado público COSAL O Salvador 62.489,40 € 45.228,04 €
15 2001 Abastecemento de auga potable no "Caserío La Loma" Solidariedade Internacional O Salvador 146.019,73 € 18.030,36 €
14 2001 Instalación dun módulo ovino da raza Corriedale Amigos ESCAES-Perú Perú 39.695,87 € 28.567,83 €
13 2000 Condución de auga potable para o casería "La Coyotera" COSAL O Salvador 57.716,05 € 18.867,01 €
12 2000 Instalación dun módulo de ovinos de raza corriedale en Ambulco Grande Amigos ESCAES-Perú Perú 10.637,64 € 10.637,64 €
11 2000 Promoción económica dos produtores de fabas nas mesetas de Mirebalais e Cayes Intermón Haití 95.513,73 € 9.015,18 €
10 2000 Manexo sustentable do bosque húmido tropical, apoio á produción agropecuaria e fortalecemento organizativo de comunidade do norte de Esmeraldas Entrepobos Ecuador 108.660,66 € 12.621,25 €
9 2000 Construción dunha ponte INCIDE Guatemala 30.050,61 € 15.025,30 €
8 2000 Reconstrución de vivendas e cociñas no departamento de Estelí Fundación Augusto César Sandino Nicaragua 360.573,61 € 10.512,64 €
7 1999 Trillo e panadería AXUNICA Nicaragua 13.731,32 € 13.731,32 €
6 1999 Accións para o desenvolvemento sostible no Beni (Bolivia) Asociación Natura Hispánica Bolivia 39.065,79 € 6.010,12 €
5 1999 Ampliación dunha escola e construción de latrinas para 400 escolares Intermón Angola 40.579,36 € 12.019,95 €
4 1999 Instalación de emisoras de radiocomunicación entre poboacións indíxenas Paz e Solidariedade Perú 8.835,94 € 8.835,94 €
3 1998 Casa de acollida para menores con risco social Arquitectos sen Fronteiras Guatemala 58.907,09 € 14.043,04 €
2 1998 Instalación de auga potable Amigos ESCAES-Perú Perú 7.392,45 € 4.507,59 €
1 1998 Módulos básicos para servizos hixiénicos e lavandería INTI Perú 6.394,77 € 5.024,46 €
 

Axuda de emerxencia e Post

A Axuda Humanitaria é unha expresión de solidariedade que se produce dende os países e institucións do norte cara as poboacións desfavorecidas do sur que se atopan nunha situación de emerxencia tras unha catástrofe natural, unha guerra ou unha crise estrutural.
 
O Fondo Galego desenvolveu algunha intervención neste sentido, debido, sobre todo, á súa función de canalización da solidariedade municipalista galega ante este tipo de sucesos. O Fondo Galego non é unha entidade especializada en Axuda humanitaria. De feito, hai moi poucas entidades a nivel estatal que teñan capacidade para mobilizarse ante unha situación de crise. Por isto, o Fondo Galego sempre opta nestas situacións por aliarse cun parceiro local ou internacional con contrastada fiabilidade e con amplo coñecemento da situación e do país ao que se vai prestar a axuda.
 
En total, o Fondo Galego conta con nove proxectos de axuda humanitaria, dentro dos que tamén podemos atopar proxectos de post-emerxencia, que non teñen por misión paliar unha serie de consecuencias nun momento concreto, senón que se desenvolven con posterioridade á situación de crise máis aguda para  tratar de sentar as bases dun desenvolvemento humano sustentable. A achega do Fondo Galego a proxectos de Axuda Humanitaria ou de post-emerxencia ascende a 698.562,15€.
 
LISTADO DE PROXECTOS DE AXUDA HUMANITARIA
 

ANO TÍTULO PARCEIRO MONTO TOTAL ACHEGA DO FONDO GALEGO
2005 Construción de 9 centros de desenvolvemento comunitario en Sri Lanka, tralo tsunami de decembro de 2004. PNUD 62.961€ 62.961€
2006 Escola 12 de outubro (R.A. Saharauí Democrática). Campaña Arroz para o Sáhara. Solidariedade Galega co pobo saharauí 5.200€ 5.200€,
2007 Axuda de emerxencia con motivo do ciclón en Changalane (Mozambique) Casa do Gaiato 120€ 100€
Rehabilitación de vivendas nos campos de refuxiados palestinos de Jalazone e Amaria. UNRWA 107.029,29€ 107.029,29€
2008 Axuda á reconstrución nas áreas devastadas polo terremoto de agosto de 2007. (Perú) Tierra de Niños 23.316,36€ 23.316,36€
Reconstrución do campo de refuxiados Neirab (Siria). I Fase. UNRWA 260.000,00€ 55.000,00€
Apoio á recuperación  de casas familiares devastadas polos furacáns Gustav e Ike na provincia de Pinar del Río, Cuba Asociacion Cubana de Producción Animal 73.762,59 € 73.762,59 €
2009 Reconstrución do campo de refuxiados Neirab (Siria). II Fase. UNRWA 260.000€ 200.000€
2010 Fortalecemento do desenvolvemento local para dar una resposta sostible e solidaria tras o terremoto do 12 de xaneiro en Haití Fons Catalá de Cooperació- SKDK 234.371,93€ 171.192,91€
 

 
 

Países/Socios prioritarios

O Fondo Galego marcouse como obxectivo, desde o seu nacemento, establecer relacións de cooperación de calidade, con capacidade real de transformación na vida das persoas. Darlle sustentabilidade no tempo e profesionalismo en prol de eficacias e eficiencias.

Para este obxectivo, e de maneira paulatina segundo o ritmo dos tempos, o Fondo foi concentrando as súas intervencións principalmente en catro países: Cabo Verde, Nicaragua, Cuba e Perú.

Cabo Verde (ANMCV)

 

Total proxectos apoiados 32
Ano de inicio da cooperación 2002
Orzamento total dos proxectos executados 1.918.253,90 €
Achega desde o Fondo Galego 1.333.455,53 €
 

Cabo Verde é un país prioritario para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade:

- É un arquipélago situado no continente africano, duramente castigado pola pobreza e a pésima distribución dos recursos. En África podemos atopar 34 dos 48 países máis pobres do mundo e as esperanzas de vida máis baixas. A pesares de que Cabo Verde está incrementando a súa riqueza (é considerado un país de Desenvolvemento Humano Medio), a pobreza vai gañando terreo debido á crecente desigualdade social, cunha concentración das ganancias nun reducido grupo social. Case o 40% da poboación de Cabo Verde vive na pobreza, 173.000 das/os 450.000 habitantes viven baixo a liña da pobreza e 93.000 caboverdianas/os viven nunha situación de pobreza extrema.

- É un país lusófono, co que as galegas e galegos nos atopamos nunha situación de vantaxe en canto ás capacidades comunicativas e de comprensión da lingua portuguesa, por proximidade e cultura coa nosa propia. O Fondo aposta por reforzar a nosa accción exterior como galegas, lembrando que na actualidade os países de lingua portuguesa, colonias ata o último cuarto do S. XX do Estado portugués, atópanse en situacións de inmensa desigualdade de oportunidades, e pobreza crónica.
 
No ano 2002 iníciase a cooperación con este país, e dende entón establécese unha estreita relación de traballo, cooperación e confianza coa ANMCV (Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos), o noso principal parceiro. Así mesmo, a ANMCV tamén nos fai de canle facilitador da relación con tódalas Cámaras Municipais para o envío de novas propostas e solicitamos e enviamos información de importancia para o noso labor.

Dende ese ano ata a actualidade foron realizados un total de 32 proxectos de cooperación ao desenvolvemento en Cabo Verde, converténdose no principal país receptor da axuda do Fondo Galego, cun monto total subvencionado de 1.199.561,34€. Destes 32 proxectos, só un deles tivo como beneficiaria a unha ONGD galega ou con delegación en Galicia, o resto correspóndense con proxectos de cooperación directa.
 
LISTADO DE PROXECTOS APOIADOS EN CABO VERDE
 

ANO TÍTULO Parceiro/ONG ORZAMENTO TOTAL ACHEGA DO FONDO GALEGO
2002 Construción de infraestruturas comunitarias básicas en Bela Vista- Pedreira Cámara Municipal de São Vicente 40.909,09€ 10.227,27€
Construción de infraestruturas comunitarias básicas en Monte Sossego- Alto Pomba Cámara Municipal de São Vicente 40.909,09€ 10.227,27€
Mellora das condicións de seguridade dos pescadores artesáns Instituto Nacional de Desenvolvemento das Pescas e Cámara Municipal de São Vicente 74.999,92€ 17.980,69€
Programa de actuación integral en Porto Rincão Cámara Municipal de Santa Catarina 250.000€ 50.000€
2004 Adquisición de equipamento para saneamento básico Cámara Municipal de São Vicente 73.000€ 23.000 €.
2005 Cooperativa gráfica en Santo Antão. Cara novos espazos de inserción sociolaboral Asociación Sociocultural Atamán 51.600€ 30.000€
Adquisición de 22 licencias de Arcview Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos 40.000€ 40.000€
Financiamento da rehabilitación do barrio social de Cha de Tilizia, Pontinha de Janel- Paúl Cámara Municipal do Paúl 21.112, 62€ 21.112, 62€
Apoio ao fondo comunitario Cámara Municipal do Maio 15.000€ 15.000€
Reforo do abastecemento de auga na Illa do Maio Cámara Municipal do Maio 85.000€ 63.000€
2006 Formación profesional básica en canalización hidráulica, electricidade básica e electricidade industrial Cámara Municipal de San Lourenzo dos Órgaos 10.500€ 10.500€
Capacitación de mozas e mozos Cámara Municipal de San Miguel 40.015€ 33.666€
Construción dun centro socio-comunitario na comunidade do val de Ribeira da Torre Cámara Municipal de Ribeira Grande 44.406€ 35.280€
Construción dunha Escola Infantil en Covão Sanches, zona norte, Illa de Santiago Cámara Municipal de Santa Cruz 22.675€ 22.675€
Conexións domiciliarias en Flamingos Cámara Municipal de San Miguel 22.312€ 22.312€
Construción dunha escola en Santa Catarina Cámara Municipal de Santa Catarina do Fogo 36.280€ 36.280€
2007 1ª Fase: Conexión á rede de abastecemento de auga do barrio de Ponte D`Agua. Praia ONG CITI-HABITAT 154.626€ 123.000€
Playdoyer para aumentar a participación das mulleres nas listas para as eleccións autárquicas de 2008 Instituto caboverdiano para a Igualdade e Equidade de Xénero 49.016,73€ 34.415,8€
Plans Directores Ambientais Asociación nacional de Municipios Caboverdianos 2.000€ 2.000€
Abastecemento de auga potable Cámara Municipal de São Filipe 34.012€ 34.012€
Construción dun centro socio-comunitario en Corda Cámara Municipal da Ribeira Grande 21.140€ 18.140€
Capacitación de mozas e mozos en artesanato, danzas, novas tecnoloxías e asociativismo Cámara Municipal de San Miguel 26.349€ 23.000€
2008 2ª Fase: Conexión á rede de abastecemento de auga do barrio de Ponte D`Agua. Praia. ONG CITI-HABITAT 134.700€ 123.000,00€
Apoio á implantación de políticas locais con perspectiva de xénero Instituto caboverdiano para a Igualdade e Equidade de Xénero 76.586,08€ 61.984€
2009 Abastecemento de auga e saneamento para as zonas de Cabeça Monte, Inhuco e Lagariça Cámara Municipal de São Filipe 98.169,87€ 73.568,61 €
Centro comunitario. Espazo ao servizo das comunidades de Alcatraz e Pilao Cão. Cámara Municipal de Maio 61.175,33€ 29.371,2€
Implementación do Plan Municipal de Igualdade e Equidade de xénero (PMIEG) no municipio do Paúl Cámara Municipal do Paúl 60.616,42€ 47.040,90€
2010 Recalificación urbana Cámara Municipal do Paúl 59.992,81€ 55.000€
Extensión da rede de auga e a súa ligazón aos domicilios Cámara Municipal da Brava 16.190€ 12.000€
Apoio á construción de cuartos de baño na Illa do Maio Cámara Municipal de Maio 151.667,76€ 49.200€
Elaboración do III Plano de Desenvolvemento da Illa de Santo Antão Asociación de Municipios da Illa de Santo Antón 71.359€ 41.475€
2011 Reahabilitación das casas de Eito II. Lugar de Lombo Comprido. Cámara Municipal do Paúl 61.802,72€ 48.000€

 
 
Entre os primeiros anos e o 2006 os proxectos tenderon a concentrarse nas Illas de Santiago e São Vicente, se ben nos últimos anos foi adoptado un xiro en canto á cooperación con Cabo Verde, priorizando aqueles municipios e illas que presentan peores resultados en canto á pobreza. Isto quedou materializado no documento das Liñas Estratéxicas para Cabo Verde 2011-2013, no que non só se sinalan os 14 municipios que superan a media nacional de porcentaxe de pobres por municipio, que se concentran en 4 das 9 illas do arquipélago, senón que tamén se especifican as áreas de traballo e as metas nas que deben centrarse os proxectos impulsados polo Fondo Galego no arquipélago. Este documento, realizado entre o Fondo Galego e a ANMCV, asegúranos que as áreas de traballo son as prioritarias para os municipios caboverdianos e que a concentración da axuda naqueles concellos con maiores taxas de pobreza incidirá nun maior impacto entre a poboación.

Cuba (Oficina do Conservador de Santiago de Cuba)

Total proxectos apoiados 9
Ano de inicio da cooperación 2001
Orzamento total dos proxectos executados 1.018.458,69€
Achega desde o Fondo Galego 374.855,97€

 

Os proxectos executados en Cuba son só oito, dous de cooperación indirecta e cinco de cooperación directa, mais polo forte impacto acadado por estes últimos, os proxectos desenvolvidos en Cuba ocupan un lugar especial na traxectoria do Fondo Galego.
 
A pesares de que as familias cubanas non viven folgadamente, hai que empregar parámetros para medir a pobreza diferentes aos que se usan no resto dos países latinoamericanos, xa que a súa poboación ten acceso á educación, á saúde, á luz eléctrica e á auga potable, así coma a prestacións sociais para as familias máis empobrecidas. Sen embargo, rehabilitación de vivendas e do patrimonio histórico é unha das principais necesidades que sofre o país, co que nos une un vinculo especial na nosa historia como pobo emigrante.

A cooperación con Cuba iníciase no ano 2001 cun programa de catro anos de duración da man da Municipalidade de Santiago de Cuba. O proxecto titulado “Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica de Santiago de Cuba” deu como resultado o diagnóstico urbanístico da cidade, a elaboración de material gráfico e o intercambio formativo. Este proxecto, de fondo calado para a cidade, é na actualidade o marco de referencia arquitectónico para a conservación do casco histórico de Santiago de Cuba, un conxunto de elevado valor paixasístico, arquitectónico e ambiental que se converteu no expoñente máis salientable da cultura material da cidade. Santiago de Cuba foi declarada Monumento Nacional no ano 1987. O Plan Maestro foi realizado en colaboración co mesmo equipo que redactou o Plan Especial de Protección do Centro Histórico de Santiago de Compostela. O proxecto empregou instrumentos da planificación urbanística para desenvolver estratexias de intervención que excederon os aspectos directamente patrimoniais para ocuparse tamén da solución de problemas sociais, económicos e funcionais deste conxunto urbano, altamente degradado física e socialmente ao inicio do proxecto.
 
Xa no ano 2008, e da man da Oficina del Conservador, organismo público que ten como premisa a recuperación e a conservación do patrimonio monumental, daría inicio un proxecto bianual titulado “Mellora das condicións de habitabilidade das vivendas do centro histórico de Santiago de Cuba”, que supón a aplicación práctica do Plan Maestro coa intervencións en 78 vivendas.

A pesares de que Cuba non está contemplado como un país prioritario no II Plan Director  da Cooperación Galega, para o Fondo Galego é moi importante dar continuidade a este traballo de gran impacto e trascendencia para a poboación da cidade de Santiago de Cuba, xa que supón un fito para a historia da cooperación municipalista galega, que ademais directamente atañe un dos irmandamentos máis antigos de Galicia entre os dous Santiago.
 
LISTADO PROXECTOS APOIADOS EN CUBA
 

ANO TÍTULO Parceiro/ONG ORZAMENTO TOTAL ACHEGA DO FONDO GALEGO
2001 Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica Santiago de Cuba. 1º ano. Municipalidade de Santiago de Cuba 60.101,21€ 60.101,21€
2002 Desenvolvemento económico e social para o aumento da produción de leite e carne na UBPC Victoria de Girón Veterinarios sen Fronteiras 276.748,61€ 29.384,44€
Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica Santiago de Cuba. 2º ano. Municipalidade de Santiago de Cuba 81.050,00€
 
12.020,24€
 
2003 Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica Santiago de Cuba. 3º ano. Municipalidade de Santiago de Cuba 60.035€ 12.020,24€
Desenvolvemento económico e social para o aumento da produción de leite e carne na UBPC Victoria de Girón. 2ª fase. Veterinarios sen Fronteiras 211.629,87€
 
28.465,36€
 
2004 Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica Santiago de Cuba. 4º ano. Municipalidade de Santiago de Cuba 120.070€ 24.040,48€
2008 Mellora das condicións de habitabilidade das vivendas do centro histórico de Santiago de Cuba Oficina del Conservador 104.412€ 104.412€
2009 Mellora das condicións de habitabilidade das vivendas do centro histórico de Santiago de Cuba Oficina del Conservador 104.412€ 104.412€
 

Nicaragua (INPRHU-Somoto)

 

Total proxectos apoiados 23
Ano de inicio da cooperación 1998
Orzamento total dos proxectos executados 2.696.134,60€
Achega desde o Fondo Galego 771.417,77€
 

A cooperación en Nicaragua iníciase por parte do Fondo Galego no ano 1998, a través da convocatoria aberta para as ONGD galegas ou con delegación en Galicia. Porén, a cooperación con este país xorde, nun primeiro momento, do interese das galegas e galegos canalizadas en varias ONGD con traballo en Nicaragua. Deste xeito, foron financiados un total de 12 iniciativas a través de ONGD que concorreron ás diferentes convocatorias de proxectos dos distintos exercicios, e un total de 11 proxectos de cooperación directa, tendo como parceiro a ONGD nicaraguana INPRHU-Somoto (Instituto de Promoción Humana- Somoto).

Nicaragua é o país latinoamericano que máis fondos recibiu do Fondo Galego a través da cooperación directa. A necesidade de traballar con este país radica nos pésimos datos que amosan os indicadores de pobreza: case a metade da poboación nicaraguana vive na extrema pobreza e o 28% vive con menos de dous dólares ao día. Nicaragua ocupa un dos tres últimos postos no ranking do Índice de Desenvolvemento Humano en América. A conexión histórica que nos une co pobo latinoamericano obriga ao Fondo Galego a corresponsabilizarse e a tomar partido na loita contra a pobreza en Nicaragua.
 
O INPRHU é o parceiro co que o Fondo Galego traballa dende o ano 2003. Esta organización promove dende a súa creación (1990) a igualdade de oportunidades, a participación cidadá e a promoción dos dereitos fundamentais das familias máis vulnerables, tanto no rural coma no urbano. Os proxectos financiados polo Fondo Galego a través do INPRHU van destinados a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas no ano 1998 polo furacán Mitch, que azotou severamente o norte e occidente de Nicaragua, ocasionando perdas humanas, grave deterioro ambiental e importantes danos en agricultura e en infraestructura social básica. O impacto do fenómeno tivo repercusións en 4 municipios do Departamento de Madriz, afectando con maior gravidade ao municipio de Totogalpa.
 
O Fondo Galego centra, dende o ano 2007,o traballo co INPRHU na construción de vivendas para as familias máis empobrecidas. A experiencia do INPRHU-Somoto nesta materia é ampla. Nos últimos anos, INPRHU executou este tipo de proxectos no Departamento de Madriz, consolidando experiencias e fortalecendo alianzas internacionais. Así, no ano 2007 executouse un proxecto de 30 vivendas no Municipio de Totogalpa, financiado polo Fondo Galego (con financiamento da Xunta de Galicia). No 2008 executouse un proxecto de 30 vivendas no Municipio de Totogalpa, financiado polo Fondo Galego (con financiamento da Xunta de Galicia), e outro proxecto máis de 15 vivendas no Municipio de Totogalpa, financiado polo Fondo Galego (Concello de Vigo). Xa no ano 2011, outras 15 vivendas foron rehabilitadas no Municipio de Totogalpa co financiamento do Fondo Galego (Concello de Vigo). 
 
LISTADO DE PROXECTOS APOIADOS EN NICARAGUA
 

ANO TÍTULO Parceiro/ONG ORZAMENTO TOTAL ACHEGA DO FONDO GALEGO
1998 Construción de sumidoiros de vao e empedramento. COSAL 21.300€ 21.300€
Trillo e panadería AXUNICA 13.731€ 13.731€
1999 Muíño para comunidade AXUNICA 13.731€ 13.731€
2000 Reconstrución de vivendas e cociñas no departamento de Estelí Fundación Augusto César Sandino 95.513,73€ 10.513,73€
2002 Banco de materiais para melloras nas vivendas de El Viejo Arquitectos sen Fronteiras 117.493,34€ 35.979,82€
2003 Autoconstrución de anexo de sistema de auga no sector das Palmitas e sector 4 do Municipio de Las Sabanas- Departamento de Madriz INPRHU SOMOTO 3.109,50€ 2.404,50€
Captación de auga para o Municipio de Las Sabanas INPRHU SOMOTO 43.665€ 43.665€
As mulleres deseñando o futuro INPRHU SOMOTO 10.529,84€ 6.224€
Fomento da xestión e mellora da saúde comunitaria en 15 comunidades rurais Manos Unidas 368.689,95€ 18.555,64€
Construción dunha unidade clínico-docente SEMG-Solidaria 360.607,26€ 36.000€
2004 Proxecto produtivo de pesca artesanal para a desmobilización dos cortadores de Mangle no Estero Real e Golfo Fonseca Amigos da Terra. Centro Iris de Medioambiente 54.004,32€ 24.444,21€
2005 Creación da Unidade Clínico Docente en Ciudad Sandino Fundación SEMG-Solidaria 446.260,49€ 30.000€
Proxecto de Educación Alternativa Rural Técnica Integral para Adolescentes e Mozos Rurais no Municipio de Las Sabanas INPRHU-Somoto 119.027,20€ 30.000€
Instalación dun muíño comunal INPRHU-Somoto 2.936,25€ 1.200€
2007 Construción dunha cociña comunitaria INPRHU-Somoto 11.029,84€ 10.000€
Rehabilitación de vivendas no Concello de Totogalpa INPRHU-Somoto 191.521,98€ 99.000€
Educación Técnico-Agropecuaria para adolescentes e mozos/as rurais do Municipio de Las Sabanas INPRHU-Somoto 40.776,56 40.776,56
2008 Mellora das condicións de vida das comunidades rurais do municipio de Totogalpa INPRHU-Somoto 185.055,31€ 110.386,74€
Mellora das condicións de vida das comunidades rurais do municipio de Totogalpa INPRHU-Somoto 123.714,95€ 69.734€
2009 Fomento da participación no marco dos gabinetes do poder cidadán no municipio de Totogalpa, Madriz, Nicaragua Paz e Desenvolvemento 87.693,45€ 50.000€
A Formación Sanitaria como vía de desenvolvemento Solidariedade Galega 30.000€ 24.000€
2010 Latrinas para Tepalón AXUNICA 8.439,6€ 6.751,62€
2011 Melloradas as condicións de habitabilidade e salubridade de 11 familias chorotegas en Totogalpa. INPRHU-Somoto 82.243,77€ 58.189,64€
 

 

Perú

Total proxectos apoiados 22
Ano de inicio da cooperación 1998
Orzamento total dos proxectos executados 1.002.201,05€
Achega desde o Fondo Galego 571.018,18€

En Perú desenvolvéronse un total de 24 proxectos financiados polo Fondo Galego, dos cales 17 se corresponden con cooperación indirecta e 7 con cooperación directa. A cooperación con este país iniciouse no ano 1998, dende o momento mesmo de fundación do Fondo Galego. A introdución do Perú como un país prioritario para a cooperación do Fondo baséase sobre todo nas inquedanzas das ONGD galegas, e por ende da poboación galega, de cooperar con este país latinoamericano co que tamén se teñen estreitos lazos históricos e culturais. A pobreza no Perú afecta a máis da metade da poboación, sendo as rexións andinas as que lideran o ranking das persoas máis pobres a nivel estatal.

Son dous os parceiros cos que traballou o Fondo Galego no país de maneira directa: CEPRODE  e Tierra de Niños. Con CEPRODE iniciouse o traballo no ano 2004, co proxecto “Xestión municipal e participación cidadá no desenvolvemento rural. 1ª fase”. No exercicio seguinte sería financiado tamén o segundo ano do proxecto tras os éxitos acadados.  Posteriormente retómase o traballo con esta ONGD peruana co proxecto “Xestión do desenvolvemento sostible en municipios rurais andinos”. Estes tres proxectos baseáronse na atención aos municipios andinos da provincia de Huaral, co fin de que desenvolvesen as súas capacidades de xestión do desenvolvemento sostible nas áreas económica, social e ambiental, a favor das comunidades campesiñas andinas.

Con Tierra de Niños apoiáronse un total de catro proxectos vinculados á área da protección da infancia. Cabe destacar o proxecto de post-emerxencia, “Axuda á reconstrución nas áreas devastadas polo terremoto de agosto 2007”, que permitiu rehabilitar un centro educativo. Así mesmo, os proxectos desenvolvidos nos anos  2006 e 2007 de turismo solidario, serviron para artellar os procesos educativos locais para o fortalecemento da identidade cultural das nenas e nenos e da mocidade, para valorar a historia e orixe das comunidades integrantes do circuíto turístico, e para afortalar as organizacións locais, agrupacións xuvenís e artesáns nos mecanismos de emprego e xestión turística.

LISTADO DE PROXECTOS APOIADOS NO PERÚ
 

ANO TÍTULO Parceiro/ONG ORZAMENTO TOTAL ACHEGA DO FONDO GALEGO
1998 Instalación de auga potable Amigos Escaes-Perú 7.392,44€ 4.508€
Módulos básicos para servizos hixiénicos e lavandería INTI 6.394,76€ 5.024,46€
1999 Instalación de emisoras de radiocomunicación entre poboacións indíxenas Paz e Solidariedade 8.835,93€ 8.835,93€
2000 Instalación dun módulo de ovinos raza Corriedale, en Ambulco Grande. Amigos Escaes-Perú 10.637,64€ 10.637,64€
2001 Instalación dun módulo ovino da raza Corriedale Amigos Escaes-Perú 39.695,86€ 28.567,83€
2002 Asistencia médica e cirúrxica gratuíta. Solidariedade Galega. 38.128,21€ 6.010,12€
2003 Saúde e desenvolvemento Labañou-Vilcabamba Asociación Labañou Solidaria 18.960€ 6.000€
Apoio produtivo á muller rural e ó desenvolvemento local no distrito de Junín. Asociación Entrepobos 102.209,00€ 24.071,74€
2004 Instalación de latrinas na comunidade campesiña de José Olaya. INTI 4.574,70€ 3.574,70€
Xestión municipal e participación cidadá no desenvolvemento rural. 1ª Fase. CEPRODE 125.787€ 99.893€
2005 Mellora da Atención no Departamento de Pediatría e Emerxencias Pediátricas, Hospital Nacional 2 de Maio. Oficina Executiva de Planificación Estratéxica do Hospital Nacional 2 de Maio 40.448,50€ 40.448,50€
Bicicletas para promotoras/es comunitarias/es de Cajamarca. Bicis pola Paz 4.600€ 2.300€
Xestión municipal e participación cidadá no desenvolvemento rural. 2 ª Fase. CEPRODE 244.202€ 107.554€
2006 Turismo solidario, un xeito innovador e creativo de promover o emprego xuvenil e a identidade local. Tierra de Niños 41.687,85€ 31.688€
Construción de servizos hixiénicos para nenos e nenas con necesidades educativas especiais. INTI 3.000€ 2.380€
2007 Cría de animais menores. Fogar de Santa María de Huancarama. INTI 3.092,73€ 3.000€
Bicicletas para fortalecer o desenvolvemento rural das provincias de San Marcos e Cajabampa. Bicis pola Paz 4.750€ 2.300€
Proxecto de Turismo Solidario Killa Wasi, 2ª Fase. Tierra de Niños 48.096,17€ 24.048€
2008 Axuda á reconstrución nas áreas devastadas polo terremoto de agosto 2007. Tierra de Niños 23.316,36€ 23.316,36€
2009 Xestión do desenvolvemento sostible en municipios rurais andinos. CEPRODE 119.905,68€ 54.006,68€
Construción de módulo educativo integral: aula para nen@s de 4 anos, servizos hixiénicos incorporados, patio central e muro de contención na I.E.I. Nº6080 – Rosa de América Tierra de Niños 53.028,16€ 45.811,28€
2010 Desenvolvemento de capacidades locais con equidade de xénero e mellora das condicións de vida en 9 comunidades rurais da provincia fronteiriza de Ayabaca. Piura. Amigos ESCAES- Perú 53.458,00€ 35.000€