Axuda de emerxencia e Post

A Axuda Humanitaria é unha expresión de solidariedade que se produce dende os países e institucións do norte cara as poboacións desfavorecidas do sur que se atopan nunha situación de emerxencia tras unha catástrofe natural, unha guerra ou unha crise estrutural.
 
O Fondo Galego desenvolveu algunha intervención neste sentido, debido, sobre todo, á súa función de canalización da solidariedade municipalista galega ante este tipo de sucesos. O Fondo Galego non é unha entidade especializada en Axuda humanitaria. De feito, hai moi poucas entidades a nivel estatal que teñan capacidade para mobilizarse ante unha situación de crise. Por isto, o Fondo Galego sempre opta nestas situacións por aliarse cun parceiro local ou internacional con contrastada fiabilidade e con amplo coñecemento da situación e do país ao que se vai prestar a axuda.
 
En total, o Fondo Galego conta con nove proxectos de axuda humanitaria, dentro dos que tamén podemos atopar proxectos de post-emerxencia, que non teñen por misión paliar unha serie de consecuencias nun momento concreto, senón que se desenvolven con posterioridade á situación de crise máis aguda para  tratar de sentar as bases dun desenvolvemento humano sustentable. A achega do Fondo Galego a proxectos de Axuda Humanitaria ou de post-emerxencia ascende a 698.562,15€.
 
LISTADO DE PROXECTOS DE AXUDA HUMANITARIA
 

ANO TÍTULO PARCEIRO MONTO TOTAL ACHEGA DO FONDO GALEGO
2005 Construción de 9 centros de desenvolvemento comunitario en Sri Lanka, tralo tsunami de decembro de 2004. PNUD 62.961€ 62.961€
2006 Escola 12 de outubro (R.A. Saharauí Democrática). Campaña Arroz para o Sáhara. Solidariedade Galega co pobo saharauí 5.200€ 5.200€,
2007 Axuda de emerxencia con motivo do ciclón en Changalane (Mozambique) Casa do Gaiato 120€ 100€
Rehabilitación de vivendas nos campos de refuxiados palestinos de Jalazone e Amaria. UNRWA 107.029,29€ 107.029,29€
2008 Axuda á reconstrución nas áreas devastadas polo terremoto de agosto de 2007. (Perú) Tierra de Niños 23.316,36€ 23.316,36€
Reconstrución do campo de refuxiados Neirab (Siria). I Fase. UNRWA 260.000,00€ 55.000,00€
Apoio á recuperación  de casas familiares devastadas polos furacáns Gustav e Ike na provincia de Pinar del Río, Cuba Asociacion Cubana de Producción Animal 73.762,59 € 73.762,59 €
2009 Reconstrución do campo de refuxiados Neirab (Siria). II Fase. UNRWA 260.000€ 200.000€
2010 Fortalecemento do desenvolvemento local para dar una resposta sostible e solidaria tras o terremoto do 12 de xaneiro en Haití Fons Catalá de Cooperació- SKDK 234.371,93€ 171.192,91€