Países/Socios prioritarios

O Fondo Galego marcouse como obxectivo, desde o seu nacemento, establecer relacións de cooperación de calidade, con capacidade real de transformación na vida das persoas. Darlle sustentabilidade no tempo e profesionalismo en prol de eficacias e eficiencias.

Para este obxectivo, e de maneira paulatina segundo o ritmo dos tempos, o Fondo foi concentrando as súas intervencións principalmente en catro países: Cabo Verde, Nicaragua, Cuba e Perú.

Cabo Verde (ANMCV)

 

Total proxectos apoiados 32
Ano de inicio da cooperación 2002
Orzamento total dos proxectos executados 1.918.253,90 €
Achega desde o Fondo Galego 1.333.455,53 €
 

Cabo Verde é un país prioritario para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade:

- É un arquipélago situado no continente africano, duramente castigado pola pobreza e a pésima distribución dos recursos. En África podemos atopar 34 dos 48 países máis pobres do mundo e as esperanzas de vida máis baixas. A pesares de que Cabo Verde está incrementando a súa riqueza (é considerado un país de Desenvolvemento Humano Medio), a pobreza vai gañando terreo debido á crecente desigualdade social, cunha concentración das ganancias nun reducido grupo social. Case o 40% da poboación de Cabo Verde vive na pobreza, 173.000 das/os 450.000 habitantes viven baixo a liña da pobreza e 93.000 caboverdianas/os viven nunha situación de pobreza extrema.

- É un país lusófono, co que as galegas e galegos nos atopamos nunha situación de vantaxe en canto ás capacidades comunicativas e de comprensión da lingua portuguesa, por proximidade e cultura coa nosa propia. O Fondo aposta por reforzar a nosa accción exterior como galegas, lembrando que na actualidade os países de lingua portuguesa, colonias ata o último cuarto do S. XX do Estado portugués, atópanse en situacións de inmensa desigualdade de oportunidades, e pobreza crónica.
 
No ano 2002 iníciase a cooperación con este país, e dende entón establécese unha estreita relación de traballo, cooperación e confianza coa ANMCV (Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos), o noso principal parceiro. Así mesmo, a ANMCV tamén nos fai de canle facilitador da relación con tódalas Cámaras Municipais para o envío de novas propostas e solicitamos e enviamos información de importancia para o noso labor.

Dende ese ano ata a actualidade foron realizados un total de 32 proxectos de cooperación ao desenvolvemento en Cabo Verde, converténdose no principal país receptor da axuda do Fondo Galego, cun monto total subvencionado de 1.199.561,34€. Destes 32 proxectos, só un deles tivo como beneficiaria a unha ONGD galega ou con delegación en Galicia, o resto correspóndense con proxectos de cooperación directa.
 
LISTADO DE PROXECTOS APOIADOS EN CABO VERDE
 

ANO TÍTULO Parceiro/ONG ORZAMENTO TOTAL ACHEGA DO FONDO GALEGO
2002 Construción de infraestruturas comunitarias básicas en Bela Vista- Pedreira Cámara Municipal de São Vicente 40.909,09€ 10.227,27€
Construción de infraestruturas comunitarias básicas en Monte Sossego- Alto Pomba Cámara Municipal de São Vicente 40.909,09€ 10.227,27€
Mellora das condicións de seguridade dos pescadores artesáns Instituto Nacional de Desenvolvemento das Pescas e Cámara Municipal de São Vicente 74.999,92€ 17.980,69€
Programa de actuación integral en Porto Rincão Cámara Municipal de Santa Catarina 250.000€ 50.000€
2004 Adquisición de equipamento para saneamento básico Cámara Municipal de São Vicente 73.000€ 23.000 €.
2005 Cooperativa gráfica en Santo Antão. Cara novos espazos de inserción sociolaboral Asociación Sociocultural Atamán 51.600€ 30.000€
Adquisición de 22 licencias de Arcview Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos 40.000€ 40.000€
Financiamento da rehabilitación do barrio social de Cha de Tilizia, Pontinha de Janel- Paúl Cámara Municipal do Paúl 21.112, 62€ 21.112, 62€
Apoio ao fondo comunitario Cámara Municipal do Maio 15.000€ 15.000€
Reforo do abastecemento de auga na Illa do Maio Cámara Municipal do Maio 85.000€ 63.000€
2006 Formación profesional básica en canalización hidráulica, electricidade básica e electricidade industrial Cámara Municipal de San Lourenzo dos Órgaos 10.500€ 10.500€
Capacitación de mozas e mozos Cámara Municipal de San Miguel 40.015€ 33.666€
Construción dun centro socio-comunitario na comunidade do val de Ribeira da Torre Cámara Municipal de Ribeira Grande 44.406€ 35.280€
Construción dunha Escola Infantil en Covão Sanches, zona norte, Illa de Santiago Cámara Municipal de Santa Cruz 22.675€ 22.675€
Conexións domiciliarias en Flamingos Cámara Municipal de San Miguel 22.312€ 22.312€
Construción dunha escola en Santa Catarina Cámara Municipal de Santa Catarina do Fogo 36.280€ 36.280€
2007 1ª Fase: Conexión á rede de abastecemento de auga do barrio de Ponte D`Agua. Praia ONG CITI-HABITAT 154.626€ 123.000€
Playdoyer para aumentar a participación das mulleres nas listas para as eleccións autárquicas de 2008 Instituto caboverdiano para a Igualdade e Equidade de Xénero 49.016,73€ 34.415,8€
Plans Directores Ambientais Asociación nacional de Municipios Caboverdianos 2.000€ 2.000€
Abastecemento de auga potable Cámara Municipal de São Filipe 34.012€ 34.012€
Construción dun centro socio-comunitario en Corda Cámara Municipal da Ribeira Grande 21.140€ 18.140€
Capacitación de mozas e mozos en artesanato, danzas, novas tecnoloxías e asociativismo Cámara Municipal de San Miguel 26.349€ 23.000€
2008 2ª Fase: Conexión á rede de abastecemento de auga do barrio de Ponte D`Agua. Praia. ONG CITI-HABITAT 134.700€ 123.000,00€
Apoio á implantación de políticas locais con perspectiva de xénero Instituto caboverdiano para a Igualdade e Equidade de Xénero 76.586,08€ 61.984€
2009 Abastecemento de auga e saneamento para as zonas de Cabeça Monte, Inhuco e Lagariça Cámara Municipal de São Filipe 98.169,87€ 73.568,61 €
Centro comunitario. Espazo ao servizo das comunidades de Alcatraz e Pilao Cão. Cámara Municipal de Maio 61.175,33€ 29.371,2€
Implementación do Plan Municipal de Igualdade e Equidade de xénero (PMIEG) no municipio do Paúl Cámara Municipal do Paúl 60.616,42€ 47.040,90€
2010 Recalificación urbana Cámara Municipal do Paúl 59.992,81€ 55.000€
Extensión da rede de auga e a súa ligazón aos domicilios Cámara Municipal da Brava 16.190€ 12.000€
Apoio á construción de cuartos de baño na Illa do Maio Cámara Municipal de Maio 151.667,76€ 49.200€
Elaboración do III Plano de Desenvolvemento da Illa de Santo Antão Asociación de Municipios da Illa de Santo Antón 71.359€ 41.475€
2011 Reahabilitación das casas de Eito II. Lugar de Lombo Comprido. Cámara Municipal do Paúl 61.802,72€ 48.000€

 
 
Entre os primeiros anos e o 2006 os proxectos tenderon a concentrarse nas Illas de Santiago e São Vicente, se ben nos últimos anos foi adoptado un xiro en canto á cooperación con Cabo Verde, priorizando aqueles municipios e illas que presentan peores resultados en canto á pobreza. Isto quedou materializado no documento das Liñas Estratéxicas para Cabo Verde 2011-2013, no que non só se sinalan os 14 municipios que superan a media nacional de porcentaxe de pobres por municipio, que se concentran en 4 das 9 illas do arquipélago, senón que tamén se especifican as áreas de traballo e as metas nas que deben centrarse os proxectos impulsados polo Fondo Galego no arquipélago. Este documento, realizado entre o Fondo Galego e a ANMCV, asegúranos que as áreas de traballo son as prioritarias para os municipios caboverdianos e que a concentración da axuda naqueles concellos con maiores taxas de pobreza incidirá nun maior impacto entre a poboación.

Cuba (Oficina do Conservador de Santiago de Cuba)

Total proxectos apoiados 9
Ano de inicio da cooperación 2001
Orzamento total dos proxectos executados 1.018.458,69€
Achega desde o Fondo Galego 374.855,97€

 

Os proxectos executados en Cuba son só oito, dous de cooperación indirecta e cinco de cooperación directa, mais polo forte impacto acadado por estes últimos, os proxectos desenvolvidos en Cuba ocupan un lugar especial na traxectoria do Fondo Galego.
 
A pesares de que as familias cubanas non viven folgadamente, hai que empregar parámetros para medir a pobreza diferentes aos que se usan no resto dos países latinoamericanos, xa que a súa poboación ten acceso á educación, á saúde, á luz eléctrica e á auga potable, así coma a prestacións sociais para as familias máis empobrecidas. Sen embargo, rehabilitación de vivendas e do patrimonio histórico é unha das principais necesidades que sofre o país, co que nos une un vinculo especial na nosa historia como pobo emigrante.

A cooperación con Cuba iníciase no ano 2001 cun programa de catro anos de duración da man da Municipalidade de Santiago de Cuba. O proxecto titulado “Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica de Santiago de Cuba” deu como resultado o diagnóstico urbanístico da cidade, a elaboración de material gráfico e o intercambio formativo. Este proxecto, de fondo calado para a cidade, é na actualidade o marco de referencia arquitectónico para a conservación do casco histórico de Santiago de Cuba, un conxunto de elevado valor paixasístico, arquitectónico e ambiental que se converteu no expoñente máis salientable da cultura material da cidade. Santiago de Cuba foi declarada Monumento Nacional no ano 1987. O Plan Maestro foi realizado en colaboración co mesmo equipo que redactou o Plan Especial de Protección do Centro Histórico de Santiago de Compostela. O proxecto empregou instrumentos da planificación urbanística para desenvolver estratexias de intervención que excederon os aspectos directamente patrimoniais para ocuparse tamén da solución de problemas sociais, económicos e funcionais deste conxunto urbano, altamente degradado física e socialmente ao inicio do proxecto.
 
Xa no ano 2008, e da man da Oficina del Conservador, organismo público que ten como premisa a recuperación e a conservación do patrimonio monumental, daría inicio un proxecto bianual titulado “Mellora das condicións de habitabilidade das vivendas do centro histórico de Santiago de Cuba”, que supón a aplicación práctica do Plan Maestro coa intervencións en 78 vivendas.

A pesares de que Cuba non está contemplado como un país prioritario no II Plan Director  da Cooperación Galega, para o Fondo Galego é moi importante dar continuidade a este traballo de gran impacto e trascendencia para a poboación da cidade de Santiago de Cuba, xa que supón un fito para a historia da cooperación municipalista galega, que ademais directamente atañe un dos irmandamentos máis antigos de Galicia entre os dous Santiago.
 
LISTADO PROXECTOS APOIADOS EN CUBA
 

ANO TÍTULO Parceiro/ONG ORZAMENTO TOTAL ACHEGA DO FONDO GALEGO
2001 Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica Santiago de Cuba. 1º ano. Municipalidade de Santiago de Cuba 60.101,21€ 60.101,21€
2002 Desenvolvemento económico e social para o aumento da produción de leite e carne na UBPC Victoria de Girón Veterinarios sen Fronteiras 276.748,61€ 29.384,44€
Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica Santiago de Cuba. 2º ano. Municipalidade de Santiago de Cuba 81.050,00€
 
12.020,24€
 
2003 Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica Santiago de Cuba. 3º ano. Municipalidade de Santiago de Cuba 60.035€ 12.020,24€
Desenvolvemento económico e social para o aumento da produción de leite e carne na UBPC Victoria de Girón. 2ª fase. Veterinarios sen Fronteiras 211.629,87€
 
28.465,36€
 
2004 Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica Santiago de Cuba. 4º ano. Municipalidade de Santiago de Cuba 120.070€ 24.040,48€
2008 Mellora das condicións de habitabilidade das vivendas do centro histórico de Santiago de Cuba Oficina del Conservador 104.412€ 104.412€
2009 Mellora das condicións de habitabilidade das vivendas do centro histórico de Santiago de Cuba Oficina del Conservador 104.412€ 104.412€
 

Nicaragua (INPRHU-Somoto)

 

Total proxectos apoiados 23
Ano de inicio da cooperación 1998
Orzamento total dos proxectos executados 2.696.134,60€
Achega desde o Fondo Galego 771.417,77€
 

A cooperación en Nicaragua iníciase por parte do Fondo Galego no ano 1998, a través da convocatoria aberta para as ONGD galegas ou con delegación en Galicia. Porén, a cooperación con este país xorde, nun primeiro momento, do interese das galegas e galegos canalizadas en varias ONGD con traballo en Nicaragua. Deste xeito, foron financiados un total de 12 iniciativas a través de ONGD que concorreron ás diferentes convocatorias de proxectos dos distintos exercicios, e un total de 11 proxectos de cooperación directa, tendo como parceiro a ONGD nicaraguana INPRHU-Somoto (Instituto de Promoción Humana- Somoto).

Nicaragua é o país latinoamericano que máis fondos recibiu do Fondo Galego a través da cooperación directa. A necesidade de traballar con este país radica nos pésimos datos que amosan os indicadores de pobreza: case a metade da poboación nicaraguana vive na extrema pobreza e o 28% vive con menos de dous dólares ao día. Nicaragua ocupa un dos tres últimos postos no ranking do Índice de Desenvolvemento Humano en América. A conexión histórica que nos une co pobo latinoamericano obriga ao Fondo Galego a corresponsabilizarse e a tomar partido na loita contra a pobreza en Nicaragua.
 
O INPRHU é o parceiro co que o Fondo Galego traballa dende o ano 2003. Esta organización promove dende a súa creación (1990) a igualdade de oportunidades, a participación cidadá e a promoción dos dereitos fundamentais das familias máis vulnerables, tanto no rural coma no urbano. Os proxectos financiados polo Fondo Galego a través do INPRHU van destinados a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas no ano 1998 polo furacán Mitch, que azotou severamente o norte e occidente de Nicaragua, ocasionando perdas humanas, grave deterioro ambiental e importantes danos en agricultura e en infraestructura social básica. O impacto do fenómeno tivo repercusións en 4 municipios do Departamento de Madriz, afectando con maior gravidade ao municipio de Totogalpa.
 
O Fondo Galego centra, dende o ano 2007,o traballo co INPRHU na construción de vivendas para as familias máis empobrecidas. A experiencia do INPRHU-Somoto nesta materia é ampla. Nos últimos anos, INPRHU executou este tipo de proxectos no Departamento de Madriz, consolidando experiencias e fortalecendo alianzas internacionais. Así, no ano 2007 executouse un proxecto de 30 vivendas no Municipio de Totogalpa, financiado polo Fondo Galego (con financiamento da Xunta de Galicia). No 2008 executouse un proxecto de 30 vivendas no Municipio de Totogalpa, financiado polo Fondo Galego (con financiamento da Xunta de Galicia), e outro proxecto máis de 15 vivendas no Municipio de Totogalpa, financiado polo Fondo Galego (Concello de Vigo). Xa no ano 2011, outras 15 vivendas foron rehabilitadas no Municipio de Totogalpa co financiamento do Fondo Galego (Concello de Vigo). 
 
LISTADO DE PROXECTOS APOIADOS EN NICARAGUA
 

ANO TÍTULO Parceiro/ONG ORZAMENTO TOTAL ACHEGA DO FONDO GALEGO
1998 Construción de sumidoiros de vao e empedramento. COSAL 21.300€ 21.300€
Trillo e panadería AXUNICA 13.731€ 13.731€
1999 Muíño para comunidade AXUNICA 13.731€ 13.731€
2000 Reconstrución de vivendas e cociñas no departamento de Estelí Fundación Augusto César Sandino 95.513,73€ 10.513,73€
2002 Banco de materiais para melloras nas vivendas de El Viejo Arquitectos sen Fronteiras 117.493,34€ 35.979,82€
2003 Autoconstrución de anexo de sistema de auga no sector das Palmitas e sector 4 do Municipio de Las Sabanas- Departamento de Madriz INPRHU SOMOTO 3.109,50€ 2.404,50€
Captación de auga para o Municipio de Las Sabanas INPRHU SOMOTO 43.665€ 43.665€
As mulleres deseñando o futuro INPRHU SOMOTO 10.529,84€ 6.224€
Fomento da xestión e mellora da saúde comunitaria en 15 comunidades rurais Manos Unidas 368.689,95€ 18.555,64€
Construción dunha unidade clínico-docente SEMG-Solidaria 360.607,26€ 36.000€
2004 Proxecto produtivo de pesca artesanal para a desmobilización dos cortadores de Mangle no Estero Real e Golfo Fonseca Amigos da Terra. Centro Iris de Medioambiente 54.004,32€ 24.444,21€
2005 Creación da Unidade Clínico Docente en Ciudad Sandino Fundación SEMG-Solidaria 446.260,49€ 30.000€
Proxecto de Educación Alternativa Rural Técnica Integral para Adolescentes e Mozos Rurais no Municipio de Las Sabanas INPRHU-Somoto 119.027,20€ 30.000€
Instalación dun muíño comunal INPRHU-Somoto 2.936,25€ 1.200€
2007 Construción dunha cociña comunitaria INPRHU-Somoto 11.029,84€ 10.000€
Rehabilitación de vivendas no Concello de Totogalpa INPRHU-Somoto 191.521,98€ 99.000€
Educación Técnico-Agropecuaria para adolescentes e mozos/as rurais do Municipio de Las Sabanas INPRHU-Somoto 40.776,56 40.776,56
2008 Mellora das condicións de vida das comunidades rurais do municipio de Totogalpa INPRHU-Somoto 185.055,31€ 110.386,74€
Mellora das condicións de vida das comunidades rurais do municipio de Totogalpa INPRHU-Somoto 123.714,95€ 69.734€
2009 Fomento da participación no marco dos gabinetes do poder cidadán no municipio de Totogalpa, Madriz, Nicaragua Paz e Desenvolvemento 87.693,45€ 50.000€
A Formación Sanitaria como vía de desenvolvemento Solidariedade Galega 30.000€ 24.000€
2010 Latrinas para Tepalón AXUNICA 8.439,6€ 6.751,62€
2011 Melloradas as condicións de habitabilidade e salubridade de 11 familias chorotegas en Totogalpa. INPRHU-Somoto 82.243,77€ 58.189,64€
 

 

Perú

Total proxectos apoiados 22
Ano de inicio da cooperación 1998
Orzamento total dos proxectos executados 1.002.201,05€
Achega desde o Fondo Galego 571.018,18€

En Perú desenvolvéronse un total de 24 proxectos financiados polo Fondo Galego, dos cales 17 se corresponden con cooperación indirecta e 7 con cooperación directa. A cooperación con este país iniciouse no ano 1998, dende o momento mesmo de fundación do Fondo Galego. A introdución do Perú como un país prioritario para a cooperación do Fondo baséase sobre todo nas inquedanzas das ONGD galegas, e por ende da poboación galega, de cooperar con este país latinoamericano co que tamén se teñen estreitos lazos históricos e culturais. A pobreza no Perú afecta a máis da metade da poboación, sendo as rexións andinas as que lideran o ranking das persoas máis pobres a nivel estatal.

Son dous os parceiros cos que traballou o Fondo Galego no país de maneira directa: CEPRODE  e Tierra de Niños. Con CEPRODE iniciouse o traballo no ano 2004, co proxecto “Xestión municipal e participación cidadá no desenvolvemento rural. 1ª fase”. No exercicio seguinte sería financiado tamén o segundo ano do proxecto tras os éxitos acadados.  Posteriormente retómase o traballo con esta ONGD peruana co proxecto “Xestión do desenvolvemento sostible en municipios rurais andinos”. Estes tres proxectos baseáronse na atención aos municipios andinos da provincia de Huaral, co fin de que desenvolvesen as súas capacidades de xestión do desenvolvemento sostible nas áreas económica, social e ambiental, a favor das comunidades campesiñas andinas.

Con Tierra de Niños apoiáronse un total de catro proxectos vinculados á área da protección da infancia. Cabe destacar o proxecto de post-emerxencia, “Axuda á reconstrución nas áreas devastadas polo terremoto de agosto 2007”, que permitiu rehabilitar un centro educativo. Así mesmo, os proxectos desenvolvidos nos anos  2006 e 2007 de turismo solidario, serviron para artellar os procesos educativos locais para o fortalecemento da identidade cultural das nenas e nenos e da mocidade, para valorar a historia e orixe das comunidades integrantes do circuíto turístico, e para afortalar as organizacións locais, agrupacións xuvenís e artesáns nos mecanismos de emprego e xestión turística.

LISTADO DE PROXECTOS APOIADOS NO PERÚ
 

ANO TÍTULO Parceiro/ONG ORZAMENTO TOTAL ACHEGA DO FONDO GALEGO
1998 Instalación de auga potable Amigos Escaes-Perú 7.392,44€ 4.508€
Módulos básicos para servizos hixiénicos e lavandería INTI 6.394,76€ 5.024,46€
1999 Instalación de emisoras de radiocomunicación entre poboacións indíxenas Paz e Solidariedade 8.835,93€ 8.835,93€
2000 Instalación dun módulo de ovinos raza Corriedale, en Ambulco Grande. Amigos Escaes-Perú 10.637,64€ 10.637,64€
2001 Instalación dun módulo ovino da raza Corriedale Amigos Escaes-Perú 39.695,86€ 28.567,83€
2002 Asistencia médica e cirúrxica gratuíta. Solidariedade Galega. 38.128,21€ 6.010,12€
2003 Saúde e desenvolvemento Labañou-Vilcabamba Asociación Labañou Solidaria 18.960€ 6.000€
Apoio produtivo á muller rural e ó desenvolvemento local no distrito de Junín. Asociación Entrepobos 102.209,00€ 24.071,74€
2004 Instalación de latrinas na comunidade campesiña de José Olaya. INTI 4.574,70€ 3.574,70€
Xestión municipal e participación cidadá no desenvolvemento rural. 1ª Fase. CEPRODE 125.787€ 99.893€
2005 Mellora da Atención no Departamento de Pediatría e Emerxencias Pediátricas, Hospital Nacional 2 de Maio. Oficina Executiva de Planificación Estratéxica do Hospital Nacional 2 de Maio 40.448,50€ 40.448,50€
Bicicletas para promotoras/es comunitarias/es de Cajamarca. Bicis pola Paz 4.600€ 2.300€
Xestión municipal e participación cidadá no desenvolvemento rural. 2 ª Fase. CEPRODE 244.202€ 107.554€
2006 Turismo solidario, un xeito innovador e creativo de promover o emprego xuvenil e a identidade local. Tierra de Niños 41.687,85€ 31.688€
Construción de servizos hixiénicos para nenos e nenas con necesidades educativas especiais. INTI 3.000€ 2.380€
2007 Cría de animais menores. Fogar de Santa María de Huancarama. INTI 3.092,73€ 3.000€
Bicicletas para fortalecer o desenvolvemento rural das provincias de San Marcos e Cajabampa. Bicis pola Paz 4.750€ 2.300€
Proxecto de Turismo Solidario Killa Wasi, 2ª Fase. Tierra de Niños 48.096,17€ 24.048€
2008 Axuda á reconstrución nas áreas devastadas polo terremoto de agosto 2007. Tierra de Niños 23.316,36€ 23.316,36€
2009 Xestión do desenvolvemento sostible en municipios rurais andinos. CEPRODE 119.905,68€ 54.006,68€
Construción de módulo educativo integral: aula para nen@s de 4 anos, servizos hixiénicos incorporados, patio central e muro de contención na I.E.I. Nº6080 – Rosa de América Tierra de Niños 53.028,16€ 45.811,28€
2010 Desenvolvemento de capacidades locais con equidade de xénero e mellora das condicións de vida en 9 comunidades rurais da provincia fronteiriza de Ayabaca. Piura. Amigos ESCAES- Perú 53.458,00€ 35.000€